comunicación

Que foi dos “cascos brancos” de Alepo?

Xaneiro 17th, 2017  |  Published in| the_category comunicación, globalizacion, Internacional, militarismo

A propaganda foi fundamental en todos os momentos da historia da humanidade. Tanto pra vender un produto ou servizo, como pra consolidar estruturas de poder ou dar alento a un proceso revolucionario. Cada vez é menos doado distinguir entre propaganda e información, entre unha representación figurada e a realidade. Nas últimas décadas tivemos exemplos escandalosos da utilización do poder mediático pra condicionar a opinión publica mundial, pra mudar a correlación de forzas e o futuro da humanidade.

Read the rest of this entry »

A confrontación trasládase ás redes

Decembro 27th, 2016  |  Published in| the_category comunicación, globalizacion, Internacional

Ate agora, a confrontación entre potencias dérase fundamentalmente no eido económico, militar e da información. Neste último aspecto fíxose cotiá a análise nesgada, así como a teatralización da noticia, pra falsificar a información. Especialmente cando se trata de conflitos bélicos, por exemplo os de Libia, Ucraína, Siria. Súmase a esta terxiversación a intromisión na vida das persoas e o desprezo pola soberanías nacionais. Existe software que permite acceder, sen consentimento nin coñecemento das persoas, aos seus correos electrónicos e chamadas de telefonía. Esta práctica afecta tanto a governantes considerados belixerantes polos Estados Unidos, como tamén a aliados desta potencia hexemónica. A espionaxe abrangue ademais o eido militar e industrial, en beneficio de Washington, que deste xeito está en condicións de vantaxe, e pode aforrar en investigación.

Read the rest of this entry »

En política hai sumas que restan

Maio 27th, 2016  |  Published in| the_category comunicación, cultura/lingua, economía, nacionalismo, política

1980 07 25 dia da patria bnpg psg0537Hai quen fai sumas aritméticas sobre a incidencia política, considerando exclusivamente o cúmulo de siglas, ou de sectores afectados por cuestións moi diversas. Mais logo, a maior parte das veces, os resultados en organización, mobilización e votos, fican moi por debaixo das expectativas. Cando se trata da unidade de partidos, os motivos poden ser máis evidentes. Por exemplo, porque se pode diluír ou modificar a liña política, afastándose de parte ou da maioría do celeiro de simpatizantes e votantes, ou porque o conflito interno atranca tarefas e iniciativa. Mais, nalgunhas forzas con incidencia social e política os cativos resultados ou o retroceso pódense deber esencialmente a outras razóns, máis ligadas a non ter en consideración como se forma a conciencia.

Read the rest of this entry »

Unha conxuntura política determinante

Maio 24th, 2016  |  Published in| the_category comunicación, política, sociedade

CartazParemosPP.grandeA repetición das eleccións xerais reflicte a complexidade do momento. Sen dúbida o PSOE será chave pra formar governo. Mais está diante dun dilema que non sabe como resolver, se realizando unha alianza con Podemos e confluencias, recobrando os obxectivos orixinais, ou botándose nas mans da dereita, coa que coincide na defensa do sistema. As dúas vías teñen apoios importantes, e calquera que resulte triunfante alenta a fenda interna, e pode que a súa liquidación como forza relevante. Sería a consecuencia de décadas de deriva ideolóxica pra garantir fundamentalmente o acceso ao governo.

Read the rest of this entry »

As eleccións xerais: tormenta ou orballo

Novembro 27th, 2015  |  Published in| the_category comunicación, neoliberalismo, política, soberania

EleccionesEstas eleccións xerais son unhas das máis esperadas nas últimas décadas. En boa medida, grazas ao discurso instalado por Podemos sobre un novo proceso constituínte, e ao alento dalgúns medios (agora ao servizo de Ciudadanos), para que o panorama político real mudase o menos posíbel. Sen dúbida sería unha boa nova que perdese a dereita, xa que isto debería implicar políticas menos agresivas cara a maioría social e as nacionalidades oprimidas. Mais o rápido avance do partido de Albert Rivera, que debuxan as enquisas, podería significar un reforzamento do españolismo e do neoliberalismo. Iso si, tendo como referencia a xente moza cun sorriso nos beizos, vestimenta coidada, e figura estilizada. Polo tanto, a esta altura ren nos fai pensar que se dará unha mudanza significativa na correlación de forzas, daquela sería absurdo dar por seguro que se van producir cambios transcendentais na lexislatura.

