nacionalismo

Concerto económico? E por que non?

Febreiro 2nd, 2017  |  Published in| the_category economía, nacionalismo, soberania

O conselleiro de Facenda propuxo o catedrático Santiago Lago para a Comisión de Expertos sobre o novo modelo de financiamento autonómico. Seica o fixo despois de consultar con tres grupos parlamentares (PP, PSOE e En Marea), xa que non puido contactar co BNG, o que é difícil de crer. Tendo en consideración as posturas e relacións deste economista, todo fai pensar que deste xeito o PP quere garantir a complicidade do PSOE neste tema de tanta transcendencia, máxime se pensamos que para o PP, isto é a chave do conflito catalán. Esta semella unha análise moi esquemática do avance social do independentismo nesa nación, xa que ignora os aspectos culturais, de modelo económico e social, e moi especialmente o dereito a decidir, a cuestión da soberanía. Tamén chama a atención que se elixa o experto antes de clarificar cal vai ser o modelo de financiamento que defenderá Galiza nesa Comisión. A menos que estas reunións sexan unha escenificación, e todo estea decidido ou se decida noutro lugar.

Read the rest of this entry »

Un debate histórico, ruptura ou transición

Decembro 30th, 2016  |  Published in| the_category Historia, mov.obreiro, nacionalismo

Sen dúbida 2016 é un ano ateigado de novas que dan para facer unha extensa reflexión e un bo artigo. Neste curto período podemos destacar: a pequena guerra mundial en Siria, que a esta altura xa ten gañadores, e non precisamente o imperialismo hexemónico; o retroceso dos governos progresistas na América Latina; as convulsións internas do capitalismo que marcan un cambio de tendencia no proceso de globalización (Brexit, triunfo de Trump, resultado do referendo en Italia); os múltiples indicios de que a crise volve; e uns resultados nas eleccións galegas que dan unha nova oportunidade ao BNG. Agora ben, como coido que estes temas foron abondo tratados e seguirémolos debatendo o vindeiro ano, permítame o lector/a que retroceda catro décadas e lembre algúns acontecementos na Galiza daquel tempo. 1976 foi, xunto con 1977, un ano chave, de conxuntura. Entendendo como tal un período de forte disputa no que estaba morrendo unha etapa e nacendo outra que responde mellor á correlación de forzas do momento, polo que pode implicar tanto un avance como un recuar social e democrático. Do pasado sempre se aprende, especialmente cando se refuga reproducir mecanicamente as alternativas para enriquecer a análise.

Read the rest of this entry »

Sen predica, iniciativa e loita, non mellorará o reparto (Tampouco se conquistará a soberanía)

Setembro 3rd, 2016  |  Published in| the_category mov.obreiro, nacionalismo, neoliberalismo, política

34116Dirase que son teimoso. E é verdade. Mais nunha sociedade como a galega, dependente, polo tanto subordinada aos intereses das clases dominantes foráneas, e periférica no marco desta potencia económica que é a Unión Europea, non comprender que a problemática nacional ten unha relación directa coa cuestión de clase é un suicidio político. É así porque os intereses e protagonismo das clases populares, e moi especialmente da clase traballadora (que representa máis do 80% da povoación activa), son factores esenciais para conquistar a liberación e para que esta teña como meta a xustiza social.

Read the rest of this entry »

Lembranza da Galiza Mártir

Agosto 23rd, 2016  |  Published in| the_category Historia, nacionalismo, soberania

2012 08 17 boveda poio P1121009No ano 1942, a Irmandade Galega de Bos Aires, presidida daquela por Antón Alonso Ríos, a proposta de Castelao, tomou a decisión de converter a data do asasinato de Alexandre Bóveda no Día da Galiza Mártir. Lembremos que Bóveda naceu no ano 1903 en Ourense. Foi funcionario público da Delegación de Facenda de Pontevedra. Asistiu á tertulia de Castelao e Losada Diéguez. Nesta cidade amosou a súa capacidade emprendedora, xa que será fundador do Orfeón e da Caixa de Aforros, da que foi director.

Read the rest of this entry »

A cuestión catalá

Agosto 16th, 2016  |  Published in| the_category europa, nacionalismo, soberania

2012 09 11 cataluña barcelona diada P1140354Malia non lle gustar aos partidos españois e españolistas, o problema catalán non se soluciona con medidas represivas, tanto se son tomadas polo Tribunal Constitucional como por resolucións do Executivo. Trátase dun problema político, que depende de ter ou non en consideración a vontade do povo catalán. Non é unha cuestión menor, é un aspecto central da democracia. Claro que sempre é posíbel negar a existencia de Catalunya, Euskadi e Galiza como nacións, como suxeitos colectivos e que teñan competencias decisivas, malia seren recoñecidas como nacionalidades históricas. Nestes casos cal é a diferenza entre nación e nacionalidade?… O único argumento de peso é, como hai cinco séculos, que a razón está co que conta coa forza do poder do seu lado.

