militarismo

Derrota do Daesh e fin da guerra en Siria

Outubro 9th, 2017  |  Published in| the_category Internacional, militarismo, otan, terrorismo

A guerra en Siria entrou nunha nova fase despois da toma de Deir-ez-Zor por parte do exército e forzas aliadas. É verdade que as tropas de Assad conseguiron, no fundamental, rachar o cerco do Estado Islámico sobre a cidade, mesmo se unha gran parte dela aínda continua ocupada por esta forza terrorista. Mais, non se pode restar valor á rapidez coa que ocuparon importantes zonas do deserto partindo de Palmira, ou reduciron militarmente áreas nas que o Daesh estaba moi implantado, ao leste de Salamiyah. Non ten menos valor, que cruzasen o río Éufrates, condicionando o avance das tropas curdas apoiadas polas potencias occidentais, cuxo rápido desprazamento parece facilitado polos propios grupos terroristas (como ten denunciado o mando ruso, ofrecendo vidos por Internet sobre o tema).

Read the rest of this entry »

Recreando o far west na ONU

Setembro 26th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

A intervención de Donald Trump na Asemblea Xeral da ONU foi, en varios aspectos, negro sobre branco a respecto da que realizou o secretario xeral deste organismo, o portugués, António Guterres. Este último denunciou a desigualdade social e territorial crecente, alertou da ameaza do terrorismo, do reto da innovación e das consecuencias do cambio climático. Asemade, destacou que o uso da destrución nuclear non se pode aceptar, nen sequera como ameaza. Ou sexa, Guterres puxo en valor os conceptos de paz, entendemento e respecto entre povos, que deron orixe á Sociedade de Nacións e logo ás Nacións Unidas, para evitar a repetición de novas guerras.

Read the rest of this entry »

Momento perigoso en Siria

Setembro 21st, 2017  |  Published in| the_category Internacional, militarismo, terrorismo

O conflito en Siria deu un novo paso adiante, ao cruzaren o Éufrates o exército de Assad e os seus aliados. Algúns analistas afirmaban que todo estaba pactado entre Estados Unidos e Rusia. Seica o río ía servir de fronteira, permitindo dous escenarios posíbeis: a creación dun estado curdo unido ao Curdistán de Barzani en Iraq, ou ben, unha área controlada directamente por Washington e subalternos da OTAN, Francia e Reino Unido.

Read the rest of this entry »

A guerra siria entra nunha nova fase

Setembro 11th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo, soberania

Todos os actores presentes no escenario sirio ficaron sen dúbida sorprendidos pola rapidez coa que o exército gobernamental, coa colaboración da aviación e da mariña rusas, foi quen de superar as defensas do Estado Islámico na cidade de Deir-Ez-Zor. Hai que ter en consideración, que nesta urbe, a máis importante do leste de Siria, e cunha parte ocupada, concentráronse as tropas do EI que fuxiron de Mosul e doutras partes de Iraq. Falábase mesmo de que ía ser a capital do Califato, en substitución de Raqqa. Trátase dunha cidade estratéxica, no centro da zona petroleira máis importante de Siria, próxima á fronteira iraquí, e formando parte da franxa densamente poboada do río Éufrates.

Read the rest of this entry »

O terrorismo como feito sistémico (… e o Pazo de Meirás)

Setembro 9th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, militarismo, terrorismo

Nunha entrevista a Richard Labévière, escritor e xornalista franco-suízo, encol do seu último libro O terrorismo, a cara escura da globalización, dá unha contestación que resume ben a súa tese: “Hoxe, a globalización ten tres consecuencias principais: rompe os estados-nación, os servizos públicos e as políticas de redistribución social. A globalización contemporánea é a carreira a prol dos cartos como primeiro obxectivo! Pois ben, esta carreira polo diñeiro ten unha vinculación vital, esencial e consubstancial co terrorismo” (https://www.rebelion.org/noticia.php?id=231034).

