militarismo

Que foi dos “cascos brancos” de Alepo?

Xaneiro 17th, 2017  |  Published in| the_category comunicación, globalizacion, Internacional, militarismo

A propaganda foi fundamental en todos os momentos da historia da humanidade. Tanto pra vender un produto ou servizo, como pra consolidar estruturas de poder ou dar alento a un proceso revolucionario. Cada vez é menos doado distinguir entre propaganda e información, entre unha representación figurada e a realidade. Nas últimas décadas tivemos exemplos escandalosos da utilización do poder mediático pra condicionar a opinión publica mundial, pra mudar a correlación de forzas e o futuro da humanidade.

Read the rest of this entry »

Obama, ou o inimigo externo como escusa

Xaneiro 11th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

O envío por parte de Washington de máis efectivos bélicos a Alemaña, camiño dos países do leste da Unión Europea, é un paso máis na estratexia da tensión militar contra Rusia. Neste caso, trátase de 87 tanques Abrams M1A1, 20 sistemas de artillería autopropulsada Paladin, 136 vehículos de combate Bradley e 4.000 militares estadounidenses, que se espallarán entre Polonia, Bulgaria, Romanía e os países bálticos. Esta acción súmase á expulsión, hai poucos días, de 35 diplomáticos rusos e ás sancións contra empresas e persoas desta nacionalidade, seica porque o Goberno ruso interveu na campaña electoral de Estados Unidos favorecendo a Trump. Non se poden considerar como unha casualidade que estas operacións se realicen poucas semanas antes de que asuma Trump, que se ten manifestado a prol de procurar acordos coa segunda potencia nuclear do mundo, e considerando esta como un aliado esencial na loita contra o terrorismo. Tampouco se pode ignorar que son os Estados Unidos os que controlan a rede, os que fan espionaxe acotío a todos os países (e aos seus propios habitantes) como se demostrou en incontábeis ocasións, e mesmo a nacións aliadas como Alemaña. Pretender que Rusia vai máis adiantada neste cuestión non deixa de ser ridículo. Wikileaks recoñecía por boca de Julian Assange que as filtracións proviñan do propio Partido Demócrata.

Read the rest of this entry »

Diverxencias no bloque hexemónico

Xaneiro 5th, 2017  |  Published in| the_category Internacional, militarismo, neoliberalismo

O conflito sirio deixou o imperialismo espido. Este utiliza todos os medios para evitar un mundo multipolar, e impedir un mellor reparto do poder e da riqueza, mesmo que se restrinxa ás potencias emerxentes. Daquela que aposte pola intervención e pola guerra, e que Siria e outras nacións estean atrapadas nesta confrontación estratéxica. Porén, a batalla de Alepo deixa en evidencia que dentro do bloque imperialista hai importantes diverxencias, aínda que non se cuestione a hexemonía dos Estados Unidos por parte dos seus aliados. Washington segue mantendo un papel sobranceiro no eido militar e da espionaxe, na información e cultura de masas, nas finanzas, etc.

Read the rest of this entry »

Que está en xogo en Siria

Decembro 23rd, 2016  |  Published in| the_category Internacional, militarismo

A liberación de Alepo por parte do exército sirio non está a ser doada. Non tanto pola resistencia da oposición armada, militarmente derrotada nesta cidade, senón fundamentalmente polo balbordo mediático alentado polas potencias occidentais, para restar importancia a este triunfo do Goberno sirio. Neste aspecto, existe unha converxencia de intereses entre os Estados Unidos e aliados e os grupos terroristas, que se manifestou na incursión e ocupación de Palmira polo Estado Islámico (Daesh). Unha acción imposíbel de realizar sen o consentimento (ou acordo) coa OTAN que controla este espazo aéreo, e que “casualmente” afrouxou a presión militar sobre Raqqa e permitiu a saída de Mosul dun importante continxente de tropas do Daesh. A pretensión do imperialismo era obrigar o Goberno sirio a desviar forzas a Palmira, xa que esta cidade ten un carácter emblemático. É así, tanto en termos históricos, como porque foi onde comezou o cambio de tendencia da guerra. Queríase evitar, con esta manobra de diversión, a caída de Alepo, ou cando menos, adiar este acontecemento.

