cultura/lingua

Foi un éxito a manifestación do 17 de maio? Debullemos

Maio 26th, 2017  |  Published in| the_category cultura/lingua, soberania

A manifestación a prol da lingua galega convocada por Queremos Galego, ateigou este 17 de maio a Praza da Quintana en Compostela. Pódese considerar unha das marchas que acadou maior asistencia das realizadas ate o momento. Serían 25.000 persoas como afirman as organizacións convocantes? Pode que non tantos. Mais non foron moitos menos. En calquera caso, é unha cifra máis axeitada, por achegada á realidade, que a ambigüidade da palabra milleiros que dan moitos medios, que queren sementar no imaxinario colectivo máis a cifra de dous mil que de vinte mil. Non se trata dunha valoración neutra, sabedores de que neste contexto triunfa a hipótese máis conservadora.

Read the rest of this entry »

Un 17 de Maio que remexa conciencias

Maio 17th, 2017  |  Published in| the_category cultura/lingua, nacionalismo, soberania

O vindeiro 17 de maio, Días das Letras Galegas, está adicado este ano ao escritor Carlos Casares, nado en Ourense. O seu primeiro libro é do ano 1967: Vento Ferido. Merqueino na Arxentina pouco despois ao representante de Galaxia, o irmandiño Manuel Pedreira. Ademais de aproveitar esta data pra lembrar este autor e a súa obra, ten un interese central e urxente poñer en primeiro plano, tanto a defensa da lingua galega, como levar adiante medidas que garantan o papel que lle corresponde como idioma propio do país. E neste aspecto, non abonda con que se ensine no sistema educativo, e se permita falalo con normalidade, despois de tanta historia de represión, mesmo nunha etapa non tan lonxincua coma a da ditadura franquista. Con isto non chega, despois de tantos séculos de represión. Un trato igualitario non suprime as desvantaxes e feridas acumuladas.

Read the rest of this entry »

En política hai sumas que restan

Maio 27th, 2016  |  Published in| the_category comunicación, cultura/lingua, economía, nacionalismo, política

1980 07 25 dia da patria bnpg psg0537Hai quen fai sumas aritméticas sobre a incidencia política, considerando exclusivamente o cúmulo de siglas, ou de sectores afectados por cuestións moi diversas. Mais logo, a maior parte das veces, os resultados en organización, mobilización e votos, fican moi por debaixo das expectativas. Cando se trata da unidade de partidos, os motivos poden ser máis evidentes. Por exemplo, porque se pode diluír ou modificar a liña política, afastándose de parte ou da maioría do celeiro de simpatizantes e votantes, ou porque o conflito interno atranca tarefas e iniciativa. Mais, nalgunhas forzas con incidencia social e política os cativos resultados ou o retroceso pódense deber esencialmente a outras razóns, máis ligadas a non ter en consideración como se forma a conciencia.

Read the rest of this entry »

As Irmandades, un pulo cualitativo da conciencia nacional

Febreiro 17th, 2016  |  Published in| the_category cultura/lingua, Historia, nacionalismo, soberania

1917 05 20 -ant-19- p01- irmandades da fala2Durante os meus anos de militancia na Irmandade Galega de Bos Aires (1967-1972), da que fun secretario, tirei a conclusión de que, cando Castelao propuxo disolver a agrupación do Partido Galeguista naquela cidade e constituír unha organización que reunise todo o galeguismo, estaba a recrear as Irmandades da Fala. Contribuíu a isto que na capital Arxentina existise unha corrente de esquerda e independentista moi activa, que en gran medida proviña da Sociedade Nazonalista Pondal. Tamén comunistas e anarquistas que militaban no sindicalismo arxentino e se sentían galegos de nación, e cos que había que contar para disputarlle ao PSOE e ao PCE a hexemonía na colectividade. Esta Irmandade tería axiña réplica noutras cidades de América Latina. Sen dúbida foi unha decisión acertada, que lle deu arroupe político ao Consello da Galiza como goberno galego no exilio, e fortaleceu e achegoulle ideoloxía á colectividade.

Read the rest of this entry »

Galeano e Galiza

Abril 19th, 2015  |  Published in| the_category américa latina, cultura/lingua, Internacional

eduardogaleano1Deste xeito titulara un artigo sobre o Terceiro Foro Social Mundial (FSM) en Porto Alegre, Brasil, no ano 2003. Coido que ten interese lembrar aquel momento, porque liga o noso país cun dos escritores xeniais, e ao mesmo tempo máis lúcidos e comprometidos na loita contra a opresión dos povos e a explotación da clase traballadora, o uruguaio Eduardo Galeano. Poeta sensíbel, achegado aos sentimentos da xente, persoa comprometida co cambio, e observador crítico da historia como se reflectiu na súa obra “ As veas abertas de América Latina”.

