natureza

Mudar o que nos hipoteca

Xuño 22nd, 2017  |  Published in| the_category europa, natureza, neoliberalismo

Os graves incendios que atinxiron os distritos de Leiría, Coimbra e Castelo Branco en Portugal, nos pasados días, con máis de 60 persoas mortas e graves destrucións, son unha traxedia para o rural e un aviso para os gobernos. O tipo de especies que se están a plantar non teñen moitas veces en consideración o medio ambiente e o cambio climático. Só se contempla o rendemento económico do produto a curto prazo. Non sempre se fai por cobiza. En moitos casos é por pura supervivencia, debido á perda de valor da produción agraria tradicional. Mais o acontecido en Portugal ben podería suceder na Galiza. Temos moitas semellanzas. Este ano é especialmente caloroso, e ren fai pensar que o vindeiro será distinto ou que as previsións non serán máis negativas.

Read the rest of this entry »

Contra o lume hai solucións

Setembro 20th, 2016  |  Published in| the_category natureza, política

lume-galiza-nunca-maisOs incendios deste ano, que arrasaron en moi poucos días milleiros de hectáreas de monte e puxeron en perigo zonas habitadas, demostran claramente que non son abondo os medios empregados pra defensa dos ecosistemas, e ante a perda de valor económico do rural como consecuencia do abandono das terras e o despovoamento. Dirase que é un ano excepcional e que tampouco o norte e centro de Portugal puideron evitar esta traxedia. En realidade, hai anos que o clima é cada vez máis estremo, o cambio é unha realidade, e que os nosos irmáns do sur cometan os mesmos erros non é ningún alivio.

Read the rest of this entry »

Así non se pode seguir!

Agosto 18th, 2016  |  Published in| the_category economía, natureza

lumeTodo indica que existe un nexo político cando se queiman milleiros de hectáreas sen que os medios contra-incendios o podan evitar. Axuda a esta percepción que Núñez Feijóo visite os lugares máis afectados e que se poña simbolicamente á fronte do operativo de extinción en período pre-electoral. Un xesto que non pode agochar que o seu Goberno non fixo os deberes para evitar esta desfeita.

Read the rest of this entry »

En tempos de retos estratéxicos

Xaneiro 5th, 2016  |  Published in| the_category natureza, país, sociedade

clima parisFicamos nunha conxuntura complexa, en moitos aspectos límite, onde se xoga a supervivencia da humanidade. Un tempo de grandiosos avances técnicos, que contrastan coa desfeita ecolóxica, o retroceso nos dereitos laborais, na democracia formal, coa economía especulativa e delituosa, as emigracións masivas e as guerras híbridas. Semella que pasamos de súpeto, da etapa final da ilustración, do humanismo, ao triunfo absoluto da irracionalidade, iso si, disfrazada de postmodernismo e de espectáculo. Hai quen coida, mesmo dende posturas transformadoras, que todo está perdido, que este devalar é irreversíbel.

Read the rest of this entry »

Converter o negro en branco

Decembro 4th, 2013  |  Published in| the_category natureza, sociedade

Segundo Núñez Feijóo e os deputados/das do PP no Parlamento galego, a resposta da Xunta e  do Goberno central fronte ao desastre do Prestige foi a axeitada e, aínda máis, “as rías estaban recuperadas un ano despois e hoxe temos un 30% máis de capturas de peixe”. Coa firmeza que o din, habería que estar cheos de ledicia porque demoraran semanas en tomar cartas no asunto, e mesmo semella que sería positivo para a economía un novo naufraxio contaminante. Agora ben, a propia sentenza do Prestige, agora recorrida, ou que non se esixira o cumprimento total do cativo Plan Galicia, que pretendía compensar as consecuencias económicas, reflicte que a Xunta non  estivo á altura das circunstancias durante e despois da traxedia.
Read the rest of this entry »