Read the rest of this entry »

A UE aposta polas armas

Decembro 8th, 2016  |  Published in| the_category europa, globalizacion, militarismo

A Unión Europea, que tan cutre se mostra cando se trata do gasto social, de protección á clase traballadora, vai agora acumulando excepcións cando lle interesa. Xa non computan como déficit público os gastos derivados da atención aos/ás refuxiados. Non penso que o faga por solidariedade senón para aumentar a man de obra de reserva. Se non fose así, farían todo o posíbel para deter a guerra ou para dotar os campamentos de refuxiados dos medios necesarios para unha vida digna. Optaron por favorecer a inmigración dos máis novos e formados. Non foi por solidariedade, xa que non existe cos desempregados, precarios, e dependentes na UE.

Read the rest of this entry »

Chegou a desglobalización?

Decembro 7th, 2016  |  Published in| the_category economía, globalizacion, militarismo, neoliberalismo

Hai analistas que consideran que o Brexit e a elección de Trump á presidencia dos Estados Unidos son pasos importantes cara a desglobalización. Engaden que o comercio internacional está a crecer por debaixo do medre do PIB, e que nalgúns países están a se recuperar as taxas aduaneiras. Asemade, existe moita oposición social á globalización. Paralelamente, cada vez máis amplos sectores do capital chegan ao convencemento de que o crecemento da economía será cada vez menor, malia os tratados de libre comercio, prexudicando a taxa de lucro empresarial. Ademais, o proceso produce perigos crecentes no ámbito militar, debido á exclusión de Rusia e China dos tratados de libre comercio, e ao aumento da confrontación con estas potencias en todos os eidos, dado que non se queren compartir os beneficios en pé de igualdade. Daquela que o TTIP sexa sinónimo de OTAN económica.

Read the rest of this entry »

Un cumio para atar o futuro

Novembro 24th, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

obama-merkel-rajoy-berlinAínda que a visita de Obama a Europa seica estaba prevista con antelación, todo fai pensar que foi aproveitada para deseñar unha estratexia común, ate onde for posíbel, entre os países centrais da Unión Europea e Wall Street. Unha folla de ruta a prol da centralización e concentración da riqueza e do poder na que, para alén de matices, tamén coinciden o Partido Demócrata e a maior parte dos republicanos. De aí que a guerra en Siria fose un aspecto central no encontro de Berlín. Véxase que non se debateu como confrontar coa ameaza terrorista en Siria e Libia. No entanto, demonízase o axer de Rusia en Alepo, mentres se santifica o dos Estados Unidos e aliados en Mosul. A dobre vara de medir.

Read the rest of this entry »

Diversidade de intereses en Mosul

Novembro 3rd, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

iraq-mosul-ofensivaOs norteamericanos aproveitan ao máximo o seu control sobre os grandes medios de comunicación. Lembremos a súa escenificación do desembarco en Somalia e o ataque a Libia. Agora fixeron outro tanto no inicio do cerco a Mosul para a liberar dos terroristas do Estado Islámico (EI) ou Daesh. Cando o EI recua con rapidez a información sobre a fronte de batalla é cotiá e directa. Porén, cando medran as dificultades o tema case desaparece dos medios. Aínda que todo fai pensar que a batalla definitiva será na cidade.

Read the rest of this entry »

O que está en xogo en Siria

Outubro 21st, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

estado islamicoTodo indica que o mundo está diante dunha conxuntura na que se disputa duramente a correlación de forzas das próximas décadas. Un conflito entre o imperialismo dos Estados Unidos, potencias e países subordinados, por unha banda, e por outro lado as novas potencias emerxentes, especialmente Rusia e China. Unha confrontación que se dá no eido económico, das comunicacións e das finanzas, mais sobre todo no campo militar. A disputa en Siria vai para alén dun conflito local ou rexional. É un enfrontamento mundial, no que se empregan as armas máis sofisticadas, agás as nucleares, e os medios de información para gañar a complicidade das xentes do planeta.

Read the rest of this entry »

Verdade e mentira en Siria

Setembro 28th, 2016  |  Published in| the_category Internacional, militarismo

saudi-lampNunha entrevista ao xornal alemán Kölner Stadt-Anzeiger, un comandante da Fronte Al Nusra afirmou que reciben asesoramento militar e recursos económicos de Turquía, Arabia Saudita, Catar e Kuwait. E que Estados Unidos subminístralles sistemas de mísiles anti-tanques guiados TOW que son esenciais para equilibrar a correlación de forzas co exército sirio. Lembremos que a Fronte Al Nusra, opera agora baixo o nome de Jabhat Fatá al Sham. Aínda que rachou publicamente a relación con Al Qaeda, todos os analistas consideran que é unha formalidade para seguir recibindo apoio das potencias occidentais, para canear así a acusación de que apoian grupos terroristas, mais que non implica mudanzas de ningún tipo.

