economía

A crise é cousa do pasado?

Abril 11th, 2017  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo, traballo

Que se manteña a creación de emprego é un dado positivo. Mais non se pode ignorar que en boa medida é traballo temporal, ou a tempo parcial, e con salarios moi baixos. Daquela que o Estado español, e Galiza, teñan o triste mérito de seren un dos territorios con maior desigualdade de Europa. Como dado alarmante, un 13,1% dos asalariados/as e un terzo dos nenos e nenas están en risco de pobreza. Razón pola que Bruxelas alertou o Governo central de que este crecemento non é o máis axeitado. Claro que, pra ser equilibrado na análise, non se pode ignorar que a UE por unha banda recoñece estas eivas, e pola outra, impón medidas que contribúen á concentración e centralización da riqueza e do poder.

Read the rest of this entry »

A diferenza cualitativa (tamén na política) está na soberanía e no reparto

Abril 7th, 2017  |  Published in| the_category economía, globalizacion, neoliberalismo, traballo

A primeiros deste ano, o PIB do Estado español e da Galiza recuperou os valores de antes da crise. Daquela que o Governo central considere que a crise é parte do pasado. Segundo esta análise só quedarían algúns flocos, como a alta taxa de desemprego. O aumento da desigualdade, por mor das medidas neoliberais, asúmese coma un custe engadido nunha economía máis competitiva, máis produtiva. Daquela que consideren a expansión da precariedade como necesaria para manter o emprego nos sectores “menos competitivos”, e polo tanto que o PP defenda con unllas e dentes a efectividade da contra-reforma laboral que aprobou no inicio da lexislatura anterior.

Read the rest of this entry »

As estatísticas confirman a desigualdade

Abril 6th, 2017  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo, traballo

O PP goberna na Xunta sen maiores problemas. A oposición institucional non é quen de recoller totalmente o descontente e a protesta social e laboral. Non será porque a esquerda se afastou da clase traballadora? Para alén de como responda cada quen a esta pregunta, o certo é que a cuestión do desemprego e da economía familiar son centrais en todas as enquisas. E que malia o medre do PIB, a precariedade non deixa de medrar, os salarios de baixar, e a xornada laboral real de aumentar. As estatísticas avalan esta percepción, que calquera pode constatar no seu círculo máis próximo.

Read the rest of this entry »

Brexit nunha UE á deriva

Marzo 28th, 2017  |  Published in| the_category economía, europa, soberania

O Brexit xa ten data. O 29 de marzo será o día no que o Reino Unido (RU) comunicará a súa saída da Unión Europea. Bruxelas xa respondeu que dará unha contestación inmediata. A negociación comezará axiña, cun prazo máximo de dous anos. Todo fai pensar que o acordo non vai ser doado, xa que ao núcleo duro da UE interésalle escenificar todo tipo de atrancos e custes extras pra que este exemplo non teña seguidores. Máxime cando o futuro da Unión non está garantido. Non tanto pola confrontación en relación á emigración e aos refuxiados, que é un aspecto máis, senón porque o tempo vai evidenciando que a integración funciona mellor pra uns que pra outros, e que a igualdade e a solidariedade eran espellismos.

Read the rest of this entry »

Algunhas consideracións encol da robotización

Marzo 24th, 2017  |  Published in| the_category economía, globalizacion, neoliberalismo, traballo

Sendo verdade que se están a acelerar os cambios na produción, non se pode ignorar que o avance tecnolóxico, a chamada revolución da información e da robotización, hai tempo que comezou, e xa podemos tirar algunhas ensinanzas deste período. Lembremos que cando se iniciou había quen teorizaba sobre o fin do traballo, e desde a socialdemocracia europea, augurábase un mundo de lecer. Porén, nunca traballou tanta xente. E ademais, a xornada laboral media, segundo o sector e o país, ou se estancou ou se ampliou. Non chegou o fin do traballo. Outra cuestión é como se reparte este no mundo, e dentro de cada nación.

