Categorynatureza

Contra o lume hai solucións

lume-galiza-nunca-maisOs incendios deste ano, que arrasaron en moi poucos días milleiros de hectáreas de monte e puxeron en perigo zonas habitadas, demostran claramente que non son abondo os medios empregados pra defensa dos ecosistemas, e ante a perda de valor económico do rural como consecuencia do abandono das terras e o despovoamento. Dirase que é un ano excepcional e que tampouco o norte e centro de Portugal puideron evitar esta traxedia. En realidade, hai anos que o clima é cada vez máis estremo, o cambio é unha realidade, e que os nosos irmáns do sur cometan os mesmos erros non é ningún alivio.

Continue reading

Así non se pode seguir!

lumeTodo indica que existe un nexo político cando se queiman milleiros de hectáreas sen que os medios contra-incendios o podan evitar. Axuda a esta percepción que Núñez Feijóo visite os lugares máis afectados e que se poña simbolicamente á fronte do operativo de extinción en período pre-electoral. Un xesto que non pode agochar que o seu Goberno non fixo os deberes para evitar esta desfeita.

Continue reading

En tempos de retos estratéxicos

clima parisFicamos nunha conxuntura complexa, en moitos aspectos límite, onde se xoga a supervivencia da humanidade. Un tempo de grandiosos avances técnicos, que contrastan coa desfeita ecolóxica, o retroceso nos dereitos laborais, na democracia formal, coa economía especulativa e delituosa, as emigracións masivas e as guerras híbridas. Semella que pasamos de súpeto, da etapa final da ilustración, do humanismo, ao triunfo absoluto da irracionalidade, iso si, disfrazada de postmodernismo e de espectáculo. Hai quen coida, mesmo dende posturas transformadoras, que todo está perdido, que este devalar é irreversíbel.

Continue reading

Converter o negro en branco

Segundo Núñez Feijóo e os deputados/das do PP no Parlamento galego, a resposta da Xunta e  do Goberno central fronte ao desastre do Prestige foi a axeitada e, aínda máis, “as rías estaban recuperadas un ano despois e hoxe temos un 30% máis de capturas de peixe”. Coa firmeza que o din, habería que estar cheos de ledicia porque demoraran semanas en tomar cartas no asunto, e mesmo semella que sería positivo para a economía un novo naufraxio contaminante. Agora ben, a propia sentenza do Prestige, agora recorrida, ou que non se esixira o cumprimento total do cativo Plan Galicia, que pretendía compensar as consecuencias económicas, reflicte que a Xunta non  estivo á altura das circunstancias durante e despois da traxedia.
Continue reading

Lume sen control

Malia que a Xunta afirme que nunca houbo tantos medios para combater os incendios, o certo é que vendo os resultados, temos que chegar á conclusión que o lume esténdese sen control e que os recursos non son abondo ou carecen de efectividade. Con seguridade moitos destes lumes son intencionados, nalgúns casos consecuencia de pirómanos, mais coido que a todos nos preocupa que existan redes que fan do lume ou das zonas afectadas un negocio, dado que os servizos contraincendios están en boa medida privatizados. En calquera caso, en poucas ocasións se deteñen os responsábeis, e son menos os que ingresan en prisión; algo falla eiquí. Sen dúbida prender lume é algo moi doado, e as consecuencias son sempre dun gran custe económico e tráxicas dende o punto de vista medio ambiental, e nalgunhas circunstancias tamén humano. Mais, repito, algo falla para que os responsábeis, cando son detidos, non reciban un duro castigo.
Continue reading

O lume como síntoma

O noso país está a sofrer unha epidemia de lumes, con milleiros de hectáreas queimadas, atinxindo mesmo zonas de grande densidade demográfica, pondo en perigo casas e persoas. Neste contexto o presidente da Xunta salienta que o monte afectado é só un terzo da media dos últimos anos. Como se este terzo, e o que se poida queimar ate que remate o vran, non fose abondo grave e deberamos estar satisfeitos. Son declaracións insensíbeis e carentes da máis mínima autocrítica.
Continue reading

Lume!

Estamos a sofrir unha enxurrada de lumes en toda a parte sur do país, que deixan detrás milleiros de hectáreas queimadas, e que levará anos recuperar. É unha doenza que semella non ter cura, nen existir medios pra minguar os seus efectos, xa que só se axe unha vez que se produce o mal. Mais, noutros territorios con tanta masa forestal como o noso, os efectos do lume non son tan desvastadores. Daquela, algo falla, hai que recoñecelo e poñerlle solucións. Non se pode deixar todo en maus do clima; e moito menos aceptar o desleixo.
Continue reading