política

Menos leria e mellores resultados

Decembro 22nd, 2016  |  Published in| the_category economía, política, soberania

O Presidente da Xunta faise propaganda destacando que os galegos e galegas teñen dous mil euros menos de débeda pública que a media dos habitantes do Estado español (EE), e que ademais, esta é máis reducida na porcentaxe do PIB. Vale. Mais esquece comentar que a nosa renda por habitante é das máis baixas, e que o PIB galego, en porcentaxe, é cada vez menor en comparanza co do EE. Sen ignorar que ter unha débeda reducida é positivo, tampouco se pode pasar por alto que esta non ten o mesmo efecto nunha economía que vai a menos, como a galega, que noutras que amosan perspectivas de crecemento en todos os aspectos. A alta taxa de emigración e desemprego, a baixa natalidade, e o retroceso demográfico, reflicten con toda crueza que, para a xente, as expectativas son pesimistas. E isto é realmente o transcendente.

Read the rest of this entry »

Entre a política espectáculo e o cambio

Decembro 21st, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, política

Debo dicir que me preocupa a falta de discusión entre partidos sobre os proxectos. Falo das propostas sobre os obxectivos, as etapas, e a folla de ruta, sen lle restar valor ao organizativo, que o ten. Mais todo indica que neste intre, este é o único aspecto a debater para moitos partidos. Agora ben, sendo claros, para o pobo galego, coa que está caendo, tal como se evidencia na riada emigratoria, na baixa natalidade, na precariedade e nos baixos salarios, na destrución da nosa cultura e lingua, o importante e urxente non é discutir se o máis axeitado é a fronte ou o partido, se os debe dirixir un líder ou unha dirección máis colectiva. O esencial para as clases populares é conquistar un modelo económico e social máis xusto, gañar en soberanía, e en situacións como a nosa, defender ademais a identidade nacional, a soberanía popular.

Read the rest of this entry »

A voltas co voto emigrante

Decembro 20th, 2016  |  Published in| the_category migracion, política, sociedade

O tema do voto dos residentes ausentes volve estar de actualidade. Fálase mesmo de reformar a lei, eliminando o voto rogado, e de permitir a votación telemática. Falamos dun asunto que afecta directamente a medio millón de persoas, que na Galiza poden exercer hoxe este dereito nas eleccións europeas, xerais e autonómicas. Chama a atención que só se trate daqueles que viven fóra do Estado español, habendo en troques 400.000 emigrantes galegos que residen noutras autonomías e nacionalidades que non poden exercer o voto nas eleccións galegas. Sen dúbida, é unha dobre vara de medir, e carece de lóxica, máxime cando os/as que viven noutras partes do Estado teñen maior relación e máis información do que acontece na Galiza, ademais dos que residen no norte Portugal.

Read the rest of this entry »

Emigración e voto

Decembro 1st, 2016  |  Published in| the_category migracion, política

2011 04 17 vigo estacion maritima P1161051Algúns partidos e analistas afirman que medio millón de galegos e galegas viven no exterior do Estado español. Mais, segundo o Censo de Residentes Ausentes, son 156 mil. Confúndese así emigración con cidadanía, cando esta é unha suma de emigrantes máis fillos e netos que solicitaron a nacionalidade. Os fillos e netos non son galegos e tampouco se consideran como tales, por máis agarimo que teñan á Terra dos seus antergos.

Read the rest of this entry »

O que nos corresponde

Novembro 17th, 2016  |  Published in| the_category política, soberania

rajoy e feijooÉ positivo que o PPG utilizase o mapa e a bandeira de Galiza durante a campaña. Para alén de que fose un engado electoral, contribúe a potenciar a conciencia de país. Tamén é positivo que na investidura como Presidente fose reiterativo nas referencias a Galiza, e que no acto aberto posterior, a gaita, o instrumento musical máis ligado á nosa identidade como pobo, tivese un papel protagonista. Sen dúbida está a anos luz de Rajoy, que nen sequera foi quen de facer un paragrafo do seu discurso en galego, tendo nacido nesta Terra… Claro, el é español, “mucho español”.

Read the rest of this entry »

O PSOE perde o rumbo?

