Categoryamérica latina

A Arxentina nun intre decisivo

Algúns analistas arxentinos destacan que nese país estase abrindo unha conxuntura, ou sexa, un intre no que a correlación de forzas podería forzar un cambio de rumbo. Esta conclusión baséase na forte oposición ás políticas regresivas do governo de Mauricio Macri. Unha resposta social continua, que ademais segue en ascenso, especialmente por parte do movemento obreiro. Lembremos as principais mobilizacións de marzo: o día 6 concentracións de docentes, o 7 manifestación da CGT, o 8 grandiosas marchas polo Día Internacional da Muller, e o 30 manifestacións organizadas pola dúas CTA. Todas estas mobilizacións conseguiron un seguimento que había anos non se daba.

Continue reading

Fidel Castro: soberanía e socialismo

O pasado mes de novembro de 2016, morría aos 90 anos Fidel Castro, o líder da Revolución Cubana. Foi sen dúbida unha das figuras máis relevantes no ámbito político mundial desde que o Exército Rebelde entrou na Habana. Sería apoiado nesta conquista final pola folga xeral revolucionaria entre o 2 e 6 de xaneiro de 1959, conseguindo que o día 8 se implantase un Governo popular. A biografía de Fidel Castro Ruz está indisolubelmente ligada á defensa da independencia nacional de Cuba, secularmente ameazada polo imperialismo estadounidense, á loita contra a ditadura de Batista, e á construción dunha sociedade xusta e solidaria.

Continue reading

Macri en busca de Papá Noel

O presidente arxentino estivo de visita no Estado español durante tres días, acompañado dunha numerosa delegación de empresarios e cargos institucionais. A razón que deu é a procura de investimento empresarial para este extenso e rico país, onde a situación económica e social vai de mal en peor. Ceder á chantaxe dos fundos voitres non atraeu o investimento exterior masivo que prometeu durante a campaña electoral. Ademais, os nexos entre os negocios familiares e o presidente están a aumentar a erosión de Cambiemos, o seu partido. Tamén a detención inxustificada en Jujuy da líder social Milagro Sala.

Continue reading

Macri procura investimentos

O presidente da Arxentina vén de realizar unha visita de tres días ao Estado español. A súa intención era atraer os investimentos empresariais, xa que estes non chegan no volume que el prometera cando cedeu diante dos requirimentos dos fundos voitres. Pra levar adiante este obxectivo, fíxose acompañar de máis de douscentos empresarios, cargos institucionais, e representantes de partidos políticos que o apoian, así como de dous dirixentes sindicais de dereita, Dante Camaño e Gerónimo Venegas. Neste último caso, semella que quería escenificar que contaba co respaldo de todas as clases sociais. Unha ilusión óptica, moi afastada da realidade.

Continue reading

Arxentina, axustes que afogan

2016-04-28-protesta-estudantes-arxentina-bos-aires-p1010814Hai pouco menos dun ano, Macri gañou as eleccións na Arxentina montado sobre os argumentos da mala situación da economía, do aumento do desemprego e da inseguridade cidadá; eivas das que culpaba a Cristina Fernández. Afirmaba que eran consecuencia do aumento do gasto público, fronte á austeridade que el predica e practicaba na Capital Federal, así como do afastamento na política exterior das potencias hexemónicas (con Estados Unidos á cabeza) e da confrontación cos fundos de investimento internacionais (fundos voitres). A súa visión da realidade resumiuse na súa frase “vólvemos ao Mundo”, no Foro de Davos. Prometeu na campaña un cambio inmediato nas tendencias regresivas. Mais chegado á presidencia, por se acaso, adiou a recuperación ao segundo semestre deste ano.

Continue reading

Atrancos para a paz en Colombia

colombia-farcO resultado adverso do referendo en Colombia é un novo atranco para a paz, e fortalece a dereita ligada aos paramilitares, representada polo ex-presidente Álvaro Uribe. O rexeitamento de gandeiros e sectores relixiosos complica aínda máis o panorama. Porén, estes non son o único muro para silenciar as armas definitivamente, xa que o acordo non abrangue a toda a oposición armada. O ELN sendo menor que as FARC, ten peso en zonas do país, e ademais unha pequena fracción das FARC non acepta o pacto.

Continue reading

Bolivia: reaxuste das alianzas?

bolivia-mineirosO conflito entre “cooperativistas” da minaría e o Governo boliviano, que comezou o pasado 10 de agosto, cando o Congreso aprobou a reforma da Lei de Cooperativas, e rematou (polo momento) traxicamente o 26 do mesmo mes, abre unha fenda entre o MAS e un dos sectores económico-sociais que foi aliado esencial no proceso de cambio político. O saldo da confrontación é o cruel asasinato do vice-ministro do interior Rodolfo Illanes, a orde da captura e o ingreso en prisión de varios dirixentes da Federación Nacional de Cooperativas Mineiras (Fencomin), acusados de executar ou colaborar co asasinato de Illanes.

Continue reading