democracia

O referendo abriu camiños de futuro

Outubro 6th, 2017  |  Published in| the_category democracia, nacionalismo, soberania

O aspecto máis salientábel do referendo catalán é que o Governo español utilizou a forza para impedir que o povo manifestase a súa opinión, e non o conseguiu. Tamén ten moito valor político, que na súa prepotencia o Estado escenificou con toda claridade que a integración de Catalunya fundaméntase na imposición (así como doutras nacionalidades). Habería que retroceder aos “estados de excepción” de Franco para termos imaxes comparábeis as do referendo. Unhas 900 persoas feridas e mancadas polas cargas da policía española e da garda civil, colexios pechados, urnas e papeletas requisadas, cidadáns ameazados polo poder xudicial (asumindo o papel da dereita centralista). Esa é a imaxe que queda no povo catalán e en todo o mundo do valor da “democracia” de Rajoy, e do Estado español. Por se non abondase, o grupo de choque estaba constituído por 4.000 policías e máis de 800 garda civís traídos de fóra de Catalunya, comportándose como forzas de ocupación.

Read the rest of this entry »

As tres crises

Outubro 5th, 2017  |  Published in| the_category democracia, globalizacion, neoliberalismo, soberania

Existe unha crise económica e social, que se expresa na especulación, na corrupción, na desigualdade entre nacións e entre clases sociais, na precariedade e a pobreza, e na desfeita da natureza. Unha crise que non se pode agochar nen canear co avance tecnolóxico, malia todas as súas virtudes e marabillas.

Read the rest of this entry »

Xudicializar un conflito político

Setembro 28th, 2017  |  Published in| the_category democracia, europa, soberania

O momento actual destaca polos pronunciamentos públicos do poder xudicial advertindo ao pobo catalán que non pode participar no referendo por ser ilegal. Acusacións de sedición pola fiscalía, multas exemplarizantes por parte do Tribunal Constitucional. Mentres o Goberno envía máis de catro mil policías, centos de gardas civís, e efectivos de intelixencia que non se mencionan. Choca que non exista a mesma dilixencia cando se trata da corrupción política e delitos cometidos por grupos empresariais. O Goberno e os partidos do sistema negan que isto sexa un “estado de sitio”, malia a ocupación do espazo público e limitación das liberdades. O uso da forza ten todas as características deste tipo de actuación. Só faltan os tanques nas rúas, pola evidente razón de que non son necesarios.

Read the rest of this entry »

Estado de sitio e o día despois do referendo

Setembro 22nd, 2017  |  Published in| the_category democracia, europa, soberania

O secuestro pola Facenda española das transferencias que lle corresponde realizar para a Generalitat, a imputación de 23 de cargos do Govern e do Parlament, a chamada a declarar a 948 alcaldes e alcaldesas que decidiron facilitar locais municipais para realizar o referendo, a posta a disposición da fiscalía dos mossos, e o envío de numerosos reforzos policiais e da garda civil, parécense máis a un estado de sitio que a un estado de excepción. Máxime cando se lle suma: a persecución de todo acto político, web e medio que emita referencias favorábeis ao referendo, en calquera lugar do Estado español (EE), así como das empresas ou persoas que colaboren dalgún xeito con estes actos democráticos. Non funciona así cando se trata dunha postura contraria. Neste caso, pode ocupar páxinas enteiras nos xornais, como as publicadas en El País esta fin de semana. Na práctica é un verdadeiro estado de sitio, con cobertura civil (como en tantos casos anteriores), onde o único que falta é o exército e os tanques nas rúas. Se cadra, coidan que aínda non os necesitan para impedir o referendo, ou sexa, para evitar que se exerza o dereito democrático do povo catalán a votar, a decidir.

Read the rest of this entry »

Forza ou razón, ese é o dilema

Setembro 14th, 2017  |  Published in| the_category democracia, nacionalismo, soberania

Que a capacidade de decidir o presente e o futuro de cada nacionalidade debe residir naqueles que forman parte dese colectivo, non debería supor dúbida. Responde a un criterio democrático básico. Hai partidos que obvian ou relativizan este dereito. Como os que pretenden converter as conquistas históricas, que cos séculos se transformaron en convivencias de facto, nunha realidade ligada ao progreso da humanidade. Mais na práctica, susténtanse en mecanismos punitivos e xurídicos ao servizo de bloques hexemónicos nacidos do uso da forza.

Read the rest of this entry »

Catalunya: non hai saída administrativa

Setembro 12th, 2017  |  Published in| the_category democracia, nacionalismo, soberania

A virtualidade do debate sobre o referendo catalán é que fotografía cada forza política pra alén do cotiá. Todas ficaron espidas das roupaxes ocasionais, das propostas e dos discursos calculadamente ambiguos que forman parte da táctica electoralista dos partidos sistémicos, que teñen como única meta mellorar a súa representación institucional. Este é un xeito de axer común neste contexto, no que o capital reduciu as diverxencias máis agudas entre a socialdemocracia liberal e a dereita. Daquela que rexeiten calquera proposta ou opinión que implique unha redistribución real do traballo e da riqueza (ou sexa, cambios de tipo social, económico, cultural, democrático, ou do ámbito da soberanía…).

Read the rest of this entry »

Democracia e governabilidade

Xuño 27th, 2017  |  Published in| the_category democracia, política

Analizando os resultados das eleccións francesas resulta evidente que algo funciona mal no sistema electoral. Esta é a única conclusión á que se pode chegar, tendo un mínimo de sentido crítico, cando a representación parlamentar non expresa fielmente a vontade popular. Un feito moi grave, especialmente cando se comproba que a abstención (57,4%) supera os que votaron, e que un partido obtén o 61% da Asemblea Nacional co 16% dos censados. Non se trata dunha eiva sen transcendencia, xa que afectará á povoación de Francia nos vindeiros anos en todos os aspectos da súa vida, e dado a importancia dese país, a todos os países que integran a Unión Europea.

Read the rest of this entry »

Non chega cunha moción de censura

Maio 5th, 2017  |  Published in| the_category democracia, neoliberalismo, sociedade, traballo

A presentación por parte de Unidos-Podemos dunha moción de censura contra o Governo central puxo nerviosos a todos os partidos sistémicos, a comezar polo PP. Este, a través dos medios de comunicación que controla, quixo desviar os tiros sabendo que será un trago amargo para Rajoy. Quere evitar que se deteriore aínda máis a imaxe dos “populares” diante da sociedade, mesmo que non saia adiante a censura. Por esta razón, os moitos opinadores da súa órbita e dirixentes do partido saíron en tropel e están a utilizar como argumento que se trata dunha “OPA” hostil contra o PSOE e Ciudadanos, dando a entender que o PP é unha vítima colateral e circunstancial. Como base para esta hipótese, axúdalles que tanto o PSOE como Ciudadanos desbotaron axiña unha moción de censura, que ademais cualifican como unha teatralización de Pablo Iglesias que ten como única finalidade gañar protagonismo nos medios. Para eles sería abondo cunha comparecencia de Rajoy en comisión parlamentar con esta finalidade.

Read the rest of this entry »

A abstención como síntoma

Xaneiro 27th, 2017  |  Published in| the_category democracia, política, sociedade

É certo que as enquisas perderon moito prestixio despois do seu fracaso nos prognósticos das eleccións nos Estados Unidos e nos referendos no Reino Unido, en Colombia e Italia. Mais non se debería esquecer que marcan tendencias. Algunhas son de grande importancia política. Por exemplo, o medre da abstención no Estado español dende as últimas eleccións, mesmo superando en porcentaxe o transvase de votos entre partidos. Este aumento da abstención podería ser comprensíbel en relación co PP, tan desgastado polos duros axustes que está a realizar na súa xestión da crise, e polos altos índices de corrupción. Tamén se entende a respecto do PSOE, pola súa reforma laboral, a modificación express da Constitución por Zapatero para certificar a submisión aos ditados económicos de Bruxelas, e o golpe contra Pedro Sánchez para garantir a abstención e apoio ao governo de Rajoy. Porén, resulta menos entendíbel no caso de partidos como Podemos e Ciudadanos, que non teñen practicamente xestión de governo e foron quen de recoller non hai tanto tempo os descontentes do PP e do PSOE (e doutras forzas), así como un bocado da abstención, que daquela era menor.

Read the rest of this entry »

As liñas vermellas

Xaneiro 12th, 2017  |  Published in| the_category democracia, neoliberalismo, soberania

Rajoy di que está disposto a falar de todo coa oposición. Mais aclara que o núcleo duro da reforma laboral non se toca. E da cuestión nacional non hai ren a cambiar na Constitución. Esas son as liñas vermellas das clases dominantes, ou cando menos da súa fracción hexemónica. O argumento é que a reforma laboral garantiu o medre da economía e máis a xeración de emprego, esquecendo que este é maiormente precario, que os salarios perderon valor adquisitivo e son máis baixos nos novos contratos. Porén, o medre da economía pouco ten que ver coa reforma laboral.

Read the rest of this entry »

Primarias: o mito e a realidade

Xaneiro 10th, 2017  |  Published in| the_category democracia, política

Desde hai uns anos abriuse o debate sobre as primarias nos partidos, alentado polos novos suxeitos políticos. Estes agromaban por mor do descontente fronte aos partidos que administraban os intereses do capital desde había décadas, alternándose nos governos. Presentouse as primarias como un modelo de democracia, de control sobre as direccións pra que cumpran os programas. Porén, malia que este modelo se estendeu mesmo aos partidos sistémicos, cada un fai unha interpretación propia das primarias e, sobre todo, non parece que só con este mecanismo se podan corrixir as eivas que responden a cuestións de fondo, tanto na caracterización da conxuntura, como da folla de ruta, e nos obxectivos.

Read the rest of this entry »

Sobre contidos e métodos

Novembro 25th, 2016  |  Published in| the_category democracia, globalizacion, soberania, traballo

2009 06 03 folgametal239Se ollamos o sitio web Avantar, o diario dixital da CIG, podemos ver que só na última semana a central nacionalista e de clase estivo presente nas seguintes mobilizacións: en Avigal, en Pontevedra, contra os despedimentos e os atrancos da empresa para a realización de eleccións sindicais; na asociación Cova da Terra, na Mariña de Lugo, contra a modificación das relacións laborais; en Segur Iberica por débeda de salarios; nos supermercados Froiz e e na empresa de telemarketing Atento, por modificacións das condicións laborais; en Extel contra o ERE de extinción de contrato dunha parte do cadro de persoal, (estas 3 últimas mobilización, na comarca da Coruña). En Vigo, a CIG participou nunha manifestación para esixir o indulto de Carlos e Serafín condenados por participar nun piquete informativo na folga de 2008.

Read the rest of this entry »

Iglesias retrata Podemos no futuro governo

Xuño 24th, 2016  |  Published in| the_category democracia, política, soberania

reunion-iglesias-y-garzonTodas as enquisas reflicten que o 26-X non vai traer cambios significativos nos resultados electorais, a non ser a modificación que colocaría Unidos-Podemos en segunda posición, que todas as enquisas prognostican. Un cambio cuantitativo que é consecuencia da suma dos votos de IU a Podemos e do sistema electoral vixente. Porén, non é esta a única mudanza significativa, nen a máis transcendental dende o punto de vista do papel que pode xogar esta forza no futuro. Ten moito maior releve que Pablo Iglesias, e outros referentes do partido do círculo morado, coa evidente intención de atraer un electorado máis moderado, disputándolle o espazo ao PSOE, poñan como exemplo o Governo de Zapatero, convertan o comunismo nunha reliquia, rexeiten ser unha forza anti-sistémica, e deixen o dereito a decidir nun segundo plano.

Read the rest of this entry »

O voto é un dereito con obrigas

Xuño 21st, 2016  |  Published in| the_category democracia, política

votar_eleccionesEn campaña electoral volve o debate sobre o voto dos residentes no exterior. Dálle pulo que moitos mozos/as que emigraron por mor da crise, especialmente a países da Unión Europea, consideran a súa ausencia transitoria. Hai na Galiza 2.695.748 persoas con dereito a voto o 26-X, das cales 443.677 viven fóra do Estado español (un 16,44%). Na provincia de Ourense, atinxe o 27%. Polo tanto, todo o que se decida sobre os requisitos do voto dos residentes no exterior pode ter unha gran incidencia nos resultados electorais. Non se trata dunha cuestión secundaria, nin de criterios que se podan tomar á lixeira, porque afectan un dereito democrático básico.

Read the rest of this entry »