migracion

A cuestión demográfica

Xullo 4th, 2017  |  Published in| the_category globalizacion, migracion, sociedade

Na Galiza, hai 29 anos que nacen menos persoas das que morren. Unha traxedia. No Estado español isto acontece por segundo ano consecutivo, e xa están alarmados. Este problema afecta á periferia no Estado, xa que Madrid, Barcelona, e Valencia, non padecen esta eiva. En calquera caso, o fenómeno amosa unha tendencia que vai a máis, e que contradí o optimismo dos que ollan na globalización neoliberal un futuro de progreso. Ademais, a evolución demográfica non só é negativa nos territorios con maior desigualdade social e desemprego, algo lóxico, senón que xa afecta practicamente a todo o continente, por mor das políticas laborais e sociais regresivas. Cando non ocorre así, trátase de excepcións. Cun avance tan forte da concentración e centralización da riqueza e do poder, non podía ser doutro xeito.

Read the rest of this entry »

Solucións para a traxedia demográfica

Xuño 30th, 2017  |  Published in| the_category migracion, soberania, sociedade

Dende hai un par de anos, os medios informativos estatais manifestan preocupación pola evolución demográfica, xa que son menos os nacementos que as defuncións. Que este fenómeno se viñese dando na Galiza dende hai tres décadas non lles afectou no máis mínimo. Agora, cun déficit cativo, 409.099 mortes para 408.384 nacementos, acendéronse todas as luces vermellas no Estado. Evidentemente, o retroceso demográfico non é unha cuestión menor, pola repercusión que ten en todos os ámbitos. Máxime cando se mantén no tempo e representa unha porcentaxe significativa da povoación. Por exemplo, na Galiza no ano 2016, naceron 19.049 persoas e morreron 31.732. É unha diferenza impresionante. Unha auténtica traxedia para o país.

Read the rest of this entry »

As causas do recuar demográfico

Xaneiro 3rd, 2017  |  Published in| the_category migracion, neoliberalismo, soberania, sociedade

Todos os estudos dan por feito que a povoación galega vaise a reducir dramaticamente nas vindeiras décadas, partindo da análise dos actuais parámetros económico-sociais; os mesmos que Núñez Feijóo considera óptimos en todos os aspectos, “grazas á súa xestión, aínda que mellorábeis”. Cómpre recoñecer que esta contradición tampouco lle tivo custes ao Presidente da Xunta nas pasadas eleccións galegas, xa que contra o que auguraban as enquisas repetiu maioría absoluta no Parlamento. Unha eiva que algúns pretenden atribuír en exclusiva á falta de conciencia política do povo. Esquecen que aumentou a abstención, e que unha parte da responsabilidade pode estar nos partidos e referentes da oposición, que non son quen de ilusionar aos/as votantes de esquerda, e tampouco conseguen atraer aos/as abstencionistas, que representan un terzo do electorado. Os medios tamén teñen o seu papel nesta traxedia.

Read the rest of this entry »

Seica a emigración enriquece

Decembro 29th, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, migracion, neoliberalismo

O ministro de Asuntos Exteriores, Alfonso Dastis, converteu Galiza no país máis rico do Estado español. Segundo el, a emigración enriquece, abre a mente e fortalece. Se fose verdade hai moito que Galiza sería un exemplo de desenvolvemento, xa que durante un século emigraron máis dun millón e medio de persoas á América Latina e Europa, e aínda viven no exterior máis de medio millón de galegos e galegas. O desenvolvemento de Irlanda, outro país de emigrantes, que ás veces se pon como exemplo, ten moito que ver coa súa independencia do Reino Unido.

Read the rest of this entry »

A voltas co voto emigrante

Decembro 20th, 2016  |  Published in| the_category migracion, política, sociedade

O tema do voto dos residentes ausentes volve estar de actualidade. Fálase mesmo de reformar a lei, eliminando o voto rogado, e de permitir a votación telemática. Falamos dun asunto que afecta directamente a medio millón de persoas, que na Galiza poden exercer hoxe este dereito nas eleccións europeas, xerais e autonómicas. Chama a atención que só se trate daqueles que viven fóra do Estado español, habendo en troques 400.000 emigrantes galegos que residen noutras autonomías e nacionalidades que non poden exercer o voto nas eleccións galegas. Sen dúbida, é unha dobre vara de medir, e carece de lóxica, máxime cando os/as que viven noutras partes do Estado teñen maior relación e máis información do que acontece na Galiza, ademais dos que residen no norte Portugal.

