Resistencia activa

Maio 10th, 2012  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo

O Partido Popular reforma a lexislación laboral para premer á baixa os salarios e reducir dereitos.   Unha semana despois aumenta os impostos e o custe dos servizos básicos (como teléfono, luz, etc). Na seguinte, as pensións perden poder adquisitivo, hai que pagar máis polas medicinas, as taxas universitarias e redúcense os servizos públicos esenciais, como sanidade e ensino. Un mes despois, quérense baleirar de contido ás autonomías e eliminar concellos. E así, segundo Rajoy, será todos os venres, mentres goberne ou lle deixen facer. Coa única meta de que os grandes capitais manteñan e aumenten os beneficios, paguen as débedas coa banca europea e sigan premiando aos seus executivos con salarios fabulosos.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Viraxe á esquerda

Maio 8th, 2012  |  Published in| the_category europa, Internacional, neoliberalismo

Os resultados das recentes eleccións en Francia, Grecia, Alemaña, e o Reino Unido, viran á esquerda a correlación de forzas políticas na Unión Europea e, con seguridade, cuestionarán as duras medidas de equilibrio orzamentario, que afogan os dereitos e condicións de vida das clases populares, moi especialmente nos países do sur. O recuar da dereita, sobre todo en Francia e Grecia, debería facilitar a expansión do crédito, outorgando medios para que o sector público actúe como contrapeso ao retroceso da actividade privada, permitindo unha recuperación económica e a xeración de emprego (hoxe hipotecadas ao pago da débeda financeira). Este foi o guión que predicou Hollande en Francia, así como o centro do discurso de Syriza en Grecia. Agora ben, terán que vencer resistencias importantes e ademais, sexamos claros, este tipo de reformas teñen límites próximos, xa que non atacan a fondo as eivas e atrancos que impiden un desenvolvemento sustentábel e xusto na Unión Europea.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cando Exipto apostaba polo socialismo

Maio 8th, 2012  |  Published in| the_category Historia, Internacional

O consagrado xornalista irlandés, que vive no Líbano dende hai anos, Robert Fisk, coida que existe un avance real das posturas máis reaccionarias no mundo árabe, por mor da inxerencia das monarquías do Golfo en alianza coas potencias occidentais. Este semella ser o caso de Exipto,   que se debate hoxe entre a hexemonía dos Irmáns Musulmáns e salafistas ou representantes do réxime ditatorial de Mubarak, cando a revolución encetou nas fábricas do delta e nos grupos de esquerda. Aínda que a mobilización dos sectores máis progresistas se mantén, e a conflitividade laboral non devece, todo indica que a correlación de forzas non é positiva pra os que pelexan por unha democracia real.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Enquisas na estratexia electoral

Maio 3rd, 2012  |  Published in| the_category política

Chegaron as enquisas e todos os partidos póñense nerviosos. Non é para menos, está en xogo que siga ou non no Goberno central e na Xunta o Partido Popular. Algo que é preocupante, máxime cando este aplica medidas que, para manter e aumentar os beneficios das grandes fortunas, evitando que paguen o exceso de luxos e o xogo de casino, está desmantelando tanto os dereitos sociais e laborais máis básicos como boa parte da actividade produtiva.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Urxe unha banca pública

Maio 3rd, 2012  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo

O FMI alertou sobre a agochada morosidade da banca española, e os riscos aos que está exposta. Algo que podería afirmar da maioría da banca mundial, por mor da especulación bolsística e do xogo de casino dos derivados financeiros. A situación é tan grave que non é alarmista dicir que a especulación financeira estase comendo a economía real e o emprego en moitos países. No caso concreto do Estado español, ao anterior sumouse a burbulla inmobiliaria e o investimento no exterior (especialmente na América Latina) tanto de fundos propios como de recursos da banca de Alemaña e Francia, cuns xuros moi baixos desde a entrada do euro.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non hai volta ao pasado