Read the rest of this entry »

Economía e igualdade de xénero

Marzo 23rd, 2017  |  Published in| the_category economía, sociedade, traballo

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Un documento do Fundo Monetario Internacional (FMI) destaca que a igualdade entre homes e mulleres fortalece a economía. Aporta un argumento máis para rexeitar todo tipo de discriminación de xénero. Aínda que, para alén desta valoración, tampouco pode existir un trato desigual por motivos de raza, orixe, etc. Isto é o fundamental, o xusto. No traballo só se deben considerar os aspectos profesionais. Engade o FMI que a incorporación da muller á empresa compensa o avellentamento da poboación, algo obvio.

Read the rest of this entry »

Crecemento aparente

Marzo 21st, 2017  |  Published in| the_category economía, globalizacion, neoliberalismo

O economista portugués Carlos Carvalhas deixaba ao descuberto nun artigo, como as estatísticas neste tempo histórico non son moitas veces un espello da realidade, cando se analizan desde unha óptica tradicional. Poñía o exemplo de Irlanda, que ten un dos maiores excedentes comerciais do mundo. Segundo a información sobre o tema, este país exportou en 2016 por valor de 115.479 millóns de euros e importou por 67.251 millóns. Son cifras excepcionais, que se converten nun verdadeiro milagre cando, en plena crise, o PIB foi quen de medrar dende 210 mil millóns de euros en 2012, a 307 mil millóns en 2016. Un aumento do 46% en catro anos! Mais Carvalhas destaca que malia ter Irlanda un PIB por persoa de 65.870 euros (triplica o galego), existe un saldo negativo en materia migratoria.

Read the rest of this entry »

O espellismo da renda básica

Marzo 10th, 2017  |  Published in| the_category economía, traballo

A medida que nos países do centro do sistema capitalista aumentan o desemprego e a precariedade, redúcese a capacidade adquisitiva dos salarios. E nun contexto de repregue sindical e da esquerda, medran as propostas salvadoras de redistribución por abaixo, que non confrontan coas clases dominantes. Este é o caso da renda básica universal ou variantes deste tipo de subvencións públicas sen contrapartidas. A proposta base é a de dar unha renda a todas as persoas que viven nun país, que variaría entre os 1.000 e 500 Euros no Estado español (EE) segundo o grao de utopía de quen a formule. Algunha destas iniciativas diferencia tamén o ingreso segundo a idade. Trátase de contías considerábeis, que nen estados da UE con rendas que triplican a do EE están dispostos a levar adiante.

Read the rest of this entry »

E agora súmase a inflación

Febreiro 23rd, 2017  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo, traballo

Na Galiza, o IPC medrou en computo anual ate xaneiro de 2017 o 3,2%. Practicamente o dobre que un mes antes. Este dado contrasta co aumento das pensións nun 0,25% e dos convenios colectivos en aproximadamente un punto no último ano. Neste contexto o movemento obreiro terá que se mobilizar moi fortemente para evitar seguir perdendo poder adquisitivo. Agora ben, sería un erro que o sindicalismo só se centrase nos salarios, porque a presión fiscal e as prestacións e servizos públicos tamén inciden sobre o ingreso. E, en ambos os casos, durante a crise houbo un forte axuste en prexuízo da clase traballadora, mentres aumentaban as achegas ás empresas, mesmo para a súa deslocalización, coa escusa da competencia. Daquela que aumentase a desigualdade e a precariedade, que mesmo traballando se pode ser pobre, e que a concentración da riqueza e do poder non teña parangón dende antes da Segunda Guerra Mundial.

Read the rest of this entry »

Solucións artificiosas

Febreiro 18th, 2017  |  Published in| the_category economía, traballo

A iniciativa lexislativa popular sobre unha renda mínima garantida, presentada por CC.OO. e UGT, foi admitida a trámite no Congreso do Estado español, e contou co apoio de todos os partidos, agás o PP e Ciudadanos (non estaban presentes os partidos cataláns). Esta iniciativa pretende garantir unha renda a todas as familias que ingresen menos de 5.387 euros ao ano. Estas centrais españolas calculan que esta axuda indefinida deberíaselle conceder a 2.402.695 persoas, das que 105.187 na Galiza (un 4,37%). Outras das condicións son: que residan de forma ininterrompida durante os seis meses anteriores á solicitude no Estado español, ter entre 18 e 65 anos de idade, non percibir prestacións por desemprego, e atoparse inscrito cando menos durante os últimos doce meses como demandante de emprego.