Read the rest of this entry »

Emigración e voto

Decembro 1st, 2016  |  Published in| the_category migracion, política

2011 04 17 vigo estacion maritima P1161051Algúns partidos e analistas afirman que medio millón de galegos e galegas viven no exterior do Estado español. Mais, segundo o Censo de Residentes Ausentes, son 156 mil. Confúndese así emigración con cidadanía, cando esta é unha suma de emigrantes máis fillos e netos que solicitaron a nacionalidade. Os fillos e netos non son galegos e tampouco se consideran como tales, por máis agarimo que teñan á Terra dos seus antergos.

Read the rest of this entry »

Trump reflicte a crise sistémica

Novembro 15th, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, migracion

donaldtrumpContra todo o esperado polas clases dominantes e aliados, Trump gañou as eleccións presidencias nos Estados Unidos, e ademais dispón da maioría en ambas cámaras. É un triunfo rotundo, difícil de dixerir pra esa minoría poderosa, que tiña secuestrada a vontade popular, sentíndose dona do futuro, e que apostaba por Hillary Clinton. A globalización neoliberal, ou sexa a centralización e concentración do poder e da riqueza a nivel mundial, atópase cun atranco importante que resta valor a unhas regras de xogo feitas en beneficio das multinacionais. Xa o Brexit e as dificultades en Siria significaron serios chamados de atención.

Read the rest of this entry »

A contribución galega á Arxentina

Maio 5th, 2016  |  Published in| the_category migracion, soberania, sociedade

2016 04 arxentina bos aires P1010887Acabo de voltar da Arxentina, nunha breve viaxe para visitar a miña familia, que emigrou canda min a aquel país, ao principio da década dos cincuenta do século pasado. No meu caso, retornei definitivamente en 1972, motivado polas folgas xerais de Ferrol e Vigo, para me incorporar á oposición á ditadura franquista. Daquela viviamos naquel país uns 600 mil galegos e galegas. Hoxe son menos de cincuenta mil.

Read the rest of this entry »

Migración forzada

Marzo 24th, 2016  |  Published in| the_category migracion, militarismo, neoliberalismo

syrian_refugeesÉ positivo que os sindicatos, organizacións sociais e partidos, realizaran mobilizacións pedindo un trato humanitario para os refuxiados por parte da Unión Europea. Mais, sería un erro circunscribir a cuestión ao aspecto asistencial, poñendo o foco en exclusiva naqueles que están ás portas da Unión Europea, ignorando os problemas de fondo: a guerra, a intervención imperialista. Só en Siria hai millóns de persoas desprazadas, en campamentos ou casas de coñecidos, que pasan todo tipo de penurias cotiás. Pedir solucións só para os que teñen medios para saír de Siria ou de países veciños, e pagar ás mafias turcas, reduce a cuestión humanitaria ás clases medias, é unha peneira clasista que esquece a maioría social.

Read the rest of this entry »

Demografía e globalización neoliberal

Febreiro 18th, 2016  |  Published in| the_category migracion, neoliberalismo, sociedade

2011 04 17 vigo estacion maritima P1161051De cando en vez, os analistas, a Xunta de Galiza, e os medios de comunicación destacan a perda de poboación e o envellecemento como un desastre económico que pon en perigo as pensións e prestacións públicas no futuro. Aqueles que poñen as persoas ao servizo da economía (e non ao envés, como correspondería a unha postura humanista), coidan que a solución e atraer inmigrantes, xa que deste xeito aumentaría a poboación activa e melloraría a porcentaxe respecto dos inactivos. Non estará detrás disto a pretensión de contar cunha man de obra de reserva dependente e disposta a aceptar condicións laborais máis baixas?

Read the rest of this entry »

Solidariedade ou man de obra barata?

