Categorymigracion

Trump reflicte a crise sistémica

donaldtrumpContra todo o esperado polas clases dominantes e aliados, Trump gañou as eleccións presidencias nos Estados Unidos, e ademais dispón da maioría en ambas cámaras. É un triunfo rotundo, difícil de dixerir pra esa minoría poderosa, que tiña secuestrada a vontade popular, sentíndose dona do futuro, e que apostaba por Hillary Clinton. A globalización neoliberal, ou sexa a centralización e concentración do poder e da riqueza a nivel mundial, atópase cun atranco importante que resta valor a unhas regras de xogo feitas en beneficio das multinacionais. Xa o Brexit e as dificultades en Siria significaron serios chamados de atención.

Continue reading

A contribución galega á Arxentina

2016 04 arxentina bos aires P1010887Acabo de voltar da Arxentina, nunha breve viaxe para visitar a miña familia, que emigrou canda min a aquel país, ao principio da década dos cincuenta do século pasado. No meu caso, retornei definitivamente en 1972, motivado polas folgas xerais de Ferrol e Vigo, para me incorporar á oposición á ditadura franquista. Daquela viviamos naquel país uns 600 mil galegos e galegas. Hoxe son menos de cincuenta mil.

Continue reading

Migración forzada

syrian_refugeesÉ positivo que os sindicatos, organizacións sociais e partidos, realizaran mobilizacións pedindo un trato humanitario para os refuxiados por parte da Unión Europea. Mais, sería un erro circunscribir a cuestión ao aspecto asistencial, poñendo o foco en exclusiva naqueles que están ás portas da Unión Europea, ignorando os problemas de fondo: a guerra, a intervención imperialista. Só en Siria hai millóns de persoas desprazadas, en campamentos ou casas de coñecidos, que pasan todo tipo de penurias cotiás. Pedir solucións só para os que teñen medios para saír de Siria ou de países veciños, e pagar ás mafias turcas, reduce a cuestión humanitaria ás clases medias, é unha peneira clasista que esquece a maioría social.

Continue reading

Demografía e globalización neoliberal

2011 04 17 vigo estacion maritima P1161051De cando en vez, os analistas, a Xunta de Galiza, e os medios de comunicación destacan a perda de poboación e o envellecemento como un desastre económico que pon en perigo as pensións e prestacións públicas no futuro. Aqueles que poñen as persoas ao servizo da economía (e non ao envés, como correspondería a unha postura humanista), coidan que a solución e atraer inmigrantes, xa que deste xeito aumentaría a poboación activa e melloraría a porcentaxe respecto dos inactivos. Non estará detrás disto a pretensión de contar cunha man de obra de reserva dependente e disposta a aceptar condicións laborais máis baixas?

Continue reading

Solidariedade ou man de obra barata?

tren-refugiados-ccA prensa destacou estes días as conversas en Xenebra entre o Governo sirio e a oposición armada, así como á desaparición de 10.000 nenos e nenas durante o traslado dos refuxiados, dende as áreas próximas á zona de guerra ate os países da Unión Europea. As dúas novas teñen como conexión a guerra civil, mais sobre todo, que a intervención exterior está movida por razóns económicas e xeo-estratéxicas, que a solidariedade ten un papel secundario. Unha demostración é que se adiasen as negociacións ao 25 deste mes, polos avances do exército sirio en Alepo, cortando a conexión da oposición coa fronteira turca, indica con toda claridade os nexos entre os grupos armados, considerados moderados polas potencias occidentais, e organizacións terroristas como o Estado Islámico, a Fronte Al Nusra, o Exército da Conquista, etc. Todo fai pensar que Arabia Saudita, Catar e Turquía non teñen interese nunha solución pacifica, se non lles garante a súa influencia no futuro mapa político de Siria, xa que os intereses xeo-estratéxicos son prioritarios, tal como se pode comprobar pola súa intervención en Iemen.

Continue reading

A invasión das vítimas

inmigracionA inmigración masiva, desesperada, esa que foxe da guerra, e esa outra que o fai por mor da destrución dos seus países de orixe, por razóns económicas ou ecolóxicas, peta con forza nas fronteiras da Unión Europea. E todo fai pensar que non a vai deter ningún muro, nen medidas represivas. Non teñen ren que perder. Agora ben, tanto quen predican acollelos coas mans abertas, como quen queren deter a súa entrada por todos os medios, semella que ignoran as razóns que forzan a esta inmigración. Os discursos dominantes presentan estes procesos como consecuencia natural dos avances da humanidade, ou como produto do oportunismo daqueles que queren aproveitar as vantaxes acadadas na UE con moitos esforzos e que non teñen nos seus países de orixe.

Continue reading

Queda demográfica, dependencia e desigualdade

2007 02 02 vigo nais nenos carrito5552Máis unha vez, as previsións de futuro para o noso país son catastróficas: ate o ano 2050 seica perderíamos o 40% da poboación, un millón de persoas. Supoño que os resultados serán moito máis negativos no interior e zonas de montaña. Aínda que non existe unha razón única para esta queda demográfica, a fundamental é a baixa natalidade. Sobre ela incide a enxurrada emigratoria, que nunca deveceu, e que medrou moito coa crise. Se a mocidade emigra, ou sexa a franxa da poboación en idade de procrear, iso ten un efecto directo sobre a natalidade. Agora ben, tanto a baixa natalidade como a emigración son consecuencias sobre todo da falta de emprego, da temporalidade na contratación e dos baixos salarios. Quen vai formar familia e ter fillos/as sen unha mínima garantía de ingresos? Habería que ser moi irresponsábel ou atrevido.

Continue reading