Internacional

A confrontación trasládase ás redes

Decembro 27th, 2016  |  Published in| the_category comunicación, globalizacion, Internacional

Ate agora, a confrontación entre potencias dérase fundamentalmente no eido económico, militar e da información. Neste último aspecto fíxose cotiá a análise nesgada, así como a teatralización da noticia, pra falsificar a información. Especialmente cando se trata de conflitos bélicos, por exemplo os de Libia, Ucraína, Siria. Súmase a esta terxiversación a intromisión na vida das persoas e o desprezo pola soberanías nacionais. Existe software que permite acceder, sen consentimento nin coñecemento das persoas, aos seus correos electrónicos e chamadas de telefonía. Esta práctica afecta tanto a governantes considerados belixerantes polos Estados Unidos, como tamén a aliados desta potencia hexemónica. A espionaxe abrangue ademais o eido militar e industrial, en beneficio de Washington, que deste xeito está en condicións de vantaxe, e pode aforrar en investigación.

Read the rest of this entry »

Que está en xogo en Siria

Decembro 23rd, 2016  |  Published in| the_category Internacional, militarismo

A liberación de Alepo por parte do exército sirio non está a ser doada. Non tanto pola resistencia da oposición armada, militarmente derrotada nesta cidade, senón fundamentalmente polo balbordo mediático alentado polas potencias occidentais, para restar importancia a este triunfo do Goberno sirio. Neste aspecto, existe unha converxencia de intereses entre os Estados Unidos e aliados e os grupos terroristas, que se manifestou na incursión e ocupación de Palmira polo Estado Islámico (Daesh). Unha acción imposíbel de realizar sen o consentimento (ou acordo) coa OTAN que controla este espazo aéreo, e que “casualmente” afrouxou a presión militar sobre Raqqa e permitiu a saída de Mosul dun importante continxente de tropas do Daesh. A pretensión do imperialismo era obrigar o Goberno sirio a desviar forzas a Palmira, xa que esta cidade ten un carácter emblemático. É así, tanto en termos históricos, como porque foi onde comezou o cambio de tendencia da guerra. Queríase evitar, con esta manobra de diversión, a caída de Alepo, ou cando menos, adiar este acontecemento.

Read the rest of this entry »

Non hai cambio sen desglobalización

Decembro 16th, 2016  |  Published in| the_category economía, globalizacion, Internacional, neoliberalismo

Para alén das distintas hipóteses sobre os resultados electorais nos Estados Unidos e Austria, ou os referendos en Gran Bretaña e Italia, é evidente que o modelo económico e social está desacreditado. A oposición social ao sistema que se expresa é moi forte, aínda que se poda cuestionar que a opción política escollida sexa a acertada. Co argumento da competitividade, especialmente en Occidente, aumenta a explotación laboral, diminúen as prestacións públicas, e medra a desigualdade, a corrupción, a violencia e a economía delituosa. Está roto o contrato social; así chamado pola esquerda sistémica. Asemade, a confrontación entre potencias vai a máis, así como a fractura interna dentro do mundo empresarial cos sectores afectados negativamente pola globalización e a economía de escala.

Read the rest of this entry »

Cando a UE é unha lousa

Decembro 15th, 2016  |  Published in| the_category europa, Internacional, soberania

O pasado venres Grecia viviu a súa terceira folga xeral no que vai de ano. Houbo manifestacións nas principais cidades. O paro foi convocado tanto polos sindicatos do sector privado (GSEE) como público (ADEDY), próximos ao Goberno, así como pola forte corrente sindical PAME, dirixida polo Partido Comunista; sumáronse tamén outras forzas de esquerda. A folga rexeitaba a esixencia da Unión Europea de novas medidas de flexibilidade laboral, e rebaixas nas pensións (que representan o ingreso principal no 51,8% dos fogares) e o aumento das cotizacións para os autónomos. Ademais, o FMI, como parte da Troika, preme para que se manteña a desregulación laboral así como impedir a negociación colectiva despois de que remate o terceiro resgate no ano 2018. Estes requisitos son parte da concesión dunha nova partida monetaria correspondente a este último resgate da economía grega (de 86 mil millóns de euros en total).