Read the rest of this entry »

Redeseñando o mundo (coas armas)

Agosto 31st, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, militarismo, neoliberalismo

Segundo o informe de xullo do Fundo Monetario Internacional, a economía mundial crecerá este ano nun 3,5% e nunha decima máis no seguinte. Sería un comportamento mellor que o dos últimos anos. A India superaría a China no medre do PIB, a zona euro seguiría estancada, e Rusia deixaría atrás os números vermellos. Pola súa banda, o Estado español retrocedería na porcentaxe do seu crecemento. Mais estas previsións, tal como está o mundo, hai que collelas con reservas. Non se pode ignorar que a confrontación entre potencias, con tensións localizadas e manobras militares provocadoras, teñen unha finalidade económica e de poder.

Read the rest of this entry »

Terrorismo e modelo de sociedade

Agosto 29th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, militarismo, neoliberalismo, terrorismo

Os ataques terroristas que se suceden en varios estados da Unión Europea non se poden identificar como efectos da práctica da relixión musulmá. Non son o produto da confesión relixiosa dos que executan esas accións tan salvaxes. O vinculo hai que buscalo na inxerencia occidental en varios países árabes. Na destrución do seu tecido produtivo con milleiros de vítimas, na expropiación dos seus recursos naturais e na creación de protectorados. Tamén na actitude político-relixiosa fundamentalista de determinadas monarquías petroleiras que, por razóns xeo-estratéxicas e de complicidade de intereses económicos, contan co consentimento das potencias occidentais que forman parte da OTAN. Non se pode obviar, por exemplo, o papel da ultraconservadora monarquía da Arabia Saudita na prédica e expansión dunha interpretación agresiva do islamismo. Tampouco se pode ignorar o seu papel nas guerras de Libia, Iraq, Siria e Iemen, coa axuda de Catar e dos Emiratos Árabes. E por suposto, a alegría de Israel, porque isto permítelle consolidar a ocupación de Palestina, xa que hai décadas que non está en perigo a súa existencia como estado.

Read the rest of this entry »

Sancións a Rusia e conxuntura histórica

Agosto 11th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

As novas sancións dos Estados Unidos contra Rusia e outros países, coa finalidade implícita de manter e fortalecer a hexemonía de Washington non só no eido militar, senón tamén no económico, sumado ao intervencionismo no exterior e á militarización das fronteiras de Rusia, China e Irán, son un salto cualitativo e cuantitativo na confrontación entre potencias. A agresión, baixo o sobado argumento da democracia e da liberdade, chegou a un chanzo no que o único escenario que se albisca é a belixerancia en todos os ámbitos. Queremos pensar que desta actitude mesiánica e cobizosa fique excluída a utilización das armas nucleares, xa que está en xogo a supervivencia da humanidade …

Read the rest of this entry »

Siria e a realidade líquida

Xullo 13th, 2017  |  Published in| the_category Internacional, militarismo, neoliberalismo

No mundo actual, e en beneficio dos poderosos, a pos-verdade substitúe a realidade no debate, e o táctico ao estratéxico. Semella que se está a utilizar a revolución informacional para que a escenificación, o espectáculo, constrúan unha verdade homologada polas clases dominantes. Siria é un exemplo deste xogo perverso, que prolonga a guerra e o sufrimento, dende os refuxiados/as, que seica preocupan aos medios occidentais, como aqueles outros/as que sen recursos para marchar, ou por conciencia de país, teñen que resistir os ataques ou a opresión xihadistas dentro de Siria.

Read the rest of this entry »

Unha siria dividida?

Xuño 20th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

As grandes axencias de noticias colocan os focos no terrorismo xihadista nos países occidentais, así como nun pretendido expansionismo ruso, eludindo tratar as causas e as traxedias da guerra en Siria, Libia, Iemen, por poñer algúns exemplos. Quérese sementar na conciencia colectiva que os xihadistas e Rusia están asociados no mundo do mal. Porén, Moscova destaca como a potencia que mantén unha actitude máis belixerante contra o terrorismo, mentres que os Estados Unidos, pola contra, así como Arabia Saudita, Qatar, Emiratos e Turquía, axudaron a crear ou alentaron estas organizacións terroristas, como Al Qaeda e o Estado Islámico (EI). Evidentemente, esta mensaxe non é casual e serve de escusa pra intervir en Siria e outros países. Facer de Rusia o novo inimigo estratéxico permite dar folgos aos gastos no complexo industrial militar, un sector no que Washington ten a hexemonía.