Maio 2nd, 2012  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo

Segundo as últimas estatísticas, en 83.000 familias ningún membro traballa e en 25.000 todos carecen de ingresos. Unha cifra altísima que amosa a gravidade do reaxuste que se está a impor desde as clases dominantes, sen ningunha consideración humanitaria ou de sustentabilidade económica. Só prima a cobiza dos poderosos ou daqueles que arelan selo. Non se poden botar balóns fora desde o Goberno central, como se carecese de capacidade para evitar esta desfeita, cando ten todos os mecanismos políticos na man para mudar o rumbo. É verdade que se tería que enfrontar ás clases dominantes da Unión Europea e do Estado español, porén sería para favorecer ás maiorías sociais e abrir expectativas de futuro. Fai falla vontade política, coherencia, e converter as boas palabras en feitos que se correspondan con elas.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pra non voltar ao pasado

Abril 30th, 2012  |  Published in| the_category mov.obreiro, neoliberalismo

Este Primeiro de Maio millóns de traballadores e traballadoras en todo o mundo vanse manifestar pedindo mellores condicións laborais. Na Galiza, e no conxunto da Unión Europea, farano nunha actitude de resistencia, esixindo que se revertan as múltiples medidas que rebaixan salarios e prestacións sociais, e eliminan dereitos laborais e sindicais. Ademais, hoxe, en moitas pequenas empresas non se cumpren os convenios colectivos, fanse máis horas das pactadas, diante da pasividade de institucións e inspectores que terían que velar polo cumprimento de leis e pactos,  cada vez máis favorecedores do capital fronte ao traballo.

Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

A man na gorxa da RAG

Abril 26th, 2012  |  Published in| the_category cultura/lingua, país

Que nos orzamentos do Estado se rebaixe nun 62% a subvención á Real Academia Galega (RAG) semella unha actitude represiva, dado o simbolismo que ten o organismo e que se trata dunha contía que non ten ningún peso no déficit fiscal. Polo tanto, foi unha decisión política, que reflicte máis unha vez que á dereita resúltalle difícil convivir coa sempre latexante pluralidade nacional, e que está disposta a baleirar totalmente de contido o xa fraco Estado das Autonomías. Trátase, e cómpre denuncialo, dunha afrenta a todos os galegos e galegas, da demostración papábel de que hai un trato discriminatorio co noso país.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

YPF, Rajoy saca peito

Abril 24th, 2012  |  Published in| the_category américa latina, Internacional

O Governo central, tan dócil fronte a Bruxelas, de súpeto saca peito e bota lóstregos e raios contra a nacionalización de YPF pola Arxentina. Calquera diría que esta medida ten máis graves consecuencias prao o povo que a forzada redución do déficit público, a rebaixa dos salarios e das prestacións sociais. En realidade afecta especialmente aos lucros das grandes fortunas e aos ingresos dos altos directivos da empresa e algúns bancos e construtoras que teñen investimentos nela, así como aos especuladores da Bolsa. O xeito de facer do PP e do PSOE é moi distinto se están no governo ou na oposición, porén neste caso vese claramente que tamén hai unha vara de medir diferente pra os grandes grupos económicos ou pras clases populares.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arxentina ¿inimigos ou exemplo?

Abril 19th, 2012  |  Published in| the_category américa latina, Internacional, neoliberalismo

O Goberno español considera unha declaración de guerra que o Goberno Arxentino nacionalice o 50,01% de YPF (filial de REPSOL). Esquece que a compañía petrolífera foi privatizada en época de Menem cunha enorme oposición social, e que hai anos que aquel país denuncia que REPSOL non está realizando os investimentos necesarios, preocupada en exclusiva por obter grandes beneficios. En todo caso a Arxentina quere recuperar un sector estratéxico, que sabe é fundamental para poder incidir no desenvolvemento económico. É unha opción lexitima, que demostra a importancia que neste intre seguen tendo as decisións políticas e o sector público, aínda que os neoliberais sempre ao servizo do gran capital teimosamente o neguen.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