Read the rest of this entry »

Os revolucionarios non morren se viven no povo

Decembro 2nd, 2016  |  Published in| the_category Historia, Internacional, soberania

1996-05-cuba-habana-desfile-primeiro-de-maio-n264A xenreira coa que están a reaxer os medios sistémicos diante da morte de Fidel Castro, en contraste co recoñecemento por parte da esquerda e os governos antiimperialistas, amosa ate que punto as clases dominantes ollan con preocupación o futuro. Malia a hexemonía actual do capital, temen a revolta social, e comprenden que a Revolución Cubana é un perigoso exemplo, mesmo coas intervencións e bloqueos exteriores e as eivas internas. Daquela que non sexa casual que queiran vender idea de que “terminou unha era”. É dicir, que as revolucións populares son cousa do pasado. Mentres que as guerras, a violencia, a desfeita da natureza, o aumento da desigualdade, xustifícanse coa necesidade de alargar a “democracia” e a competividade. Porén, é un engado que non se sustenta porque contrasta coa realidade, máxime cando todo o sacrificio esixido ao povo transfórmase en lucros para as grandes corporacións e fortunas. Unha explotación que vai a máis, que resulta insoportábel, especialmente nos territorios oprimidos, aínda que a globalización non se faga hoxe só en beneficio das potencias occidentais.

Read the rest of this entry »

Un cumio para atar o futuro

Novembro 24th, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

obama-merkel-rajoy-berlinAínda que a visita de Obama a Europa seica estaba prevista con antelación, todo fai pensar que foi aproveitada para deseñar unha estratexia común, ate onde for posíbel, entre os países centrais da Unión Europea e Wall Street. Unha folla de ruta a prol da centralización e concentración da riqueza e do poder na que, para alén de matices, tamén coinciden o Partido Demócrata e a maior parte dos republicanos. De aí que a guerra en Siria fose un aspecto central no encontro de Berlín. Véxase que non se debateu como confrontar coa ameaza terrorista en Siria e Libia. No entanto, demonízase o axer de Rusia en Alepo, mentres se santifica o dos Estados Unidos e aliados en Mosul. A dobre vara de medir.

Read the rest of this entry »

O triunfo de Trump amosa as fendas do capital

Novembro 18th, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional

trump-ganaContra todo prognóstico, Trump gañou as eleccións presidencias nos Estados Unidos (USA). Ou sexa, triunfou a fracción do capital prexudicada ou menos favorecida pola globalización, polo que resulta lóxico que rexeite os tratados de libre comercio (TLCs) e non considere prioritarias as accións militares ligadas á súa expansión. Despois de todo, estes tratados afectaron negativamente a unha parte da burguesía, tendo en conta que non toda dislocou as súas empresas, e que os TLCs eliminaron 7 millóns de empregos industriais en Estados Unidos. Daquela que este cambio de Governo non sexa un feito máis, xa que cuestiona a fundo no seu discurso as alianzas internas e externas sobre as que se sustenta o imperialismo hexemónico. Só así se entende que potencias tan submisas durante décadas aos ditados de Washington, como Alemaña e Francia, fagan declaracións tan duras a respecto do novo Presidente dos Estados Unidos e mesmo lle lembren os compromisos contraidos en cuestións económicas e respecto da inxerencia en Medio Oriente.

Read the rest of this entry »

Trump reflicte a crise sistémica

Novembro 15th, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, migracion

donaldtrumpContra todo o esperado polas clases dominantes e aliados, Trump gañou as eleccións presidencias nos Estados Unidos, e ademais dispón da maioría en ambas cámaras. É un triunfo rotundo, difícil de dixerir pra esa minoría poderosa, que tiña secuestrada a vontade popular, sentíndose dona do futuro, e que apostaba por Hillary Clinton. A globalización neoliberal, ou sexa a centralización e concentración do poder e da riqueza a nivel mundial, atópase cun atranco importante que resta valor a unhas regras de xogo feitas en beneficio das multinacionais. Xa o Brexit e as dificultades en Siria significaron serios chamados de atención.

Read the rest of this entry »

Non Aliñados, a forza da distensión

Novembro 8th, 2016  |  Published in| the_category Historia, Internacional, soberania

1966-delhi-indira-tito-nasserO 24 de outubro de 1966, hai agora medio século, comezaba en Nova Delhi a Conferencia Tripartita do Movemento de Países Non Aliñados (MNOL), na que participarían Indira Gandhi pola India, Nasser por Exipto e Tito por Iugoslavia. Este movemento internacional aínda segue activo, mais cun papel pouco relevante, por mor da globalización e do pensamento único. As últimas reunións dos non aliñados foron en Teherán, no ano 2012, e na Illa de Margarita, en Venezuela, no ano 2016. Neste encontro destacáronse como prioridades, entre outras, a refundación da ONU, a defensa do povo palestino, o fin do bloqueo a Cuba, e a descolonización de Porto Rico. Actualmente o MNOL está presidido por Nicolás Maduro, presidente de Venezuela.