Read the rest of this entry »

Luís Villares diante dos focos e das súas contradicións

Agosto 12th, 2016  |  Published in| the_category nacionalismo, política, soberania

villares imagesCando souben que as Mareas ían presentar Luís Villares como candidato a Presidente da Xunta, valoreino positivamente, tendo en conta que militou nos CAF e que é unha persoa comprometida coa lingua do país. Todo indica que vai ser referendado nas primarias, xa que todo fai pensar que está pactado entre as distintas correntes. Coido que nunca tivemos relación algunha. Porén, as súas primeiras declaracións dilúen o optimismo inicial, en temas tan transcendentes como a cuestión da soberanía e as reivindicacións laborais e sociais, xa que acepta o corsé da Constitución española. Faino sen matizacións, como faría un partido sistémico (PP, PSOE, Ciudadanos…). É rotundo nos medios: “para min a Constitución é o imperio da lei; fóra da lei nada”. Esquece que esa é a lei das clases dominantes, a que serve para discriminar a nosa cultura e lingua. Non podo pensar que o faga por ignorancia, ten estudos, preséntase como cabeza das Mareas para a presidencia de Galiza e ademais é xuíz. Pregúntome se isto último non estará condicionando o seu perfil político máis que a súa militancia nacionalista na mocidade.

Read the rest of this entry »

Moncho Reboiras, atrevemento e coherencia

Agosto 11th, 2016  |  Published in| the_category Historia, nacionalismo, soberania

1980 08 12 cartaz upg aniversario asasinato mobncho reboirasa3Eran anos de ditadura, xa non tan agresiva e desapiadada como na Guerra Civil e nas décadas posteriores. Mais o franquismo aínda amosaba as unllas cando facía falla, cando consideraba que era necesaria a represión, mesmo a tortura e o crime para frear o descontente social e político, por forza clandestino. Neste contexto, agromou na década dos sesenta e setenta do século pasado máis unha vez o nacionalismo galego. Desta volta tería un carácter máis virado á esquerda, á democracia popular. Uniuse a loita pola soberanía coas reivindicacións da clase traballadora, do campesiñado secularmente esmagado, dos sectores avanzados da cultura. Respondíase así a un mundo en transformación, no que se abrían paso a loita antimperialista e a xustiza social.

Read the rest of this entry »

Día da Patria, eleccións e cambio

Agosto 8th, 2016  |  Published in| the_category nacionalismo, soberania

2008 07 25 compostela manifestacion dia da patria 1000175Malia que os demais partidos e os medios non o esperaban, e mesmo algúns militantes mantiñan unha actitude un chisco derrotista, o BNG máis unha vez ateigou cos seus simpatizantes a praza da Quintana en Compostela. Tamén se repetiu coa mesma forza e teimosía a consigna de Galiza Ceibe, Poder Popular e moreas de aplausos ás delegacións de Palestina e do Sahara, así como a Bildu e ao Partido Comunista Portugués, reflectindo que, malia algúns bandazos da fronte nas ultimas décadas, a militancia segue fiel á folla de ruta histórica.

Read the rest of this entry »

Moncho Reboiras: vivir ao servizo do povo

Agosto 8th, 2016  |  Published in| the_category nacionalismo, soberania

1977 08 12 cartaz upg, moncho reboiras q(ver)Todo aconteceu hai agora 41 anos, o 12 de agosto de 1975, na rúa da Terra da cidade de Ferrol, a poucos pasos da praza de Armas, cando Xosé Ramón Reboiras Noia, obreiro, enxeñeiro técnico, dirixente da UPG, era asasinado pola policía da ditadura franquista. Tiña só 25 anos. Un veciño relataba posteriormente para un xornal: “escoitei tres ráfagas de metralladora sobre as tres menos cuarto da mañá… dúas horas despois guindaron unha bomba de gases lacrimóxenos, utilizaron o megáfono para que se rendera… ouviuse un disparo illado e a continuación rematou todo”. Este tráxico feito, que terminaba coa vida dun dos referentes do nacionalismo galego do momento, coincidía co despido o día nove de 1.250 operarios das auxiliares nas Pontes, por mor dun conflito laboral.

Read the rest of this entry »

Reflexións encol do Día da Patria

Agosto 5th, 2016  |  Published in| the_category nacionalismo, política, soberania

2012 07 25 dia da patria p1120323Máis unha vez, o BNG ateigou cos seus simpatizantes a praza da Quintana en Compostela, e a consigna de Galiza Ceibe, Poder Popular coreouse con teimosía e forza, como aconteceu nas últimas catro décadas. Hai quen valora este éxito como produto da capacidade de resistencia do nacionalismo anticolonial, polo que sería cuestión de tempo que fose perdendo esta eficacia na convocatoria. Porén, hai máis aspectos que se deben considerar. Comezando por recoñecer que a actividade política non se reduce exclusivamente ao electoral. A mobilización e a loita das ideas, ou sexa o debate político, son ámbitos cando menos tan importantes como o institucional.