Read the rest of this entry »

Un novo período político

Maio 28th, 2015  |  Published in| the_category comunicación, política

martiño ferreiro galizaOs resultados electorais das municipais na Galiza recompuxeron o panorama partidario cunha viraxe á esquerda, colocando o PP diante dun escenario complicado para as xerais de finais de ano e as futuras autonómicas na Galiza. Isto é unha boa noticia, tendo en consideración os duros axustes laborais e sociais que fixo este partido, e o seu desleixo, mesmo agresión, con todo aquilo que nos identifica como nación. A emerxencia das mareas nas cidades e algunhas vilas amosa que ese xiro sitúase á esquerda do PSOE. As mareas tamén teñen retos por diante, xa que se trata de forzas moi complexas no ideolóxico, que poderían diverxer sobre como enfrontar as eleccións xerais, reproducindo en pouco tempo o fraccionamento que se deu en AGE.

Read the rest of this entry »

Os medios e as eleccións

Maio 21st, 2015  |  Published in| the_category comunicación, política

insercionsocial_propuestas-solidarias-en-elecciones-europeasA todos os partidos preocúpalles a incidencia que podan ter os medios sobre o proceso electoral, alentando o ascenso duns e dando folgos ao devecer doutros. Mais, sendo evidente que os medios teñen ás veces un peso excesivo na formación da conciencia política e do estado de ánimo da poboación, tamén é certo que se debe en boa medida a que os partidos abandonaron as tarefas de formación da militancia, e de debate coa sociedade dos obxectivos e da folla de ruta que propoñen. Hai décadas que se impuxo o discurso ambiguo, as ideas simplistas e suplir con actos efectistas o traballo constante e metódico. E este xeito de axer, a esta altura, está asumido por todos os partidos tanto sexan de esquerda como de dereita, nacionalistas ou españolistas; iso si, en distinta medida.

Read the rest of this entry »

Seica carecer de experiencia é unha virtude

Abril 21st, 2015  |  Published in| the_category comunicación, neoliberalismo, política

pablo-iglesias-albert-rivera-horizontal-1Resulta evidente que a aparición de novas forzas políticas, mesmo que teñan moito de mediático, foi quen de remexer o panorama, e de conseguir unha viraxe a esquerda da tendencia eleitoral. Isto, e que unha boa parte dos votantes non se podan dar por definitivamente gañados, senón que mantelos dependa da iniciativa cotiá, son aspectos positivos, xa que dinamizan o debate no eido das ideas. Mais estas novas forzas, aínda que se gaben de estar á marxe da corrupción, dado que acaban de nacer, tamén trouxeron nas súas alforxas moitas das características das chamadas clases medias, do que antes se denominaba a pequena burguesía.

Read the rest of this entry »

Matar o mensaxeiro

Marzo 3rd, 2015  |  Published in| the_category comunicación, neoliberalismo, publico

congreso españaO debate do “estado da nación”, a española, non deu moito de si, cun Governo amurallado na mellora dalgúns datos macro-económicos e prometendo tres millóns de empregos máis se repite na próxima lexislatura (como xa fixo e non cumpriu na anterior campaña, garantindo 3,5 millóns). Na outra banda, a oposición criticando as eivas da xestión e, especialmente, a situación dramática na que se atopan millóns de familias, por mor dunhas políticas feitas á medida do capital, e unha corrupción que atinxe sectores moi amplos dos partidos sistémicos e do mundo empresarial.

Read the rest of this entry »

A disputa do nacionalismo tamén está na mobilización

Febreiro 7th, 2015  |  Published in| the_category comunicación, nacionalismo, política

2010 05 01 vigo manifestacion P1170646Todo indica que as eleccións gregas, co triunfo de Syriza, e o xurdimento de Podemos no Estado español déronlle a iniciativa á unha nova socialdemocracia. Con todo o que isto ten de positivo e de negativo, tanto para o sector dominante das clases hexemónicas como para as reclamacións das clases populares e das nacións asoballadas. Para o nacionalismo galego actual, con medio século de loita nas súas costas, como confrontar esta situación non é un tema menor, porque esta alternativa política converteuse nunha competencia nun segmento importante da base social histórica ou daquela que tería que gañar co alargamento da súa influencia no futuro. Ademais, coa mobilización do 31-X, Podemos deixou de ser só un discurso para tamén disputar o Governo na rúa, sumando alén de internet a unha boa parte da súa base na práctica á construción do que denominan o “cambio”.