Read the rest of this entry »

Lingua, identidade e progreso

Febreiro 19th, 2015  |  Published in| the_category cultura/lingua, nacionalismo, soberania

2003 05 15-compostela-pontevedra-combarro-nigran 262A manifestación convocada a prol da lingua por Queremos Galego, o pasado 8 de febreiro en Compostela, foi un éxito de convocatoria, ao acudir máis de 20.000 persoas. Foino, malia que moitos medios non actuaron con toda a obxectividade que deberían, máxime nun tema de tanta transcendencia para os galegos e galegas, falen ou non acotío a lingua do país, porque é un dos aspectos máis importantes de nosa identidade colectiva, da nosa construción histórica. Esta mobilización, foi un chamado de atención ao Governo da Xunta que deu pasos atrás na normalización da lingua co decreto de plurilingüismo, rachando o pacto en vigor de todas as forzas. Por se non abondase, coa escusa da crise foi eliminando ademais o apoio ao uso da lingua galega, de xeito tal que hoxe adica sete veces menos recursos que o Goberno vasco á súa, por poñer un exemplo.

Read the rest of this entry »

Lingua e igualdade

Xaneiro 29th, 2015  |  Published in| the_category cultura/lingua, soberania, sociedade

08-05-19 Letras Galegas 034Para o vindeiro 8 de febreiro está convocada unha manifestación en Compostela a prol da lingua galega. Sen dúbida ningunha, está máis que xustificada, tendo en consideración a desigualdade de trato que se lle dá aos galego-falantes en relación aos que utilizan o castelán, e mesmo o inglés. Cando se valora a situación do noso idioma non se pode obviar que foi perseguido e discriminado durante séculos, e que se fixo dende o poder un esforzo especial para unir no imaxinario colectivo a lingua galega co atraso e un atranco para o ascenso social. E malia que se afirme, que tanto a lingua propia como o castelán teñen idénticas oportunidades, na práctica cotiá, os medios, as empresas, a igrexa e todos os aspectos da vida pública impoñen o idioma da meseta. Nas institucións o seu emprego do galego é ritual. Faise así realidade que a cultura dominante é a da clases hexemónicas, malia que estas sexan unha minoría.

Read the rest of this entry »

Lingua, presente e futuro

Maio 15th, 2014  |  Published in| the_category cultura/lingua

 

Máis un 17 de maio cun carácter reivindicativo, de defensa dos signos de identidade nacional de Galiza. Son moitas as ameazas que afogan a utilización da nosa lingua, o desenvolvemento da cultura propia, a protección do patrimonio e mesmo o coñecemento da historia do país. A dependencia secular segue vixente, malia o feito positivo da autonomía, porque as competencias non son exclusivas nen as suficientes e, asemade, sumáronse novos aspectos  a termos en consideración, como: a globalización neoliberal, os avances comunicacionais, a perda de control sobre sectores chaves da economía, a desfeita do mundo rural, así como importante entrada de inmigrantes e a saída masiva de mozos e mozas galegos.
Read the rest of this entry »

A lingua que nos dá identidade

Maio 12th, 2014  |  Published in| the_category cultura/lingua, soberania

Non coincido con aquelas persoas que fan unha análise dramática da situación da lingua galega sen diferenciar o papel antagónico que neste aspecto teñen, por unha banda, os poderes fácticos, e pola outra, as clases populares. É un feito que o galego está en inferioridade de condicións, e  que por cada caso que se poda dar de discriminación dos castelán falantes hai centos que se producen contra os que utilizan o galego; a maioría como se fose algo normal. Ficamos nun contexto que impón o castelán nas empresas, nas relacións comerciais, no ámbito relixioso, xudicial e educativo, así como na maioría dos medios de información e na cultura de masas.
Read the rest of this entry »

Hexemonía e loita polo poder

Agosto 1st, 2013  |  Published in| the_category comunicación, cultura/lingua, política

Unha acertada caracterización da sociedade, marcarse uns obxectivos claros, analizar se hai máis dunha etapa, ter uns métodos de traballo axeitados para cada unha delas, e unha política de alianzas apropiada, son fundamentais para que os proxectos de liberación nacional e social avancen e terminen en éxito. Agora ben, para desenvolver correctamente estas tarefas políticas é fundamental o traballo colectivo, o partido. Mais, sendo toda organización unha suma de contribucións individuais, teñen moita transcendencia: a experiencia práctica, a comprensión dos sentimentos e estado de ánimo do pobo e a preocupación por aprender doutros procesos semellantes e das reflexións máis sobranceiras que deles se fixo.
Read the rest of this entry »