Read the rest of this entry »

Da entrevista a Carmen Santos ao Chamamento de Vidán

Xullo 15th, 2016  |  Published in| the_category nacionalismo, política, soberania

vigo bng republica galega P1150877Hai uns días, ollaba en V televisión unha entrevista á secretaria xeral de Podemos na Galiza, Carmen Santos, que coido foi do máximo interese, tanto polo que dixo como polo que obviou con respostas xenéricas ou valeiras de contido. O protagonismo estivo centrado na entrevistada e na moderadora Fernanda Tabarés, que fixo preguntas de interese e incisivas. O resto dos participantes non chegaron ao aprobado. O representante do PP era ofensivo, mesmo empregaba un ton insultante, pensando que o ataque, o arroupe das clases dominantes, xustifica a falta de argumentos. O do PSOE levaba o discurso aprendido, mais carecía de calquera proposta alternativa. E Rubén Pérez, de EU, un partido coligado con Podemos, mantívose na reserva, deixando que Carmen Santos se desangrase. Esta deu motivos abondo como para deixala que sufrise as contradicións do seu discurso.

Read the rest of this entry »

Hai condicións para un bo resultado do BNG nas galegas

Xullo 10th, 2016  |  Published in| the_category nacionalismo, política, soberania

galiza_nacion_logo800Coincido con aquelas persoas que coidan que os resultados electorais do 26-X, malia seren moi pobres para o BNG, dánlle no inmediato unha nova oportunidade (léase eleccións galegas). Esta posibilidade sempre estivo e seguirá aberta, mentres dure a conxuntura, malia o retroceso da última década, xa que no fundamental depende de que se fortalezan os acertos e rectifiquen os erros. Cómpre análise do traballo realizado e do contexto, e unha folla de ruta para que o nacionalismo aumente a complicidade das clases populares, cando menos aos niveis de finais da década dos noventa. O BNG mantivo unha forte incidencia electoral durante décadas. Se cadra, isto engadiu pexas, porque abondou con cumprir o guión e recoller o sementado con anterioridade, tanto no eido práctico como teórico, co que isto ten de inercia.

Read the rest of this entry »

Irmandades da Fala, Viqueira: nacionalismo e socialismo

Xuño 4th, 2016  |  Published in| the_category Historia, nacionalismo, soberania

xohan vicente viqueira275aNa cea que todos os anos celebraba a Irmandade Galega de Bos Aires no Centro Ourensán o 24 de xullo, co gallo do Día da Patria Galega, no ano 1969, Bieito Cupeiro presentou o libro “Xohán Vicente Viqueira: Vida, persoalidade, pensamento”, pondo de releve o orador a notábel personalidade intelectual e patriótica deste galeguista. No número 136 d’A Nosa Terra, voceiro daquela das Irmandades da Fala, do 15 de marzo de 1921, afirmábase: Johán Viqueira, Risco, Cabanillas e Castelao son as colunas do movimento nazionalista galego. Son os homes representativos da cultura enxebre, que ten outro filosofo ó seu servicio: Losada Diéguez, i-un xurista: Banet Fontenla”. (Porteiro Garea morrera no ano 1918 con 28 anos). Posteriormente á morte de Viqueira con 37 anos, no ano 1924, o seu nome estará presente en repetidas ocasións como unha referencia do nacionalismo, tal como se reflicte en A Nosa Terra ou no Guieiro.

Read the rest of this entry »

En política hai sumas que restan

Maio 27th, 2016  |  Published in| the_category comunicación, cultura/lingua, economía, nacionalismo, política

1980 07 25 dia da patria bnpg psg0537Hai quen fai sumas aritméticas sobre a incidencia política, considerando exclusivamente o cúmulo de siglas, ou de sectores afectados por cuestións moi diversas. Mais logo, a maior parte das veces, os resultados en organización, mobilización e votos, fican moi por debaixo das expectativas. Cando se trata da unidade de partidos, os motivos poden ser máis evidentes. Por exemplo, porque se pode diluír ou modificar a liña política, afastándose de parte ou da maioría do celeiro de simpatizantes e votantes, ou porque o conflito interno atranca tarefas e iniciativa. Mais, nalgunhas forzas con incidencia social e política os cativos resultados ou o retroceso pódense deber esencialmente a outras razóns, máis ligadas a non ter en consideración como se forma a conciencia.

Read the rest of this entry »

O avance institucional do BNG está ligado á mobilización

Maio 21st, 2016  |  Published in| the_category mov.obreiro, nacionalismo, política, soberania

2014 06 07 republica galegaO BNG está a facer rectificacións no sentido correcto. Aínda que levará tempo ollar os resultados completos porque o metabolismo social ten os seus ritmos, máxime cando os grandes medios de comunicación xogan en contra. Coido que nesta andaina axudaría que clarifique máis na súa mensaxe a utilidade da fronte para as clases populares, teña ou non representación parlamentar, xa que o proxecto non debe estar supeditado ao calendario electoral. Neste aspecto, resulta esencial manter vivas no imaxinario colectivo os centos de loitas e tarefas, as defensivas e as ofensivas, que terminaron cun éxito total ou parcial durante as últimas décadas. Non se pode entender a historia da Galiza presente sen o papel político, social, laboral e cultural do nacionalismo anticolonial! Este é o maior éxito do BNG!

Read the rest of this entry »