AuthorManuel Mera

Que é, e para que serve a unidade de clase?

Todas as enquisas reflicten que a maior inquedanza da xente está relacionada co traballo, ben sexa en referencia ás condicións laborais como ao desemprego. É lóxico, porque o traballo segue sendo un aspecto central na vida das persoas, malia os avances tecnolóxicos e o mundo virtual. E sendo certo que hoxe, con menos man de obra e horas traballadas, conséguese máis produción de bens que antes da crise, tamén é verdade que apareceron ou se ampliaron actividades que absorben moito emprego. Esta dualidade non se resolveu en favor da clase traballadora. Polo que, dunha banda mantense moi alta a reserva de man de obra (desemprego, inmigración), e pola outra, a maioría das persoas asalariadas realizan horas extras a esgalla polas que non se cotiza e moitas delas tampouco se pagan. Forma parte dunha economía en precario, e en boa medida en negro, que está en ascenso, que conta coa complicidade dun Governo que está ao servizo exclusivo das clases dominantes.

Continue reading

Xohán Vicente Viqueira

Nunca entendín moi ben porque hai historiadores/as que reducen a tan poucas figuras aqueles/as que dende o nacionalismo loitaron a prol do país. Tampouco se comprende que se dea tan pouca relevancia á revolución de 1846. E sobre todo, aos motíns, folgas e protestas das clases populares, fosen estas das xentes do agro, do mar ou da fábrica, ou de todas elas asociadas en obxectivos comúns. O galeguismo sempre foi unha construción colectiva, como todos os procesos político-sociais que teñen por obxectivo a defensa dos intereses das clases populares.

Continue reading

O bingo das criptomoedas

Hai medio mes, vendíase un ático en Tarragona por 40 bitcoins. O propietario puxo como condición que a transacción se fixese nesta criptomoeda. O valor era naquel intre equivalente a 550.000 euros. O bitcoin tiña multiplicado o seu valor en poucos meses, e comezou a cotizar no mercado de futuros da Bolsa de Chicago. Pasou pouco tempo, e cando algúns xa daban estas criptodivisas como un substituto das moedas oficiais con respaldo dos estados, o bitcoin encetou un acelerado descenso. Hoxe o valor daqueles 40 bitcoins sería 248.000 euros. O propietario perdeu máis da metade do que gañara. Isto é demostrativo do carácter especulativo das criptomoedas, de que se trata dun xogo de ruleta. Dependen da vontade dos grandes investidores/as e daqueles/as que teñen unha maior cantidade de bitcoins (dos que existe un número limitado). Asemade, as persoas e entidades creadoras destas moedas dixitais permanecen no anonimato.

Continue reading

Horas extras e ignorancia interesada

Os medios de comunicación destacaban hai uns días, que os dirixentes dos dous principais sindicatos estatais afirmaban en senllos comunicados, que o número de horas extras realizadas en negro impedía crear miles de postos de traballo. Para facer esta valoración, tanto CC.OO. como UGT utilizaban unha Enquisa da Povoación Activa (EPA), segundo a cal dos 5.800.000 horas extras que se realizaban á semana en todo o Estado español, a metade non se pagaban (para 16 millóns de asalariados/as). A denuncia que realizan estas centrais ten toda a xustificación do mundo, é correcta. Agora ben, hai dous aspectos que restan valor a estas valoracións, e que reflicten que moitos/as dirixentes sindicais (e políticos) están nas verzas, ou prefiren estalo antes de confrontar cunha realidade, que lles esixiría medidas máis contundentes como resposta.

Continue reading

Portugal, olladas contraditorias

Portugal produce na patronal e nos partidos sistémicos galegos, sexan da dereita ou socialdemócratas, unha actitude contraditoria. No económico, as relacións foron a máis nas últimas décadas. Tanto, que son os terceiros socios comerciais despois do resto do Estado español e Francia. Mesmo son un exemplo para os que buscan baixar salarios. No ámbito cultural e político, as relacións son mínimas, e por suposto moi inferiores ás que houbo durante décadas, especialmente durante o século XIX e principios do XX. Lembremos os Congresos Obreiros Galaico-Portugueses (1902-1903-1904), ou a presenza na Academia Galega de Teófilo Braga, que sería o primeiro presidente de Portugal despois da Revolución Republicana de 1910.

Continue reading

A sanidade é un servizo esencial

Todo indica que o aumento do PIB, que xa supera as cifras de antes da crise, non repercutirá positivamente nas clases populares, e moi especialmente na clase traballadora. O desemprego, aínda que baixou nos últimos anos, mantense en porcentaxes superiores ás de 2009. Os salarios baixaron en termos reais. Aumentou a eventualidade e o emprego a tempo parcial. As pensións tamén perderon poder adquisitivo, e a fiscalidade reduciuse pra as grandes fortunas e as empresas, dando folgos á desigualdade. E, por se non abondase, un servizo tan esencial como é a sanidade, foi dando pasos atrás, tanto no copago de medicamentos, como na redución de medios nos hospitais e centros de atención primaria.

Continue reading

Unha nova folla de ruta en Cataluña?

Non hai información certa sobre cal vai ser a postura definitiva dos partidos independentistas en Cataluña en relación coa elección da presidencia da Generalitat e do novo governo. Mais non semella que se repita o proceso anterior. Se fose así, permitiríalle ao Estado español manter a intervención da autonomía, co risco de reforzar as forzas centralistas, especialmente Ciudadanos, na próxima convocatoria electoral, que neste caso podería ser inmediata.

Continue reading