Lume sen control

Setembro 19th, 2013  |  Published in| the_category mov.obreiro, natureza

Malia que a Xunta afirme que nunca houbo tantos medios para combater os incendios, o certo é que vendo os resultados, temos que chegar á conclusión que o lume esténdese sen control e que os recursos non son abondo ou carecen de efectividade. Con seguridade moitos destes lumes son intencionados, nalgúns casos consecuencia de pirómanos, mais coido que a todos nos preocupa que existan redes que fan do lume ou das zonas afectadas un negocio, dado que os servizos contraincendios están en boa medida privatizados. En calquera caso, en poucas ocasións se deteñen os responsábeis, e son menos os que ingresan en prisión; algo falla eiquí. Sen dúbida prender lume é algo moi doado, e as consecuencias son sempre dun gran custe económico e tráxicas dende o punto de vista medio ambiental, e nalgunhas circunstancias tamén humano. Mais, repito, algo falla para que os responsábeis, cando son detidos, non reciban un duro castigo.
Read the rest of this entry »

O lume como síntoma

Setembro 4th, 2013  |  Published in| the_category natureza, sociedade

O noso país está a sofrer unha epidemia de lumes, con milleiros de hectáreas queimadas, atinxindo mesmo zonas de grande densidade demográfica, pondo en perigo casas e persoas. Neste contexto o presidente da Xunta salienta que o monte afectado é só un terzo da media dos últimos anos. Como se este terzo, e o que se poida queimar ate que remate o vran, non fose abondo grave e deberamos estar satisfeitos. Son declaracións insensíbeis e carentes da máis mínima autocrítica.
Read the rest of this entry »

Lume!

Setembro 3rd, 2013  |  Published in| the_category natureza, sociedade

Estamos a sofrir unha enxurrada de lumes en toda a parte sur do país, que deixan detrás milleiros de hectáreas queimadas, e que levará anos recuperar. É unha doenza que semella non ter cura, nen existir medios pra minguar os seus efectos, xa que só se axe unha vez que se produce o mal. Mais, noutros territorios con tanta masa forestal como o noso, os efectos do lume non son tan desvastadores. Daquela, algo falla, hai que recoñecelo e poñerlle solucións. Non se pode deixar todo en maus do clima; e moito menos aceptar o desleixo.
Read the rest of this entry »

Nunca Máis, a dignidade dun povo

Novembro 27th, 2012  |  Published in| the_category nacionalismo, natureza, sociedade

Hai unha década que toda a Galiza ficaba conmocionada polo desastre do Prestige, un barco que despois de se afundir ciscaba sobre as costas galegas moreas de toneladas de petróleo, estragando a natureza e ameazando os medios de vida de milleiros de pescadores e de persoas adicadas a outras actividades relacionadas co litoral. Hai uns días comezou o xuízo polo desastre (¡dez anos despois!) , amosando que moitas veces as cousas van a paso de tartaruga. ¿Será para que a presión social deveza, e a sentencia sexa a menos lesiva pra os grupos de poder?…  Despois non debe estrañar que a xente confíe tan pouco na xustiza.
Read the rest of this entry »

Alimentos, drama anunciado

Setembro 5th, 2012  |  Published in| the_category Internacional, natureza, neoliberalismo

A seca nos Estados Unidos e os furacáns están causando unha queda na produción de alimentos no primeiro exportador do mundo, as consecuencias: un aumento de prezos dende as “tortitas” en México até os forraxes para o sector gandeiro na Galiza. O valor do millo creceu un 25% e da soia un 19%. Non é a primeira vez que isto acontece, hai uns anos coincidiron as secas en Rusia, Australia, Canada e Ucraína, con consecuencias semellantes. Os analistas din que aquel aumento dos prezos foi desencadéante das revoltas da “primavera árabe”. Que acontecería se coincidiran no tempo os desastres en todos estes celeiros? Sería unha desfeita! polo que deberiamos aproveitar estas advertencias para lle poñer remedio á irracional produción deste ben estratéxico e insubstituíbel para a vida das persoas.
Read the rest of this entry »