Read the rest of this entry »

Dúas propostas singulares e positivas

Febreiro 10th, 2017  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo, traballo

Coincidindo co pico da tarifa eléctrica do pasado mes e o cumio de presidentes de comunidades e nacionalidades presidido por Rajoy, para axustar o modelo de financiamento autonómico, o BNG volveu incidir nas súas propostas de tarifa eléctrica e de concerto económico. Sen dúbida, en ambos os casos trátase de medidas alternativas que singularizan a fronte diante doutras forzas políticas. Porén o fundamental é que ambas as propostas serían beneficiosas para os intereses económicos e sociais de Galiza. Facendo unha breve análise:

Read the rest of this entry »

Lóxica globalizadora

Febreiro 9th, 2017  |  Published in| the_category economía, globalizacion, Internacional, neoliberalismo

Empresarios e medios amosan preocupación porque auxiliares da industria automotriz estanse a instalar no norte de Portugal. Seica é porque ofrecen solo regalado e descontos fiscais, o que se considera unha competencia desleal. Hai quen engade que os salarios son alí moi inferiores. Polo que sería necesario definir con claridade as regras de xogo.

Read the rest of this entry »

Concerto económico. Algo máis que cartos

Febreiro 7th, 2017  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo, soberania

As modificacións que se fagan no modelo de financiamento autonómico teñen importancia pra Galiza, xa que delas depende a contía dos recursos en investimentos, servizos e prestacións pra os vindeiros anos. Ate o momento, realizouse unha reunión de presidentes autonómicos (á que non asistiron Catalunya e País Vasco) e un primeiro debate no Parlamento galego. A Xunta nomeou un economista pra Comisión de Expertos sobre o modelo de financiamento. O catedrático Santiago Lago foi proposto logo de consultar con tres grupos parlamentares (PP, PSOE e En Marea). Seica non puideron contactar co BNG, o que é difícil de crer. Chama a atención que se elixa o experto antes de clarificar que modelo de financiamento se vai defender.

Read the rest of this entry »

Concerto económico? E por que non?

Febreiro 2nd, 2017  |  Published in| the_category economía, nacionalismo, soberania

O conselleiro de Facenda propuxo o catedrático Santiago Lago para a Comisión de Expertos sobre o novo modelo de financiamento autonómico. Seica o fixo despois de consultar con tres grupos parlamentares (PP, PSOE e En Marea), xa que non puido contactar co BNG, o que é difícil de crer. Tendo en consideración as posturas e relacións deste economista, todo fai pensar que deste xeito o PP quere garantir a complicidade do PSOE neste tema de tanta transcendencia, máxime se pensamos que para o PP, isto é a chave do conflito catalán. Esta semella unha análise moi esquemática do avance social do independentismo nesa nación, xa que ignora os aspectos culturais, de modelo económico e social, e moi especialmente o dereito a decidir, a cuestión da soberanía. Tamén chama a atención que se elixa o experto antes de clarificar cal vai ser o modelo de financiamento que defenderá Galiza nesa Comisión. A menos que estas reunións sexan unha escenificación, e todo estea decidido ou se decida noutro lugar.

Read the rest of this entry »

O custe da electricidade

Febreiro 1st, 2017  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo, soberania

Sorprende que, se todos os partidos da oposición no Congreso denuncian (ou cando menos recoñecen) que as compañías eléctricas exercen sobre os usuarios-clientes unha relación de dominio, ningún deles propoña a nacionalización desas compañías. A presentación dunha iniciativa co obxectivo de favorecer a instalación da produción de enerxía familiar, sendo positiva, non dá solución ao problema de fundo. O Governo, pola súa banda, utiliza como escusas a falta de chuvias e vento, o aumento do petróleo, e un troco euro/dólar máis desfavorábel pras importacións. Porén isto non xustifica o aumento constante do prezo da luz nos últimos anos, con períodos moi longos nos que estas condicións eran positivas pras empresas produtoras de electricidade.

Read the rest of this entry »