Read the rest of this entry »

Luscos e fuscos da revolta de Valonia contra o CETA

Novembro 4th, 2016  |  Published in| the_category economía, europa, Internacional, neoliberalismo

no-ceta-ttipA ministra de Comercio Internacional do Canadá, Chrystia Freeland, volveu ao seu país dando un portazo, afirmando que as negociacións coa Unión Europea sobre o tratado de libre comercio (CETA) estaban rotas. Todo por culpa da rexión belga de Valonia que cuestionaba o mecanismo dos tribunais privados para resolver as disputas entre as corporacións transnacionais e os Estados, e que o tratado afectaba negativamente o seu sector agrario. Axiña saíron os altos cargos da UE a manifestar o seu desacougo, colocando a economía preto da desfeita, e o mundo a punto da súa destrución. Non cabía dúbida, os valóns eran uns ruíns, uns “antisistema”, uns revolucionarios. Como podían atreverse a poñer obxeccións a que os intereses dos investidores estranxeiros estivesen por riba da vontade popular para garantir os lucros planificados, naqueles países afectados polas súas reclamacións? Na lóxica da oligarquía, é natural que os intereses dos ricos e poderosos sexan os que se impoñan.

Read the rest of this entry »

Diversidade de intereses en Mosul

Novembro 3rd, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

iraq-mosul-ofensivaOs norteamericanos aproveitan ao máximo o seu control sobre os grandes medios de comunicación. Lembremos a súa escenificación do desembarco en Somalia e o ataque a Libia. Agora fixeron outro tanto no inicio do cerco a Mosul para a liberar dos terroristas do Estado Islámico (EI) ou Daesh. Cando o EI recua con rapidez a información sobre a fronte de batalla é cotiá e directa. Porén, cando medran as dificultades o tema case desaparece dos medios. Aínda que todo fai pensar que a batalla definitiva será na cidade.

Read the rest of this entry »

O que está en xogo en Siria

Outubro 21st, 2016  |  Published in| the_category globalizacion, Internacional, militarismo

estado islamicoTodo indica que o mundo está diante dunha conxuntura na que se disputa duramente a correlación de forzas das próximas décadas. Un conflito entre o imperialismo dos Estados Unidos, potencias e países subordinados, por unha banda, e por outro lado as novas potencias emerxentes, especialmente Rusia e China. Unha confrontación que se dá no eido económico, das comunicacións e das finanzas, mais sobre todo no campo militar. A disputa en Siria vai para alén dun conflito local ou rexional. É un enfrontamento mundial, no que se empregan as armas máis sofisticadas, agás as nucleares, e os medios de información para gañar a complicidade das xentes do planeta.

Read the rest of this entry »

Atrancos para a paz en Colombia

Outubro 6th, 2016  |  Published in| the_category américa latina, Internacional, neoliberalismo

colombia-farcO resultado adverso do referendo en Colombia é un novo atranco para a paz, e fortalece a dereita ligada aos paramilitares, representada polo ex-presidente Álvaro Uribe. O rexeitamento de gandeiros e sectores relixiosos complica aínda máis o panorama. Porén, estes non son o único muro para silenciar as armas definitivamente, xa que o acordo non abrangue a toda a oposición armada. O ELN sendo menor que as FARC, ten peso en zonas do país, e ademais unha pequena fracción das FARC non acepta o pacto.

Read the rest of this entry »

Verdade e mentira en Siria

Setembro 28th, 2016  |  Published in| the_category Internacional, militarismo

saudi-lampNunha entrevista ao xornal alemán Kölner Stadt-Anzeiger, un comandante da Fronte Al Nusra afirmou que reciben asesoramento militar e recursos económicos de Turquía, Arabia Saudita, Catar e Kuwait. E que Estados Unidos subminístralles sistemas de mísiles anti-tanques guiados TOW que son esenciais para equilibrar a correlación de forzas co exército sirio. Lembremos que a Fronte Al Nusra, opera agora baixo o nome de Jabhat Fatá al Sham. Aínda que rachou publicamente a relación con Al Qaeda, todos os analistas consideran que é unha formalidade para seguir recibindo apoio das potencias occidentais, para canear así a acusación de que apoian grupos terroristas, mais que non implica mudanzas de ningún tipo.

Read the rest of this entry »

Siria, suma de intereses contra a paz

Setembro 27th, 2016  |  Published in| the_category Internacional, militarismo

mapa_siriaEn Siria, as grandes potencias están confrontando a súa capacidade militar e económica, e poñendo en evidencia a contradición entre a propaganda e a realidade. O máis destacábel neste intre, ademais do fracasado acordo de paz entre os Estados Unidos e Rusia, é o crecente protagonismo de Erdogan ao invadir a zona norte do país, seica pra combater o Estado Islámico (EI), mais co obxectivo de esmagar os curdos. O obxectivo semella ser a creación dun protectorado e a división de Siria. Unha actitude claramente expansionista, que conta coa colaboración aérea e técnica dos Estados Unidos, que deste xeito, e sen aviso previo, mudou alianzas, enfraquecendo a loita contra o terrorismo.

Read the rest of this entry »