Read the rest of this entry »

Siria, suma de intereses contra a paz

Setembro 27th, 2016  |  Published in| the_category Internacional, militarismo

mapa_siriaEn Siria, as grandes potencias están confrontando a súa capacidade militar e económica, e poñendo en evidencia a contradición entre a propaganda e a realidade. O máis destacábel neste intre, ademais do fracasado acordo de paz entre os Estados Unidos e Rusia, é o crecente protagonismo de Erdogan ao invadir a zona norte do país, seica pra combater o Estado Islámico (EI), mais co obxectivo de esmagar os curdos. O obxectivo semella ser a creación dun protectorado e a división de Siria. Unha actitude claramente expansionista, que conta coa colaboración aérea e técnica dos Estados Unidos, que deste xeito, e sen aviso previo, mudou alianzas, enfraquecendo a loita contra o terrorismo.

Read the rest of this entry »

Acordos de paz como parte da guerra

Setembro 22nd, 2016  |  Published in| the_category Internacional, militarismo, soberania

1052136386O acordo entre Rusia e os Estados Unidos para avanzar cara á paz en Siria semella que rematou. A base do pacto era que Washington diferenciase entre Al Nusra e a oposición armada “non terrorista”. Pola banda de Damasco, a súa aviación de guerra non podía sobrevoar as zonas baixo control da oposición “moderada” (o control quedaría en mans de Rusia e USA). Garantindo tamén unha estrada desmilitarizada para facer chegar alimentos á poboación civil cercada en Alepo (que a oposición utiliza como escudo).

Read the rest of this entry »

Alepo e o fin da guerra en Siria

Agosto 9th, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

mapa_siriaO exército sirio acaba de cortar o acceso á zona leste de Alepo, cercando así unha zona na que viven unhas 200.000 persoas, e que está ocupada pola Fronte Al Nusra e aliados dende o ano 2012. Antes da guerra, Alepo era a segunda do país en povoación (máis de 2 millóns de habitantes), e a de maior dinamismo industrial e comercial. Ten unha importancia xeoestratéxica, tanto pola súa proximidade á fronteira turca, como aos territorios habitados polos curdos sirios (nos que xa hai uns 2.000 soldados da OTAN “asesorando” as milicias do YPG que combaten contra o Daesh e reivindican un estado nunha siria federal).

Read the rest of this entry »

Golpe e xiro autoritario en Turquía

Xullo 21st, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

turquia_sn635Todo fai pensar que o Goberno turco esperaba o golpe militar, e que non o evitou porque lle favorecía que se executase, e poder así tomar medidas que impuxesen a Erdogan e o AKP como poder absoluto. A detención masiva de militares ten unha lóxica. Mais a destitución de máis de 2.500 xuíces indica obxectivos autoritarios. Acusalos todos de seren parte da conspiración carece de sentido, aínda que houbese algúns que participasen. Medidas deste tipo só se poden realizar nun escenario con 295 mortos e 1.440 feridos, onde os medios destacan o heroísmo do pobo na defensa da “democracia”, deixando nun segundo plano a reposta decisiva da maioría do exército para derrocar o golpe.

Read the rest of this entry »

A UE non é reformábel

Xullo 7th, 2016  |  Published in| the_category europa, militarismo, neoliberalismo

erdogan merkel 1200x-1Reabríronse as negociacións entre Bruxelas e Ancara para a incorporación de Turquía á Unión Europea. Dise que era parte do pacto que asinaran hai uns meses como compensación pola peneira dos refuxiados/as. Mais todo parece indicar que se acelerou como resposta á saída do Reino Unido da UE, para deixar claro diante dunha poboación cansa de axustes, que segue firme a alternativa da Unión. Lembremos que o acordo en materia de visados foi freado en maio, xa que estaba condicionado á derrogación dunha lei antiterrorista que restrinxe dereitos básicos, mesmo de liberdade de información. Varios xornalistas foron detidos por denunciar a colaboración de Ancara coa Fronte Al Nusra e pola importación de petróleo das zonas controladas polo Daesh.

Read the rest of this entry »