Categoryeconomía

O bingo das criptomoedas

Hai medio mes, vendíase un ático en Tarragona por 40 bitcoins. O propietario puxo como condición que a transacción se fixese nesta criptomoeda. O valor era naquel intre equivalente a 550.000 euros. O bitcoin tiña multiplicado o seu valor en poucos meses, e comezou a cotizar no mercado de futuros da Bolsa de Chicago. Pasou pouco tempo, e cando algúns xa daban estas criptodivisas como un substituto das moedas oficiais con respaldo dos estados, o bitcoin encetou un acelerado descenso. Hoxe o valor daqueles 40 bitcoins sería 248.000 euros. O propietario perdeu máis da metade do que gañara. Isto é demostrativo do carácter especulativo das criptomoedas, de que se trata dun xogo de ruleta. Dependen da vontade dos grandes investidores/as e daqueles/as que teñen unha maior cantidade de bitcoins (dos que existe un número limitado). Asemade, as persoas e entidades creadoras destas moedas dixitais permanecen no anonimato.

Continue reading

Portugal, olladas contraditorias

Portugal produce na patronal e nos partidos sistémicos galegos, sexan da dereita ou socialdemócratas, unha actitude contraditoria. No económico, as relacións foron a máis nas últimas décadas. Tanto, que son os terceiros socios comerciais despois do resto do Estado español e Francia. Mesmo son un exemplo para os que buscan baixar salarios. No ámbito cultural e político, as relacións son mínimas, e por suposto moi inferiores ás que houbo durante décadas, especialmente durante o século XIX e principios do XX. Lembremos os Congresos Obreiros Galaico-Portugueses (1902-1903-1904), ou a presenza na Academia Galega de Teófilo Braga, que sería o primeiro presidente de Portugal despois da Revolución Republicana de 1910.

Continue reading

Entre o espellismo e a realidade

Os empresarios/as ligados ao turismo e a Xunta, tanguen as campás, cando afirman que o ano pasado visitaron Galiza cinco millóns de persoas vindas do exterior. Mesmo din que este sector dos servizos xa ten máis importancia que o metal. O falar non ten cancelas! Sendo positivo que exista unha importante afluencia de turistas, porque xera actividade económica e emprego, non se pode ignorar que non é comparábel a sectores como o metal, nen sequera ao automóbil ou ao téxtil. Ademais é unha actividade que trae aparellados problemas, especialmente na Galiza, polo seu impacto na sociedade e no medio ambiente, o carácter temporal e os baixos salarios dos contratos.

Continue reading

As criptomoedas e o banqueiro anarquista

O valor adquirido polo bitcoin, así como a súa incorporación no mercado de futuros de Chicago (esperase que dentro duns meses tamén o faga no de derivados), colocaron nas últimas semanas nun primeiro plano o debate sobre as criptodivisas. A polémica non é nova, dáse entre especialistas na materia dende que apareceu o bitcoin no ano 2009, e foise agudizando co xurdimento de numerosas criptomoedas nos últimos anos (Ether, Dash, Dogecoin, Facton; máis dun milleiro ao día de hoxe). Algunhas delas con novas funcións, para alén de pretender suplantar o papel moeda nos intercambios, como era o caso do bitcoin.

Continue reading

Demografía e calidade de vida

Coido que paga a pena botar unha ollada ao pasado máis recente, para termos unha perspectiva. Por exemplo, na cuestión demográfica. O mundo superou este ano os 7.500 millóns de habitantes, fronte aos 3.473 millóns de hai medio século. Este acelerado crecemento non é un problema menor, máxime cando o medre se realizou sobre todo nos países cun menor grao de desenvolvemento. A India pasou de 524 millóns de habitantes a 1.240 millóns. Máis que dobrou a poboación! Filipinas que tiña 36 millóns atinxiu os 103 millóns. Fáltalle pouco para triplicar o numero de habitantes! Quenia pasou de 10.209.000 a nada menos que 46.567.000. Multiplicou por catro a poboación!

Continue reading

Lei de iniciativas empresariais

Nova escusa para transferir recursos ao capital

No pasado mes de outubro, o Parlamento Galego aprobou a Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Galiza, cos votos do Partido Popular. A esta polémica lei opuxéronse o resto dos partidos da Cámara. Foi tramitada de urxencia. A razón para axer de xeito tan pouco democrático era xustificada polos medios afíns ao Governo da dereita con este pretexto: a necesidade de nos dotar de medios para competir eficazmente co norte de Portugal. Acusábase o noso veciño de utilizar todo tipo de subvencións ilegais e salarios de dumping, para atraer novos investimentos empresariais en prexuízo de Galiza. Engadían os medios, que a urxencia da aprobación viña dada porque no primeiro trimestre do vindeiro ano, chegaría unha misión chinesa disposta a realizar importantes investimentos, inclinándose entre Galiza ou Portugal en función das “facilidades”.

Continue reading

Cada vez hai menos tempo

Tanto a Xunta de Galiza, como o Governo central destacan os “avances” producidos no ano que deixamos atrás, grazas ás súas políticas: crecemento do PIB, do emprego, e medre do turismo e das exportacións. Desta tendencia participan as distintas nacionalidades do Estado. Mais dun xeito distinto, xa que aumentaron as desigualdades. No caso de Galiza, ademais de seguir reducindo a súa participación no PIB, non se pode obviar que morren case que o dobre de persoas que nacen, co que isto implica como radiografía da situación socio-económica.

Continue reading