Categorycomunicación

Un novo período político

martiño ferreiro galizaOs resultados electorais das municipais na Galiza recompuxeron o panorama partidario cunha viraxe á esquerda, colocando o PP diante dun escenario complicado para as xerais de finais de ano e as futuras autonómicas na Galiza. Isto é unha boa noticia, tendo en consideración os duros axustes laborais e sociais que fixo este partido, e o seu desleixo, mesmo agresión, con todo aquilo que nos identifica como nación. A emerxencia das mareas nas cidades e algunhas vilas amosa que ese xiro sitúase á esquerda do PSOE. As mareas tamén teñen retos por diante, xa que se trata de forzas moi complexas no ideolóxico, que poderían diverxer sobre como enfrontar as eleccións xerais, reproducindo en pouco tempo o fraccionamento que se deu en AGE.

Continue reading

Os medios e as eleccións

insercionsocial_propuestas-solidarias-en-elecciones-europeasA todos os partidos preocúpalles a incidencia que podan ter os medios sobre o proceso electoral, alentando o ascenso duns e dando folgos ao devecer doutros. Mais, sendo evidente que os medios teñen ás veces un peso excesivo na formación da conciencia política e do estado de ánimo da poboación, tamén é certo que se debe en boa medida a que os partidos abandonaron as tarefas de formación da militancia, e de debate coa sociedade dos obxectivos e da folla de ruta que propoñen. Hai décadas que se impuxo o discurso ambiguo, as ideas simplistas e suplir con actos efectistas o traballo constante e metódico. E este xeito de axer, a esta altura, está asumido por todos os partidos tanto sexan de esquerda como de dereita, nacionalistas ou españolistas; iso si, en distinta medida.

Continue reading

Seica carecer de experiencia é unha virtude

pablo-iglesias-albert-rivera-horizontal-1Resulta evidente que a aparición de novas forzas políticas, mesmo que teñan moito de mediático, foi quen de remexer o panorama, e de conseguir unha viraxe a esquerda da tendencia eleitoral. Isto, e que unha boa parte dos votantes non se podan dar por definitivamente gañados, senón que mantelos dependa da iniciativa cotiá, son aspectos positivos, xa que dinamizan o debate no eido das ideas. Mais estas novas forzas, aínda que se gaben de estar á marxe da corrupción, dado que acaban de nacer, tamén trouxeron nas súas alforxas moitas das características das chamadas clases medias, do que antes se denominaba a pequena burguesía.

Continue reading

Matar o mensaxeiro

congreso españaO debate do “estado da nación”, a española, non deu moito de si, cun Governo amurallado na mellora dalgúns datos macro-económicos e prometendo tres millóns de empregos máis se repite na próxima lexislatura (como xa fixo e non cumpriu na anterior campaña, garantindo 3,5 millóns). Na outra banda, a oposición criticando as eivas da xestión e, especialmente, a situación dramática na que se atopan millóns de familias, por mor dunhas políticas feitas á medida do capital, e unha corrupción que atinxe sectores moi amplos dos partidos sistémicos e do mundo empresarial.

Continue reading

A disputa do nacionalismo tamén está na mobilización

2010 05 01 vigo manifestacion P1170646Todo indica que as eleccións gregas, co triunfo de Syriza, e o xurdimento de Podemos no Estado español déronlle a iniciativa á unha nova socialdemocracia. Con todo o que isto ten de positivo e de negativo, tanto para o sector dominante das clases hexemónicas como para as reclamacións das clases populares e das nacións asoballadas. Para o nacionalismo galego actual, con medio século de loita nas súas costas, como confrontar esta situación non é un tema menor, porque esta alternativa política converteuse nunha competencia nun segmento importante da base social histórica ou daquela que tería que gañar co alargamento da súa influencia no futuro. Ademais, coa mobilización do 31-X, Podemos deixou de ser só un discurso para tamén disputar o Governo na rúa, sumando alén de internet a unha boa parte da súa base na práctica á construción do que denominan o “cambio”.

Continue reading

Anova e Podemos: democracia e abertura?

podemos11Os procesos de debate e electorais partidarios, e a práctica política, tanto de Anova como de Podemos, están a ser tremendamente clarificadores a respecto da dimensión real da calidade da participación dos afiliados/as e da democracia interna. Non é unha cuestión menor, xa que ambos os dous utilizan este tema como a primeira das bandeira de enganche. Consideran que isto é o que máis os distingue dos partidos existentes, mesmo daqueles que, como o BNG, son asemblearios dende a súa fundación, hai máis de tres décadas. Non vou analizar neste caso os obxectivos e a estratexia de ambas as forzas; téñoo feito en varios artigos anteriores. Quérome centrar nesta ocasión na democracia interna e na abertura cara a sociedade, xa que considero que reflicte o xeito de axer destas novas forzas de esquerda.

Continue reading

As incertezas dos cambios electorais

imagesSempre fun partidario dun maior debate político, esencial para mudar estruturas anquilosadas que preservan intereses económicos, sociais e de poder, que hipotecan o futuro da maioría. Polo tanto considero positiva a viraxe á esquerda nas últimas eleccións europeas, mesmo que considere esencial para o pobo galego que o nacionalismo recupere o seu peso electoral e sexa quen de se converter en forza hexemónica.

Continue reading