O tren, aposta polo futuro

Maio 31st, 2011  |  Published in| the_category natureza, sociedade

Temos en Galiza potencialidades que non están ben aproveitadas. Por exemplo, no eido enerxético, no que hoxe existe unha dependencia exterior notábel, nomeadamente nos carburantes. É unha eiva que se nota, e que se agrava, por mor da escaseza de enerxía, e mesmo así séguese a apostar polo transporte por estrada. Compre poñer o acento nun tipo de transporte que sexa sustentábel e menos caro e destrutivo. O noso país é un gran produtor de electricidade, tanto hidráulica como eólica, porén carecemos de petróleo e gas, que importamos. É dicir, exportamos cartos e emprego privilexiando o transporte por estrada.
Read the rest of this entry »

O futuro: renovábeis e aforro

Maio 3rd, 2011  |  Published in| the_category economía, natureza

A enerxía renovábel foi o 64% do total da produción eléctrica de Galiza o último ano. É unha boa noticia, tendo en consideración o perigo que significan as centrais atómicas e os custes ambientais que trae aparellada a utilización do carbón. É unha magoa que a Xunta optase por botar abaixo o concurso eólico do anterior goberno, o que semella por razóns de compromisos contraidos con grupos foráneos, xa que a legalidade da adxudicación demostrouse como correcta polos tribunais de xustiza. Se non se houbera procedido deste xeito a esta altura a porcentaxe de enerxías limpas e sustentábeis sería moito maior, ademais teríanse xerado varios milleiros de postos de traballo. Perdeuse un tempo precioso, máxime neste contexto de crise, e con seguridade o tema aínda dará algunha volta.
Read the rest of this entry »

O atranco enerxético

Abril 19th, 2011  |  Published in| the_category economía, natureza, neoliberalismo

A globalización neoliberal é ideal para que os grandes grupos económicos, que utilizan a especulación, a hexemonía sobre a innovación e os medios de comunicación, e o seu inmenso poder militar, acumulen lucro e poder. Agora ben, mesmo así, non son menores os atrancos que teñen á fronte para que esta tendencia se consolide. Hai cando menos dous grandes problemas cos que teñen que pelexar acotío e que son cada vez máis intensos e extensos. Refírome á conflitividade xerada pola crecente concentración e centralización da riqueza e do poder, e ao esgotamento da enerxía barata, representada en boa medida polo petróleo.
Read the rest of this entry »

Aforro enerxético

Marzo 24th, 2011  |  Published in| the_category economía, natureza

As medidas que tomou o Goberno central, para rebaixar o consumo de petróleo, teñen xerado un debate que só se entende no marco da pelexa partidista, e no feito de que se trata de parches que non atacan os problemas de fondo da dependencia enerxética. Estas medidas, como outras anteriores, amosan falta de previsión e dun proxecto de desenvolvemento para o futuro. Só deste xeito pódese entender que, por unha banda se gasten algúns miles de millóns para dar alento á minería do carbón e por outra parte se tomen decisións polémicas (por pouco explicadas e conxunturais) para aforrar unha contía moito menor. Diante destes feitos é lóxico que moita xente pense que se trata de decisións que só teñen unha finalidade recadatoria, e iso xera xenreira e noxo en moitos cidadáns que non toman nestas cuestións posición en función do partido que o propoña.
Read the rest of this entry »

As veas abertas

Outubro 26th, 2010  |  Published in| the_category economía, natureza

Un dos sectores económicos do país é o da extracción de produtos non enerxéticos, adicados tanto á industria como á construción. Dos 30.303 empregos que xeraba en 2007 no Estado español ficaban na Galiza 5.311 (17,52%). Se nos referimos ás rochas ornamentais (granito,  lousa) a porcentaxe que lle corresponde á nosa nación no Estado é moito máis importante: 3.947 empregados de 5.474. As actividades máis coñecidas deste sector son a explotación de granito rosa de Porriño e o da lousa en Valdeorras, porén tamén compre salientar a extracción de caolín, silicio, magnesita e dunita, os últimos tres necesarios na industria.
Read the rest of this entry »