país

A oposición ao pacto social deu pulo ao sindicalismo nacionalista

Maio 4th, 2017  |  Published in| the_category Historia, mov.obreiro, país

As folgas de Ferrol en marzo, e de Vigo en setembro do 72, a ruptura nesta última de Organización Obreira con Comisións Obreiras, por mor do “Pacto pola Liberdade”, o sentimento de país nunha boa parte do movemento obreiro, e o éxito da creación de Estudantes Revolucionarios Galegos, animaron a dar vida na primavera de 1973 á Fronte Obreira da Unión do Povo Galego, e posteriormente, aos xermolos sindicais. En 1974, fundábase a Unión de Traballadores do Ensino de Galiza, e en maio de 1975, o Sindicato Obreiro Galego.

Read the rest of this entry »

Non Xove Nuclear! Cando Fenosa recuou ante o povo

Abril 1st, 2017  |  Published in| the_category Historia, país, soberania

O 10 de abril de 1977, un domingo, hai agora corenta anos, realizouse a marcha contra o proxecto de Fenosa de construír unha central nuclear en Regodela, no concello de Xove, na Mariña luguesa. A convocatoria da mobilización foi asumida polas Comisións Labregas (que despois se denominarían Sindicato Labrego Galego). A marcha contou asemade co apoio activo dos Comités de Axuda á Loita Labrega (CALL), así como do conxunto do “movemento nacional popular galego (MNPG)”, ou sexa: ANPG, ERGA, SOG, etc.

Read the rest of this entry »

Superar as eivas para avanzar

Xaneiro 9th, 2016  |  Published in| the_category militarismo, país, política, Sen clasificar, soberania

2008 07 25 compostela manifestacion dia da patria 1000209Se hai algo das pasadas eleccións xerais do que debería tomar nota a dirección do BNG, é que o descenso electoral desta fronte non é por mor das siglas, nen por non presentar candidaturas “unitarias” feitas á medida da conxuntura. Tampouco semella que sexa consecuencia da actitude da militancia. Abonda con ollar para os resultados das municipais, onde o traballo de base foi fundamental (aínda que o batacazo nas cidades, agás Pontevedra e algunha vila importante, reflectía un problema de imaxe da fronte). Nestas xerais hai mesmo quen lle bota a culpa ao povo (que seica está moi españolizado). Mais, se non houbo receptividade, sería por razóns que a dirección debe considerar e solucionar. Non hai tanto tempo que o BNG superaba o 20% dos votos. Daquela facíase unha valoración moi distinta. Por outra banda, hai década e media que a fronte retrocede en votos. Cómpre logo considerar todo o período, e para alén do electoral.

Read the rest of this entry »

En tempos de retos estratéxicos

Xaneiro 5th, 2016  |  Published in| the_category natureza, país, sociedade

clima parisFicamos nunha conxuntura complexa, en moitos aspectos límite, onde se xoga a supervivencia da humanidade. Un tempo de grandiosos avances técnicos, que contrastan coa desfeita ecolóxica, o retroceso nos dereitos laborais, na democracia formal, coa economía especulativa e delituosa, as emigracións masivas e as guerras híbridas. Semella que pasamos de súpeto, da etapa final da ilustración, do humanismo, ao triunfo absoluto da irracionalidade, iso si, disfrazada de postmodernismo e de espectáculo. Hai quen coida, mesmo dende posturas transformadoras, que todo está perdido, que este devalar é irreversíbel.

Read the rest of this entry »

Apuntamentos encol da manifestación de Queremos Galego

Febreiro 13th, 2015  |  Published in| the_category nacionalismo, país, soberania

2013 05 17 compostela dia letras galegas P1070296 (17)A mobilización do pasado domingo a prol do galego foi un éxito de participación. Foino malia que os medios de comunicación máis importantes silenciaron en boa medida a convocatoria, e cando se viron obrigados a comentala, fixérono dándolle sobre todo a voz á Xunta do PP para desalentar a protesta. Foi acertado que Queremos Galego anunciase a manifestación con moita antelación, para xerar así expectativa e ademais puidese chegar a toda a base social do nacionalismo, que ten un metabolismo moi lento ao carecer de medios de comunicación de masas propios. Mesmo, neste caso, resultou secundario que a consigna e máis o cartaz necesiten dun intérprete para entender cal era o obxectivo da convocatoria.