Novembro 1st, 2016  |  Published in| the_category neoliberalismo, política

Mariano-Rajoy-durante-la-inter_54319670058_54028874188_960_639A decisión do PSOE de lle entregar o Executivo ao PP seica quere garantir a governabilidade. Trataríase dun acto de responsabilidade, segundo afirman dende a Xestora, malia que xerou unha importante fenda interna e coa súa base electoral. Tampouco lle garante gañar tempo pra recuperar a complicidade dos votantes, evitando unhas terceiras eleccións no inmediato. Como afirmou Rajoy na investidura: non abonda coa abstención, hai que contribuír a un programa de governo, sen sacrificar as leis que permitiron “saír” da crise (en referencia ás nefastas reformas laborais e das pensións, a LOMCE e lei “mordaza”), e cumprindo as novas esixencias de déficit público reclamadas pola UE. E deixou claro, que de non estar asegurados estes obxectivos, haberá que convocar terceiras eleccións, e que nese caso, cada un sabe o que lle espera, en referencia ao PSOE.

Read the rest of this entry »

O PSOE sometido e dividido

Outubro 28th, 2016  |  Published in| the_category neoliberalismo, política

rajoy-susana-diazQue se adiase tantos días a reunión do Comité Federal do PSOE, máximo organismo entre congresos, valeralle exclusivamente para poder escenificar unha unidade máis ampla na votación de investidura de Mariano Rajoy. Serviu para que moitos/as daqueles que apoiaban Pedro Sánchez no seu non é non, foran abrandando e estean agora dispostos a aceptar a disciplina partidaria, mesmo sendo contrarios á abstención. Porén, adiar a resolución formal non puido impedir que outros se fortalecesen no seu non, como os representantes de Catalunya e Baleares, pasando os primeiros por un proceso electoral interno no traxecto, reflectindo un forte apoio na base, o que amosa a importancia da fenda política diante dos simpatizantes e a sociedade. E non serán os únicos que votarán non. Se cadra, Susana Díaz e os felipistas non esperaban máis, e só pretendían evitar que se presentase no Congreso un PSOE dividido sen un gañador claro.

Read the rest of this entry »

Ensinanzas das eleccións galegas

Outubro 4th, 2016  |  Published in| the_category política, soberania

2016-08-19-vigo-acto-presentacion-candidatura-bng-p1020603Non coincido con aqueles que din que as eleccións galegas xa estaban decididas antes da campaña. Se fose así, non se comprendería que Núñez Feijóo se implicase tanto, deixase as siglas do PP na mínima expresión, diminuíse ao anecdótico a presenza de dirixentes estatais, e se envolvese na bandeira galega . O certo é que foi gañando terreo na campaña, é verdade que co inestimábel apoio dos medios de comunicación, algo que non é unha novidade, mais tamén grazas aos erros e eivas da oposición con máis opcións de substituílo, o PSOE e En Marea. Estes partidos careceron de propostas rupturistas, que se visen como un cambio real pras clases populares. Ademais a Villares e Leiceaga fáltalles carisma, forza, aínda que teñan entrega e formación política.

Read the rest of this entry »

BNG, unha segunda oportunidade

Setembro 30th, 2016  |  Published in| the_category política, soberania, traballo

Logo BNGMáis unha vez, o PP gañou as eleccións ao Parlamento galego. Teremos que roer as políticas antiobreiras e antigalegas da dereita catro anos máis. Hai un mes, Feijóo non o tiña tan claro. Daquela que fixese unha campaña agochando as siglas ao máximo, para marcar distancia de Madrid, e utilizase o mapa de Galiza e a bandeira galega oficial. En realidade, o seu triunfo debeuse, máis que ás virtudes do candidato, a que os partidos que encabezaban a oposición (segundo as enquisas) non foron quen de ofrecer un programa alternativo rupturista, sólido é viábel. A iniciativa estivo na equipa de Feijóo durante a maior parte da campaña, coa inestimábel colaboración dos medios de comunicación hexemónicos.

Read the rest of this entry »

Non hai cambio sen mobilización

Setembro 29th, 2016  |  Published in| the_category política, sociedade

2014 05 01 vigo cig mani P1141148Os resultados ao Parlamento galego son claros. O PP mantén a súa hexemonía electoral. En Marea substitúe o PSOE como segunda forza, o que agudiza as contradicións internas dos socialdemócratas. O BNG, contra todo prognóstico das enquisas e “politólogos” obtén grupo parlamentar e inicia unha etapa ascendente. Hai quen sinala como cambio máis importante, a reconfiguración da “esquerda”, mais coido que esta valoración é moi reducionista, é unha foto fixa, e na vida, todo está en constante transformación, aínda que as veces sexa moi cativa e outras tremendamente acelerada.

