Categorylingua

O Catecismo do labrego

Hai agora 130 anos que se publicou en sete entregas o Catecismo do Labrego, en Ourense, no xornal O Tío Marcos d’A Portela. Este libriño, obra do escritor e xornalista Valentín Lamas Carvajal, nado nesta cidade en 1849, tivo unha grande repercusión na época, como reflicte o feito das múltiples reedicións do mesmo. Para min tivo un gran valor, porque foi o primeiro libro en galego que lin de pequeno, logo de chegar con cinco anos a Bos Aires en 1951, coa miña nai e unha irmá, onde nos reuníramos co meu pai que emigrara uns anos antes.

Continue reading

Sangue e bágoas, dignidade e rebeldía na loita contra os foros

Hai agora 110 anos, o 5 de xaneiro de 1908, constituíuse o Directorio Antiforista de Teis. Abríase deste xeito unha nova etapa, máis organizada e menos espontánea, na loita das xentes do rural contra os foros. Estes afogaban o desenvolvemento agrario e da sociedade galega en xeral. A xeneralización dos foros como contrato agrario deuse na Galiza dende a Idade Media, e converteuse en hexemónico entre os labregos e labregas. O pagamento das rendas facíase en especie e en diñeiro, sendo maioritaria a primeira forma (98,3%). Ate a desamortización de 1836, as institucións relixiosas eran as maiores outorgantes de foros. Despois, a maioría deles pasarían a mans de pequenos rendeiros urbanos, aínda que eran os grandes propietarios os que controlaban o rural, os caciques, grazas ao seu peso político e relacións coas estruturas de poder.

Continue reading

Todas e todos a prol da lingua galega

O vindeiro 13 de decembro, cúmprense tres décadas da masiva manifestación a prol da lingua galega, realizada durante o governo tripartito na Xunta (PSOE, CG e PNG). Nesta convocatoria acadouse un grao de unidade política e social que non se volveu repetir posteriormente. Mobilizáronse en Compostela sobre 20 a 25 mil persoas, segundo os organizadores. Foran convocadas pola Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) e sindicatos de traballadores/as e estudantís (CXTG, INTG, CCOO, CNT, CAF, Sindicato de Estudantes, etc). Contou tamén co apoio do PSG-EG, BNG, PCG e mesmo de persoeiros de Coalición Popular, do PSOE e do PNG. Adheriron rente de 50 corporacións municipais. A MNL convidara ao Governo galego a encabezar a manifestación. O semanario A Nosa Terra destacaba que só faltaban Coalición Galega (CG), e García Sabell, que era o delegado do Governo central (presidido por Felipe González, PSOE).

Continue reading