A crise é sistémica, tamén deben selo as respostas

Abril 17th, 2012  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo

Se cadra o presidente da Xunta de Galiza atopou o remedio máxico contra o desemprego, porque suxerir que cun plan de 30 millóns de euros vai dar un posto de traballo a 44.000 parados realmente é un milagre. Este éxito conseguiríase cunha axuda pública de só ¡680 euros por persoa!, o que demostraría que rematar co desemprego (274.600 persoas) é máis doado do que parece. Non compren polo tanto reformas estruturais, nen rexeitar tanta colonización como atura Galiza. Claro que, se do que se trata é dunha campaña de orientación e propaganda, entón falamos doutra cousa e o milagre queda reducido a boas palabras e consellos; e pode que a pouco máis dun milleiro de contratos temporais por empresas ou concellos (cando só no sector naval perdéronse máis de dez mil).
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Amnistiar aos defraudadores, premer á maioría social

Abril 12th, 2012  |  Published in| the_category economía, neoliberalismo

Aumenta a luz e o gas, baixan os salarios e as pensións, liquídanse dereitos laborais e sindicais, redúcense as prestacións públicas, e preparase a opinión da xente para o copago da sanidade.  Utilizase o argumento de que son medidas necesarias para saír da recesión e xerar emprego,  aínda que ninguén di cando, como de que que tipo. Ao mesmo tempo, hai grandes empresas e altos salarios que crecen como nunca, para eles non existe crise, senón un trato especial. A  demostración de que existe unha vara distinta de medir, que beneficia aos máis poderosos, son ás últimas medidas tomadas polo Goberno de Rajoy. O aumento de impostos aos empresarios, non é tal, en realidade, elimínanse algunhas das múltiples deducións ao imposto de sociedades (o mesmo Goberno central recoñece que eran desorbitadas). E, como compensación, declara unha ampla amnistía fiscal para os defraudadores.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

O New Deal salvou o capitalismo

Abril 10th, 2012  |  Published in| the_category Historia, Internacional

A crise de 1929 tivo consecuencias destrutivas pra os Estados Unidos, que daquela xa era a primeira economía do mundo. O PIB pasou de 104.400 millóns de dólares en 1929 a 58.500 millóns no ano 1932. No mesmo período o desemprego subiu de 1.550.000 persoas a 12.060.000, cando a povoación era de 123 millóns de persoas en 1930. Pola súa banda a entrada de inmigrantes baixou de 280.000 a 40.000, sendo expulsas do país este último ano (1932) 50.000 persoas, por mor de leis que restrinxían os dereitos civís, entre as que destacaba a “Comisión pra investigación do comunismo” creada por iniciativa do Presidente (republicano) Hoover no ano 1930.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

A maior manifestación do campesiñado galego

Abril 7th, 2012  |  Published in| the_category Historia, soberania

Hai vinte cinco anos que se realizou na Coruña, o 28 de febreiro de 1987, a que foi a manifestación máis grande do sector agrario galego, cando menos numericamente falando, xa que unhas 100.000 persoas percorreron as rúas da cidade. Evidentemente non eran só labregos, xa que había persoas que se dedicaban a outras actividades se solidarizaron, porén, como destaca o semanario A Nosa Terra, neste caso tiña o valor engadido de reunir xente que se desprazou desde aldeas e lugares moi afastados.
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter

A loita continua

Abril 5th, 2012  |  Published in| the_category mov.obreiro, neoliberalismo

A folga xeral foi un éxito. Tamén compre destacar que foron o noso país e Euscadi as nacións do Estado onde o paro acadou maior amplitude, así como unha participación masiva nas manifestacións. Ademais esta protesta deixou varias ensinanzas das que todos debemos tomar nota. Que existise máis dunha convocatoria de manifestacións non restou participación, mesmo puido aumentala. O sindicalismo nacionalista amosou músculo e ter unha enorme capacidade de convocatoria, malia certas manipulacións nos datos (como en Vigo) o certo é que superou ou cando menos igualou en participación ao sindicalismo de ámbito estatal (por máis que o poder e os seus medios prefiran ao sindicalismo pactista).
Read the rest of this entry »

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp