cultura/lingua

A man na gorxa da RAG

Abril 26th, 2012  |  Published in| the_category cultura/lingua, país

Que nos orzamentos do Estado se rebaixe nun 62% a subvención á Real Academia Galega (RAG) semella unha actitude represiva, dado o simbolismo que ten o organismo e que se trata dunha contía que non ten ningún peso no déficit fiscal. Polo tanto, foi unha decisión política, que reflicte máis unha vez que á dereita resúltalle difícil convivir coa sempre latexante pluralidade nacional, e que está disposta a baleirar totalmente de contido o xa fraco Estado das Autonomías. Trátase, e cómpre denuncialo, dunha afrenta a todos os galegos e galegas, da demostración papábel de que hai un trato discriminatorio co noso país.
Read the rest of this entry »

A cultura é básica pra democracia

Decembro 6th, 2011  |  Published in| the_category cultura/lingua, Historia

A formación e a cultura en xeral son o principal activo dun povo. Todo investimento que se faga no ensino, na difusión da cultura no máis amplo senso do termo, da historia, do coñecemento tecnolóxico e profesional, sempre ten consecuencias sobre a calidade de vida, tamén na  produción de bens e servizos comercializados (e pra alén dela). Ademais, non podemos ignoralo, sen amplos coñecementos, a democracia empobrécese e medra o oportunismo e o clientelismo, as votacións convértense nunha formalidade. Por iso ten tanta importancia democrática que a formación sexa completa, que non se pretenda só cualificar seres humáns pra unha ou varias profesións como se foran robots sen axer político e social.
Read the rest of this entry »

Lingua galega, nova realidade

Maio 17th, 2011  |  Published in| the_category cultura/lingua

Este ano a celebración do Día das Letras Galegas céntrase na figura de Lois Pereiro, un poeta  definido polo presidente da Real Academia Galega, Xosé Lois Méndez Ferrín, como un “patriota galego herdeiro da tradición do independentista Manuel Antonio, porén ligado ao mesmo tempo ás vangardas literarias centroeuropeas”. Sen dúbida é unha homenaxe merecida, como a inmensa maioría das que se fixeron desde 1963. A RAG decidiu homenaxear nesa data todas aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola defensa da lingua nacional de Galiza. A data non é casual xa que coincide coa da publicación na Habana de Cantares Gallegos, en 1863, que se considera o inicio do rexurdimento cultural do idioma galego.
Read the rest of this entry »

Votacións sindicais con leitura política

Decembro 13th, 2010  |  Published in| the_category cultura/lingua, mov.obreiro

Os moi bos resultados da CIG-Ensino, cun aumento significativo da porcentaxe e número de delegados e delegadas nas eleccións sindicais do ensino público non universitario, fortalecen as posturas deste sindicato que aposta por un “ensino público galego, democrático, laico e co-educativo”. Porén ademais, non se pode ignorar, que desde a Consellería (e a Xunta) apostouse forte contra a CIG-Ensino, mesmo facendo declaracións públicas, polo que o resultado hai que entendelo como un voto de castigo contra as políticas desenvolvidas polo Goberno de dereita de Núñez Feijóo no sector.
Read the rest of this entry »

Debatendo máis que de lingua

Decembro 6th, 2010  |  Published in| the_category cultura/lingua, política

Non coido que o debate iniciado desde algúns sectores do galeguismo encol do bilingüismo en Galiza sexa unha decisión espontánea nen que se limite só a este tema. Resulta evidente que o  que se pretende discutir non é o feito de que unha boa parte do país fala en castelán, nen que esta tendencia medra, senón a caracterización como lingua propia dos galegos e galegas ou non. En poucas palabras, se foi imposta ou adoptada por nós libremente (cuestionando o carácter colonial, dependente). Sen remontarnos á “doma e castración do Reino de Galiza”, ou á negra sombra do franquismo, mesmo hoxe o castelán conta con todos os privilexios do idioma arroupado polo Estado, os grandes grupos económicos e de información, a igrexa, etc, nun contexto de dependencia política, económica e cultural de Galiza.
Read the rest of this entry »

Retornando ao franquismo

Setembro 6th, 2010  |  Published in| the_category comunicación, cultura/lingua

O periódico A Nosa Terra ten pasado ao longo da súa historia de 103 anos por varias etapas. Non hai dúbidas de que durante os últimos 33 anos nas súas páxinas reflectíronse os anceios daquelas persoas e organizacións que defenden os signos da identidade nacional de Galiza. E isto ten un mérito e unha funcionalidade social que se lle debe recoñecer. Aínda que algúns non compartiramos a evolución máis recente, deica un nacionalismo morno e unha abertura das páxinas a sectores dos partidos estatais achegados ao autonomismo e o rexionalismo, xa que desdebuxa unha cabeceira tan ligada historicamente ao nacionalismo. Este é un papel que coido deben cumprir outros medios.
Read the rest of this entry »

Efecto contaxio

Agosto 20th, 2010  |  Published in| the_category comunicación, cultura/lingua, natureza, sociedade

Seica o Conselleiro de Medio Rural non informa dos lumes para evitar o efecto contaxio, coidando que deste xeito vai rebaixar o número de incendios intencionados. Esta decisión non semella ter moito sentido, porque os que queiman o monte intencionadamente, ben sexa por razóns económicas ou vinganzas persoais, non procuran publicidade. Agora ben, esta decisión ten máis lóxica se o que se pretende é reducir as criticas da oposición política, e das asociacións de veciños e montes, a respecto do desenvolvemento da campaña institucional contra os lumes. Realmente o que se consegue con esta medida é que os posíbeis afectados só teñan conciencia do perigo cando teñen o lume á beira dos seus lares. Sen dúbida unha decisión irresponsábel que pode resultar nalgúns casos fatal, máxime se como denuncian algúns concellos a asociacións este ano se lle adicaron menores recursos a loita contra o lume, malia a forte seca e exemplos tan preocupantes como os de Rusia e o norte de Portugal.
Read the rest of this entry »

Respostas sen argumentos

Agosto 16th, 2010  |  Published in| the_category cultura/lingua, política

A admisión a trámite por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, do recurso realizado pola Mesa de Normalización Lingüística contra o decreto de “plurilinguismo”, non foi ben aceptado polos manda máis na Xunta. Para alén de por boa cara e saír do paso o mellor posíbel, albiscase que a procesión vai por dentro. Non é para menos, especialmente cando este pau súmase ao rexeitamento e mobilizacións masivas da poboación, e a oposición das institucións directamente relacionadas co tema, como poden ser as ANPAs, os ensinantes e mesmo a Real Academia Galega.
Read the rest of this entry »

A lingua da maioría dos galegos

Maio 17th, 2010  |  Published in| the_category cultura/lingua

Máis unha vez conmemórase o Día das Letras Galegas cun claro carácter reivindicativo, de defensa dos signos de identidade nacional de Galiza. Son moitas as ameazas que afogan a normal utilización da nosa lingua, o desenvolvemento da cultura propia, a protección do patrimonio e mesmo o coñecemento da historia do país. A dependencia secular segue vixente, malia o feito positivo da autonomía, porque as competencias non son exclusivas nen as necesarias e, asemade, porque hai aspectos sociais e económicos que inciden negativamente, como: a globalización neoliberal, os avanzos comunicacionais, a perda de control sobre sectores chaves da economía e a desfeita do mundo rural.
Read the rest of this entry »

Galego, lingua maioritaria

Maio 13th, 2010  |  Published in| the_category cultura/lingua

O vindeiro 17 de Maio celebrarase o Día das Letras Galegas cun claro signo reivindicativo, xa que son moitas as ameazas que afogan a normal utilización da nosa lingua, o desenvolvemento da cultura, a protección do patrimonio e o coñecemento da historia do país. A dependencia secular segue vixente por mor da globalización neoliberal, os avanzos comunicacionais, e a perda de control sobre sectores chaves da economía; aínda que gañaramos cotas de soberanía formal nas últimas décadas.
Read the rest of this entry »

Lingua e ideoloxía dominante

Abril 25th, 2010  |  Published in| the_category cultura/lingua

Non hai dúbidas de que a cultura dominante no mundo, e en cada país, é a das clases hexemónicas neses respectivos ámbitos, entón ¿por que non se ía impoñer tamén este criterio a respecto da lingua?. A esta altura non existe razón ningunha para que o noso país se teña que excluír desta análise, xa que non existen, como no pasado, grandes áreas marxinadas das regras de xogo capitalistas. A adicación dunha parte considerábel da poboación á agricultura de subsistencia é unha fotografía do pasado, que ademais os medios de comunicación de masas axudaron a borrar do imaxinario colectivo, malia que aínda teña vixencia en moitas aldeas e sexa parte da identidade da maioría da xente do país.
Read the rest of this entry »

Lingua e movementos demográficos

Abril 23rd, 2010  |  Published in| the_category cultura/lingua

Os galego falantes aínda somos maioría no país (isto ten un enorme valor pra que non andemos polo vida como se foramos unha comunidade dunha reserva), porén hai un descenso acusado da xente que usa a lingua propia do país, especialmente nas cidades. Non pode ser doutro xeito a cultura dominante é a das clases hexemónicas, non acontece isto só cando unha franxa importante da sociedade está marxinada, como durante séculos de dependencia sucedeu coa Galiza rural, porén as relacións capitalistas hoxe abrángueno todo. A globalización neoliberal está presente mesmo na aldea máis remota, nas relacións de produción e tamén como filosofía de vida que se impoñen a través dos meios de información, do ensino, dos grupos de poder. Só cun grande grao de soberanía e cunha sociedade moi organizada e mobilizada pódese frear está tendencia dominante.
Read the rest of this entry »

Colonia non seremos…

Abril 1st, 2010  |  Published in| the_category cultura/lingua, sociedade

Non foi unha casualidade ou simplismo que Antolín Faraldo en 1846 definira a nosa nación como unha colonia da Corte Española no periódico “Revolución”, voceiro da Xunta Superior de Galiza. Máis recentemente o “movemento nacional popular galego” caracterizou deste xeito ao país ao analizar a relación de dependencia con España, dándolle un maior contido ao que o galeguismo denominou tradicionalmente centralismo. Esta caracterización puxo en primeiro plano político dúas tarefas fundamentais: o problema da soberanía e a cuestión de  clase.
Read the rest of this entry »

Acomplexados por sermos libres

Xaneiro 28th, 2010  |  Published in| the_category cultura/lingua

Vexamos. Segundo Roberto Varela a nosa é unha cultura acomplexada ¿recoñece deste xeito séculos de colonización do noso país, despois dun período de conquista, con consecuencias catastróficas para lingua, cultura e desenvolvemento nacional de Galiza?… Con anterioridade xa afirmara que a cultura galega limita, polo que prefire aquela que só está feita en Galiza ¿será porque non se fai en castelán, a lingua imposta que nos “permitiría abrirnos ao exterior”, e que el emprega a cotío, ou en inglés?… O certo é cun conselleiro de cultura non pode afirmar isto e seguir no seu cargo como se non pasara ren. É unha ofensa a todos e cada un dos nacidos en Galiza, sexan ou non galeguistas.
Read the rest of this entry »

Falso equilibrio

Xaneiro 10th, 2010  |  Published in| the_category cultura/lingua, sociedade

2006 05 17 dia das letras lingua manifestacion compostela 033Falar de trato igualitario no ensino co novo decreto de multilingüismo, ademais de ser falso, xa que o castelán vai absorber unha parte das horas de inglés (durante anos), non ten en consideración que os mestres e profesores utilizan maioritariamente o español, un feito a corrixir. Ademais, non se pode ignorar as dificultades de aplicar o decreto e que as dúas linguas compiten por un mesmo espazo en condicións históricas desiguais.
Read the rest of this entry »