O elitismo volve ás universidades

Xullo 6th, 2013  |  Published in| the_category cultura/lingua, neoliberalismo

Hai polémicas que non son novas, nen exclusivas dun Estado, como a de cal debe ser a peneira de acceso á Universidade e se debe existir. A pretensión do ministro Wert (co alento do seu partido, xa que ninguén se suicida tomando iniciativas deste tipo sen contar con apoios) de dificultar o estudo superior daqueles estudantes das clases populares que non teñan notas excelentes, revive no Estado español esta polémica. O que chama a atención é que se esquece que os cursos pos-grao, e os centros de estudo privados, hai tempo que xa fixeron unha peneira clasista, restándolle moito valor aos títulos universitarios. Se temos en consideración esta nova realidade, a proposta der Wert no relativo ás becas é aínda máis agresiva, máxime nesta conxuntura de queda dos ingresos e prestacións, e de aumento do desemprego.
Read the rest of this entry »

Alonso Montero e os atrancos da lingua

Maio 22nd, 2013  |  Published in| the_category cultura/lingua, nacionalismo

O ataque ao nacionalismo galego sempre dá grandes titulares, ben proveña de organizacións de ámbito estatal, como da crítica interna cando é agresiva e destaca polo espectáculo. Nunca tivo a mesma repercusión mediática o papel do nacionalismo na defensa da identidade, da economía, da democracia e das clases populares. Por algo será?… Sempre houbo, dentro e fóra do nacionalismo, persoas que pensaron que este tratamento, reflexo das clases dominantes, podíase mudar evitando a confrontación.
Read the rest of this entry »

O primeiro presidente de Portugal e Galiza

Abril 11th, 2013  |  Published in| the_category cultura/lingua, nacionalismo, soberania

Resulta difícil de explicar que a Academia Galega (RAG) fixera até agora tan pouco por divulgar, como solicitaba a Mesa Pola Normalización Lingüística no ano 2004, a figuras tan egrexias como son Rodrigues Lapa, Teófilo Braga e Leite Vasconcellos. Todos eles portugueses, e os dous últimos fundadores da RAG. Ambos os tres alentaron estreitar as relacións entre os dous pobos irmáns. Sen dúbida é un dos temas pendentes desta institución, así como contar cunha maior presenza de mulleres.
Read the rest of this entry »

Feijóo muda de táctica

Xaneiro 16th, 2013  |  Published in| the_category cultura/lingua, economía, política

Non tería que chamar a atención que o Presidente da Galiza dirixa o discurso de fin de ano dende a casa da máis grande poeta do país, Rosalía de Castro, e que noutras ocasións mencione o pensamento político do senlleiro patriota Daniel R. Castelao. Porén neste caso manca, porque se utiliza por parte de quen alenta acotío todo o contrario do que defenderon estas egrexias personalidades. Lembremos, que despois dálle prioridade ao castelán en detrimento do galego no ensino e rebaixa ao mínimo as achegas á difusión da lingua propia. Agora, en momentos simbólicos, arroupase co disfrace de Asterix e pretende ser un máis na defensa de Armórica. En resumo, semella que todo vale para gañar complicidade social. Mesmo reinterpreta o pensamento político de Castelao, esquecendo a súa postura irredutíbel a prol da lingua e cultura de Galiza e da recuperación da soberanía.
Read the rest of this entry »

Wert, un touro bravo

Decembro 13th, 2012  |  Published in| the_category cultura/lingua, neoliberalismo, publico, sociedade

O ministro de educación de Rajoy di que se considera como un touro bravo, que medra fronte á oposición. Coido que el entende isto como un signo de valentía, mais calquera se sente forte cando está do lado das clases dominantes. Ollando a súa biografía destaca que en 1986 foi elixido como deputado por Alianza Popular pola Coruña, malia nacer en Madrid e non ter ningún vencello real con Galiza, o que amosa até que punto fai falla unha reforma que ligue os cargos co lugar polo que son electos, mais tamén reflicte como as eleccións e cargos non sempre responden a criterios de defensa dos intereses da poboación afectada. José Ignacio Wert, para alén das súas declaracións prepotentes, chamativas nun ministro de educación, é sobre todo noticia dende que exerce o cargo polo seu ataque sistemático contra a educación pública e laica, e as nacionalidades periféricas, ou sexa: é representante dun xeito de neofranquismo serodio.
Read the rest of this entry »