Febreiro 9th, 2016  |  Published in| the_category europa, migracion, militarismo, neoliberalismo

tren-refugiados-ccA prensa destacou estes días as conversas en Xenebra entre o Governo sirio e a oposición armada, así como á desaparición de 10.000 nenos e nenas durante o traslado dos refuxiados, dende as áreas próximas á zona de guerra ate os países da Unión Europea. As dúas novas teñen como conexión a guerra civil, mais sobre todo, que a intervención exterior está movida por razóns económicas e xeo-estratéxicas, que a solidariedade ten un papel secundario. Unha demostración é que se adiasen as negociacións ao 25 deste mes, polos avances do exército sirio en Alepo, cortando a conexión da oposición coa fronteira turca, indica con toda claridade os nexos entre os grupos armados, considerados moderados polas potencias occidentais, e organizacións terroristas como o Estado Islámico, a Fronte Al Nusra, o Exército da Conquista, etc. Todo fai pensar que Arabia Saudita, Catar e Turquía non teñen interese nunha solución pacifica, se non lles garante a súa influencia no futuro mapa político de Siria, xa que os intereses xeo-estratéxicos son prioritarios, tal como se pode comprobar pola súa intervención en Iemen.

Read the rest of this entry »

A invasión das vítimas

Agosto 25th, 2015  |  Published in| the_category migracion, militarismo, neoliberalismo, sociedade

inmigracionA inmigración masiva, desesperada, esa que foxe da guerra, e esa outra que o fai por mor da destrución dos seus países de orixe, por razóns económicas ou ecolóxicas, peta con forza nas fronteiras da Unión Europea. E todo fai pensar que non a vai deter ningún muro, nen medidas represivas. Non teñen ren que perder. Agora ben, tanto quen predican acollelos coas mans abertas, como quen queren deter a súa entrada por todos os medios, semella que ignoran as razóns que forzan a esta inmigración. Os discursos dominantes presentan estes procesos como consecuencia natural dos avances da humanidade, ou como produto do oportunismo daqueles que queren aproveitar as vantaxes acadadas na UE con moitos esforzos e que non teñen nos seus países de orixe.

Read the rest of this entry »

Queda demográfica, dependencia e desigualdade

Agosto 4th, 2015  |  Published in| the_category migracion, soberania, sociedade

2007 02 02 vigo nais nenos carrito5552Máis unha vez, as previsións de futuro para o noso país son catastróficas: ate o ano 2050 seica perderíamos o 40% da poboación, un millón de persoas. Supoño que os resultados serán moito máis negativos no interior e zonas de montaña. Aínda que non existe unha razón única para esta queda demográfica, a fundamental é a baixa natalidade. Sobre ela incide a enxurrada emigratoria, que nunca deveceu, e que medrou moito coa crise. Se a mocidade emigra, ou sexa a franxa da poboación en idade de procrear, iso ten un efecto directo sobre a natalidade. Agora ben, tanto a baixa natalidade como a emigración son consecuencias sobre todo da falta de emprego, da temporalidade na contratación e dos baixos salarios. Quen vai formar familia e ter fillos/as sen unha mínima garantía de ingresos? Habería que ser moi irresponsábel ou atrevido.

Read the rest of this entry »

Na África subsahariana repítese a historia

Agosto 4th, 2015  |  Published in| the_category Historia, Internacional, migracion

inmigrantes1Poucos saben que Portugal foi un dos primeiros países que eliminou a escravitude, tanto no interior da nación como na India, o 12 de febreiro de 1761 (no Estado español sería en 1837). Mais a decisión sobre este tema que tivo unha maior significación foi o anuncio feito polo Rei de Portugal, o 1 de agosto de 1865, dun proxecto de lei que eliminaba a escravitude nas colonias, xa que era nestas onde tiña espacial relevancia. O proceso encetará coa abolición do tráfico de escravos en 1836 no imperio portugués, a liberación dos escravos do Estado en 1854, e máis tarde os das igrexas, por decreto de 1856. Houbo unha lei posterior que proclamou a abolición en todo o imperio, porén esta non sería definitiva ate o ano 1878.

Read the rest of this entry »

Os corenta mil galegos-as de Cuba

Xaneiro 6th, 2015  |  Published in| the_category américa latina, Internacional, migracion

Los-cinco-CubaO que parece ser unha normalización das relacións entre Estados Unidos e Cuba fixo que saltasen as alarmas na Xunta de Galiza, e aínda máis nos empresarios do país, a fin de non ficar atrás na carreira por se facer un sitio na economía e no comercio exterior da illa. Agora ben, se cadra sexa moi apresurado dar por rematado o bloqueo, malia que se poda interpretar que isto suceda pola intervención de Obama. Unha cousa é abrir embaixadas e outra eliminar a presión contra o Governo cubano, máxime cos republicanos en contra e controlando ambas as cámaras do Congreso.

Read the rest of this entry »