Read the rest of this entry »

Fortalecer o movemento pola paz

Xuño 6th, 2017  |  Published in| the_category Internacional, militarismo

Hai uns días, destacaban os medios a noticia de que ían embarcar en Vigo un cento vehículos blindados e medios loxísticos, así como 300 militares, con destino a Letonia, nunha misión da OTAN. Dolores de Cospedal, Ministra de Defensa, salientaba que era a primeira vez que se desprazaba ao exterior unha forza desta dimensión, para amosar o seu compromiso coa OTAN. Aínda “que non espera ningún tipo de confrontación”, engade que se trata de apoiar países aliados. Sen dúbida non é unha cuestión menor, non se trata de participar nun desfile militar. Resulta evidente que a pretensión é desafiar (ou ameazar?) a Federación Rusa nas súas fronteiras. Que postura tería o Governo español, se Putin enviase un cento de tanques e blindados a Marrocos, á contorna de Ceuta e Melilla?

Read the rest of this entry »

A vía militarista no capitalismo senil

Abril 21st, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, militarismo, neoliberalismo

Non se pode afirmar que a preeminencia do aspecto militar nos Estados Unidos sexa consecuencia da elección de Donald Trump. Xa Barack Obama e Hillary Clinton destacáranse por iniciar ou alentar varias guerras (Libia, Siria, Ucraína, Iemen, etc.). Mais co actual presidente norteamericano, todo indica que este será o aspecto central da política norteamericana nesta etapa. Non é unha novidade, en moitos momentos da historia da humanidade o futuro decidiuse a través das armas. Tampouco se pode ignorar que se o dólar segue a ser a moeda de referencia, é en gran medida porque os Estados Unidos son a potencia hexemónica no eido militar. En última instancia, o militar é o que decide a correlación de forzas, non quen ten a razón, nen quen conta cunha economía máis poderosa. Aínda que este factor vaia asociado xeralmente ao militar.

Read the rest of this entry »

Non dar no branco

Abril 13th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

A decisión de Trump de bombardear unha base da aviación siria amosa ate que punto Washington, os seus aliados, e sobre todo as clases dominantes, están desesperadas e confían o seu futuro á potencia militar, mesmo a custe dun conflito nuclear. O ataque obedece á lóxica da confrontación internacional entre potencias polo reparto da riqueza e do poder, así como á dinámica interna norteamericana.

Read the rest of this entry »

O imperialismo quita a máscara en Siria

Abril 9th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

O ataque con mísiles cruceiro tipo Tomahawk contra a base siria de Shayrat, na provincia de Homs, representa un pulo cualitativo cunha intención que vai para alén da confrontación de intereses en Siria. O bombardeo foi realizado sen ningunha advertencia previa, e todo indica que estaba preparado con antelación á denuncia da oposición armada da utilización de armas químicas polo exército na cidade de Khan Shaikhoun. Malia ser este o pretexto para o ataque, a acusación do emprego de gas tóxico polas forzas de Assad non foi comprobado por ningún organismo independente. Ademais, carece de lóxica que o governo sirio actuase así.

Read the rest of this entry »

Obama chanta minas á distensión

Xaneiro 19th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo, neoliberalismo

Moitos medios de información fixeron estes días valoracións dos dous períodos de goberno de Obama, co gallo da súa despedida nun acto en Chicago. Nese evento teimou na mensaxe da confrontación, aínda que a combinou con espectáculo e sentimentalismo, ao estilo Hollywood. A idea base é que non se debe dar marcha atrás na expansión da globalización e do negocio da guerra, co argumento do perigo externo. Lembremos que o complexo industrial-militar representa sobre un 25-30% da economía estadounidense, e abrangue sectores como armamento, comunicacións, mercenarios a soldo de empresas privadas, etc.

Read the rest of this entry »