Read the rest of this entry »

Anova e Podemos: democracia e abertura?

Outubro 25th, 2014  |  Published in| the_category comunicación, política, soberania

podemos11Os procesos de debate e electorais partidarios, e a práctica política, tanto de Anova como de Podemos, están a ser tremendamente clarificadores a respecto da dimensión real da calidade da participación dos afiliados/as e da democracia interna. Non é unha cuestión menor, xa que ambos os dous utilizan este tema como a primeira das bandeira de enganche. Consideran que isto é o que máis os distingue dos partidos existentes, mesmo daqueles que, como o BNG, son asemblearios dende a súa fundación, hai máis de tres décadas. Non vou analizar neste caso os obxectivos e a estratexia de ambas as forzas; téñoo feito en varios artigos anteriores. Quérome centrar nesta ocasión na democracia interna e na abertura cara a sociedade, xa que considero que reflicte o xeito de axer destas novas forzas de esquerda.

Read the rest of this entry »

As incertezas dos cambios electorais

Agosto 21st, 2014  |  Published in| the_category comunicación, neoliberalismo, política

imagesSempre fun partidario dun maior debate político, esencial para mudar estruturas anquilosadas que preservan intereses económicos, sociais e de poder, que hipotecan o futuro da maioría. Polo tanto considero positiva a viraxe á esquerda nas últimas eleccións europeas, mesmo que considere esencial para o pobo galego que o nacionalismo recupere o seu peso electoral e sexa quen de se converter en forza hexemónica.

Read the rest of this entry »

Retos para o nacionalismo (2): obxectivos e métodos de traballo

Xuño 19th, 2014  |  Published in| the_category comunicación, nacionalismo, política, soberania

As clases dominantes decidíronse a mover ficha aproveitando a cuestionábel“mellora” na situación económica e no emprego, e a proximidade das vacacións, que sempre son un momento desmobilizador. Fano premidos pola convocatoria do referendo de independencia en Cataluña, os adversos resultados das eleccións europeas e o desprestixio da monarquía. A cuestión é se, ademais do cambio de Rei, están dispostos a facer unha reforma da Constitución para conseguir un novo pacto de estado, do que sería un socio necesario a parte máis branda do bloque catalán, ou sexa de CIU, e as forzas da esquerda de obediencia estatal. A outra vía sería a represiva, tal como xa está a acontecer no eido laboral e social, con condenas cada vez máis duras, e unha actuación policial expeditiva contra as mobilizacións e os piquetes de folga. Aínda que tamén se podería dar unha mestura de ambas alternativas. A combinación do pau e da cenoria sempre lle deu tan bos resultados ao poder autoritario!!
Read the rest of this entry »

Sociedade, conciencia e liberación nacional

Xuño 12th, 2014  |  Published in| the_category comunicación, nacionalismo, política, soberania

Permítame o/a leitor/a que, antes de publicar a segunda parte propositiva do artigo publicado neste mesmo dixital o pasado 3 de xuñoi encol dos retos que implicaban os resultados das Eleccións Europeas, faga algunhas breves consideracións previas encol da caracterización da sociedade galega, as súas tendencias, e como se forma a conciencia. Coido que ambos os aspectos son fundamentais para sermos quen de marcar unha folla de ruta, etapas, e métodos de traballo correctos, que nos permitan avanzar, máxime tendo en conta a complexidade de toda “conxuntura histórica”.
Read the rest of this entry »

Retos para o nacionalismo despois do furacán eleitoral (1)

Xuño 5th, 2014  |  Published in| the_category comunicación, neoliberalismo, política, soberania

Malia que no fundamental tiña realizado este artigo ao día seguinte das eleccións europeas, preferín deixar pasar uns días para coñecer as reaccións das distintas formacións políticas, encetando polo nacionalismo galego, e tamén as dos grupos de poder, xa que coido que teñen un valor especial para poder albiscar os posíbeis escenarios futuros. Debo dicir que a primeira valoración do BNG pareceume en exceso triunfalista, aínda que as posteriores foron máis reflexivas, xa que é correcto considerar que os resultados non foron unha desfeita (como moitos esperaban), conseguiuse o obxectivo de ter presenza no Parlamento europeo, e son unha base para aumentar a presenza institucional. Ao meu entender o artigo de Xavier Campos foi dos máis atinados.
Read the rest of this entry »