Read the rest of this entry »

Debater as diverxencias para avanzar

Setembro 23rd, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, neoliberalismo, política, soberania

galiza-partidosSon dos que penso que hai nacionalistas tanto no BNG, organización na que milito dende a súa fundación, como en Anova, Cerna, FOGA e noutras forzas que se reclaman como tales. Mesmo hai persoas que o son na práctica cotiá e non militan en ningunha organización política, mais participan das mobilizacións, e cando votan dánlle valor a esta cuestión (aínda que non sempre sexa a súa prioridade). Coñezo nacionalistas integrados en forzas que xurdiron de escisións do BNG, cos que podo estar en desacordo sobre a estratexia, mais téñolles respecto, valoro os seus anos de entrega e traballo a prol da soberanía nacional e a xustiza social. Para min este aspecto non está a debate.

Read the rest of this entry »

Contra o lume hai solucións

Setembro 20th, 2016  |  Published in| the_category natureza, política

lume-galiza-nunca-maisOs incendios deste ano, que arrasaron en moi poucos días milleiros de hectáreas de monte e puxeron en perigo zonas habitadas, demostran claramente que non son abondo os medios empregados pra defensa dos ecosistemas, e ante a perda de valor económico do rural como consecuencia do abandono das terras e o despovoamento. Dirase que é un ano excepcional e que tampouco o norte e centro de Portugal puideron evitar esta traxedia. En realidade, hai anos que o clima é cada vez máis estremo, o cambio é unha realidade, e que os nosos irmáns do sur cometan os mesmos erros non é ningún alivio.

Read the rest of this entry »

Comparacións con Catalunya

Setembro 15th, 2016  |  Published in| the_category neoliberalismo, política, soberania

2012 09 11 cataluña barcelona diada P1140388Aínda que pareza mentira, Núñez Feijóo gábase de que Galiza non lle pide cartos ao Estado. E faino colocando a Catalunya como exemplo do negativo. Semella que coida que os galegos e galegas son incapaces de facer comparacións entre ambas realidades económicas, sociais e culturais, e ligar isto coa política en cada país. Para alén do carácter determinante dos partidos nacionalistas en Catalunya, o contexto está condicionado en ambos países polas mesmas leis e o papel hexemónico do centralismo (antes castelán e agora sintetizado no madrileño). Polo tanto ten lóxica que comparemos algúns dados da chamada etapa democrática, tendo en consideración a distinta incidencia do nacionalismo en cada caso.

Read the rest of this entry »

Disputa institucional e cuestións sistémicas

Setembro 13th, 2016  |  Published in| the_category neoliberalismo, política, soberania

2009 06 03 folgametal239Non é doado saber cal vai ser a saída deste momento político. Tanto é posíbel que se realicen novas eleccións, como que se poda formar un Governo arroupado pola oposición. A opción de Rajoy está desbotada por carecer de apoio. Claro que non é sinxelo unir nun governo alternativo a Podemos e Ciudadanos, por máis que Compromís coide que hai cousas en común, seica a oposición á corrupción e medidas contra a marxinación máis rechamante. Sobre estes aspectos, realízanse seguramente as hipóteses do PSOE. Porén, non é o mesmo un acordo autonómico que estatal, xa que cantas máis competencias e maior sexa a súa incidencia máis complexo é o acordo. Por exemplo, en materia laboral, como tratar a cuestión nacional da periferia secularmente esmagada, os tratados de libre comercio… Iso si, ningún deles cuestiona o sistema, nen a UE.

Read the rest of this entry »

Eleccións ou governo de tecnócratas?

Setembro 9th, 2016  |  Published in| the_category europa, neoliberalismo, política

rajoy-sanchez-rivera-iglesias1_3Como era de esperar Rajoy non acadou os apoios necesarios para a presidencia, xa que cos votos de Ciudadanos e Coalición Canaria non chegaba. Algo que o Partido Popular sabía, non son tan parvos. Polo tanto, a táctica da dereita semella ter como finalidade erosionar o PSOE e Podemos, e sobre todo o soberanismo periférico. Para que triunfe esta táctica abondaría con que uns poucos deputados non seguisen a consigna de Pedro Sánchez, neste proceso ou nun posterior. No caso de fracasar esta vía, procurarán obter, nunhas terceiras eleccións, unha maior representación que lles permita, malia que non lles garanta a maioría, presentarse como a única forza en ascenso, co que isto ten de simbólico.

Read the rest of this entry »