Read the rest of this entry »

A man na gorxa da RAG

Abril 26th, 2012  |  Published in| the_category cultura/lingua, país

Que nos orzamentos do Estado se rebaixe nun 62% a subvención á Real Academia Galega (RAG) semella unha actitude represiva, dado o simbolismo que ten o organismo e que se trata dunha contía que non ten ningún peso no déficit fiscal. Polo tanto, foi unha decisión política, que reflicte máis unha vez que á dereita resúltalle difícil convivir coa sempre latexante pluralidade nacional, e que está disposta a baleirar totalmente de contido o xa fraco Estado das Autonomías. Trátase, e cómpre denuncialo, dunha afrenta a todos os galegos e galegas, da demostración papábel de que hai un trato discriminatorio co noso país.
Read the rest of this entry »

O mosteiro de Monfero

Novembro 26th, 2009  |  Published in| the_category Historia, país

2009 10 10 monfero mosteiro P1020432

Despois de moito tempo de abandono semella que o mosteiro de Monfero pode ¡por fin! amosar “parte” da súa grandiosidade ao visitante (os fins de semana). Falo de “parte” porque a reconstrución aínda está en obras. A incerteza fica, sen dúbida, en se o hotel de catro estrelas, que se vai establecer nel, non só vai respectar a estrutura e aparencia orixinal, senón permitir que sexa accesíbel (con todas as facilidades dun patrimonio público) a todos os que o queiran visitalo. O tempo dirá se está garantido, e a Xunta debe velar para que sexa deste xeito.
Read the rest of this entry »

A protesta sanitaria

Novembro 5th, 2009  |  Published in| the_category país, política, sociedade

Onde menos se esperaba, no sector da saúde, Núñez Feijóo abriu non só unha vía senón varias canles de auga, que non semella que poida pechar nen rápido nen totalmente. O anceio privatizador dos conservadores, de aforricas cando se trata de temas sociais e abrir as mans sen medo cando os favorecidos son as clases altas, estalle abrindo demasiadas frontes, malia contar cun apoio sen fendas no empresariado e importantes medios de comunicación. Porén, as clases dominantes nunca o controlan todo porque son minoría social.
Read the rest of this entry »

Moitas frontes

Novembro 4th, 2009  |  Published in| the_category país, política

Por se non fora abondo a enorme mobilización social en Compostela o pasado 18 de outubro, contra as políticas que en materia lingüística está a desenvolver a Xunta presidida po Núñez Feijóo, o pasado xoves realizouse unha manifestación en Vigo á que acudiron 15.000 persoas. Había dous motivos pra esta convocatoria, por unha banda que sexa a única cidade onde unha parte importante da atención hospitalaria faise por unha empresa privada, contratada polo SERGAS, co que isto significa de poñer o negocio por riba da solidariedade, nun tema de tanta importancia como a saúde, máxime nunha povoación cunha media de vida tan alta como a galega. Esixíase asemade que o novo complexo hospitalario acordado co bipartito, que pretendía rematar con esta situación, non sufra recortes de leitos, e fundamentalmente evitar que sexa construído e xestionado por empresas privadas. O tema non é menor, e a xente respondeu.
Read the rest of this entry »

A folga máis longa

Outubro 29th, 2009  |  Published in| the_category Historia, mov.obreiro, país

Durante a Segunda República, en maio de 1932, o Goberno acordou o despedimento de obreiros na construtora naval de Ferrol por falta de carga de traballo. Os operarios pedían que se construíra un barco, para dar unha saída transitoria. O cadro do estaleiro era de 4.000 persoas. Diante da falta de solucións os sindicatos responderon cunha folga que se estendeu axiña ao resto dos gremios da cidade, que contou co “apoio de todo canto representa a vida cidadán” (El Pueblo Gallego, 18-05-1932). O 18 de maio co primeiro despedimento dimitían todos os concelleiros do municipio, que estaba presidido por Jaime Quintanilla. O Goberno central contestou dicindo que non habería conversacións mentres non remataran as medidas de presión.
Read the rest of this entry »

Terra de canóns e montaña

Decembro 17th, 2008  |  Published in| the_category país

O pasado sábado fun a Monforte, coa finalidade de entregar unha exposición e un folleto encol das loitas agrarias, dado que este ano cumpriuse o centenario da primeira Asembleia Agraria de Monforte, motivo polo que se realizaron nesta vila varios actos conmemorativos. Ao voltar propúxenlle aos meus acompañantes facelo por Castro Caldelas, xa que deixara de chover, e nese intre non aparentaba fora a facelo nas próximas horas. Facía anos que non ía por esta estrada, da que lembraba a paisaxe extremadamente fermosa e impresionante en toda a zona do canón do Sil. Non me trabuquei, non foi unha perda de tempo, pagou a pena.
Read the rest of this entry »